A Guerra Fría (1945-1991): Causas, Características e Consecuencias
Introdución
Coñécese como Guerra Fría o período da política internacional comprendido entre 1945 e 1991, que estivo dominado por unha relación hostil e de desconfianza mutua entre os bloques de países liderados respectivamente polos Estados Unidos de América (EUA) e pola Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). Denominouse Guerra Fría porque durante o citado período, estas dúas potencias nunca chegaron a unha verdadeira guerra entre elas, aínda que estiveron a punto de facelo varias veces. O conflito entre as superpotencias expresábase doutro xeito (a propaganda, a espionaxe, o boicot económico e político, o apoio á guerrilla ou a guerras localizadas en terceiros países, etc.).
A pretensión das grandes superpotencias foi que todos os países do mundo se aliñasen nun dos dous bloques (ninguén podía ser neutral), e se ben non o conseguiron ao principio, durante os anos 40, a medida que avanzaron os 50 e os 60, cada vez menos países aceptaron entrar no xogo dos dous grandes.
Causas
Existen dous modelos económico-políticos para organizar o Estado, aparentemente incompatibles e irreconciliables. Un deles, encarnado por EUA, é a democracia e o capitalismo; o outro, personificado na URSS, é o comunismo e o sistema de economía planificada polo Estado. Cada superpotencia consideraba o outro modelo como unha ameaza para si mesma.
As dúas grandes superpotencias ambicionaban o poder e a hexemonía mundial. A ambición e o expansionismo de Stalin estaban fóra de toda dúbida, como expresou este mesmo en varias ocasións; non obstante, o desexo de poder mundial de EUA non era menor, a pesar de aparecer ante a propaganda internacional como o defensor da liberdade e da democracia dos pobos.
Desconfianza e medo cara ao bloque contrario
Existe desconfianza e medo cara ao bloque contrario, o que accentuaba as medidas de "defensa", que á súa vez facían desconfiar ao contrario. Tras a Segunda Guerra Mundial desaparecen outras potencias que puidesen equilibrar a EUA e a URSS: Europa e Xapón quedaran arruinados e anulados.
Ruptura sistemática por parte das superpotencias dos tratados
As superpotencias romperon sistematicamente os tratados e normas internacionais asinados por elas mesmas.
Inoperancia da ONU
A ONU (organización moito máis efectiva que a Sociedade de Nacións) foi inoperante, debido sobre todo ao dereito de veto sobre as decisións do Consello de Seguridade do que gozaban EUA, Reino Unido, Francia, a URSS e China.
Características
As superpotencias nunca se enfrontaron nunha guerra directa unha contra a outra
Unha das razóns deste feito foi a "disuasión nuclear". As dúas tiñan un enorme arsenal de armas nucleares e sabían que, se entraban nunha guerra destas características, destruirían a Terra.
A carreira de armamentos foi moi intensa
A carreira de armamentos foi moi intensa, tanto no que se refire ao armamento nuclear como ao convencional. Esta carreira de armamentos era, en boa medida, irracional, pois suporía un enorme custo económico.