Historia Antiga de Mesopotamia, Exipto e Grecia: Orixe, Sociedade e Cultura

Griego6,83 KB

A Orixe da Historia en Mesopotamia

A escritura apareceu hai máis de 5000 anos en Mesopotamia; nese momento iníciase propiamente a historia. Esta civilización contaba con tres características fundamentais:

  • Poder político forte: Concentrábase nun rei que ditaba as leis, mandaba sobre o exercito e adoitaba cumprir funcións relixiosas.
  • Sociedad moi xerarquizada: A poboación estaba dividida en dous grandes grupos: unha minoría de privilegiados e unha maioría sometida.
  • Grandes obras públicas: Os reis potenciaron a construción de canles de rego e edificaron grandes palacios, templos e tumbas.

O Medio e a Sociedade

Mesopotamia significa «terra entre ríos», situada concretamente entre os ríos Tigris e Éufrates. Era unha zona árida, mais grazas á construción de canles desenvolveuse con éxito a agricultura. Dividíase en dúas rexións: a Alta Mesopotamia e a Baixa Mesopotamia.

Respecto á poboación e ao traballo, a estrutura social organizábase do seguinte xeito:

  • A aristocracia: Formada polo rei, a súa familia e a nobreza.
  • Os sacerdotes: Encargábanse dos rituales relixiosos e vivían nos templos.
  • Os funcionarios: Encargados de ler, escribir e contar.
  • Os campesiños: Cultivaban cebada, trigo, feixóns, garbanzos e cogombros.
  • Os artesáns: Traballaban nos obradoiros.
  • As mulleres: Considerábanse propiedade dos homes.

Relixión, Arquitectura e Arte

Eles eran politeístas; Enlil era o deus dos ventos e Ishtar a deusa da guerra.

Na arquitectura construían con ladrillo e adobe, utilizando arcos e bóvedas, dous elementos construtivos que eles inventaron. O templo posuía todas as terras e os obradoiros da cidade, mentres que o palacio servíalle de residencia ao rei.

No eido da escultura, as estatuas adoitaban ser masculinas e representaban a reis, e os relevos realizábanse habitualmente sobre pedra.

A Terra do Faraón: O Antigo Exipto

En Exipto construíron canles e diques para conducir a auga ata as terras afastadas cando o Nilo experimentaba unha espectacular subida do caudal.

A historia exipcia destaca pola súa longa duración, abangando uns 3000 anos, estruturada en grandes etapas: Imperio Antigo, crise, Imperio Medio, crise e Imperio Novo.

Os faraóns concentraban nas súas mans todos os poderes: ditaban leis, gobernaban o país e posuían gran parte das terras. Formaron auténticas dinastías nas que o fillo sucedía ao rei tralo seu pasamento. Ademais, os exipcios crián que os faraóns eran deuses e que tiñan poderes máxicos.

A Sociedade Exipcia

  • Os nobres: Membros da familia do faraón.
  • Os sacerdotes: Controlaban os ritos relixiosos.
  • Os escribas: Redactaban documentos oficiais e levaban as contas dos impostos reais e mercancías.
  • O resto da poboación: Os artesáns realizaban esculturas e cerámicas; os comerciantes compraban madeira, minerais e perfumes; os serventes eran persoas libres que realizaban distintas tarefas a cambio dun salario; e os escravos eran maioritariamente prisioneiros de guerra.

As mulleres exipcias gozaban dalgúns dereitos e liberdade.

Relixión e Arte Exipcia

Eran politeístas. Os templos eran alintelados, é dicir, tiñan teitos planos sustentados por enormes columnas. A maioría dos templos contaban cunha longa avenida que conducía a unha porta monumental decorada con esfinxes. Accedíase ao templo a través dun groso muro chamado torre ou pilón; a continuación pasábase a un patio rodeado de columnas, despois á sala hipóstila e, finalmente, ao santuario.

Para a vida despois da morte construíron:

  • Hipoxeos: Tumbas subterráneas escavadas nunha montaña.
  • Mastabas: No seu interior había unha cámara funeraria onde repousaba o difunto.
  • Pirámides: Utilizadas para enterrar aos faraóns durante o seu imperio, contando con trampas e pasadizos para evitar os roubos dos ladróns.

A arte exipcia caracterizábase pola falta de perspectiva (representación sen sentido de profundidade), a frontalidade (mostrábanse sempre de fronte), a idealización (preferencia por representar as persoas con aspecto de xuventude e beleza) e a rixidez (figuras estáticas onde o movemento apenas existía).

A Antiga Grecia

A historia da antiga Grecia divídese en tres grandes períodos: a época arcaica, a época clásica e a época helenística (incluíndo tamén a civilización minoica, a civilización micénica e a época escura).

A Época Arcaica e a Expansión Grega

As polis eran cidades que tiñan un goberno propio, unha forma de vida e unhas leis propias. Os ricos denomináronse a si mesmos aristoi, que significa «os mellores».

Entre os séculos VIII e VI a.C. produciuse unha época de crise: a poboación creceu moito, pero a terra era pouco fértil e non producía alimentos para todos, polo que moitos abandonaron o seu país:

  • Cara ao oeste, asentáronse nas illas e costas do mar Xónico.
  • Cara ao leste, fundaron colonias no mar Negro, creando asentamentos próximos á costa que dispoñían de auga e terreos fértiles.

O Goberno nas Polis: Atenas e Esparta

A polis de Atenas

  • A Asemblea (Ekklesia): Formada polos cidadáns atenienses maiores de 20 anos.
  • Os maxistrados: Funcionarios encargados de poñer en práctica as decisións da asemblea.
  • Os tribunais de xustiza: Elixidos entre 6000 cidadáns.

A polis de Esparta

  • Dous reis pertencentes a dúas familias distintas, con poder militar e relixioso.
  • O consello de anciáns ou xerusia, formado polos maiores das familias máis poderosas.
  • Cinco maxistrados con plenos poderes.

Guerras Médicas e Alexandre Magno

As Guerras Médicas enfrontaron a gregos e persas. Na primeira, os soldados gregos (hoplitstas) venceron na batalla de Maratón; a segunda iniciouse cando Persia invadiu Atenas, aínda que finalmente foi derrotada.

Máis adiante, Alexandre Magno fundou numerosas cidades. Desta forma estendeuse a cultura grega por occidente, e a súa fusión coa oriental coñecéuse co nome de helenismo.

Descargar

PDF Word HTML