Glosario de termos de arte e arquitectura: arcobotante, clarooscuro e perspectiva
Glosario de termos de arte e arquitectura
Arcobotante: arco rampante que descarga sobre un contraforte exterior ao edificio o empuxe das bóvedas. Característico da arquitectura gótica.
Claroscuro: técnica pictórica que consiste en diferenciar as zonas de luz e sombra. Pode ser moi contrastada (Barroco) ou moi suave (Renacemento). O seu obxectivo é producir sensación de profundidade.
Esfumado: técnica pictórica creada por Leonardo da Vinci que consiste en envolver todo nunha especie de néboa que difumina os contornos.
Perspectiva aérea: creada por Leonardo. Entre os obxectos e o observador existe unha masa de aire; a medida que os obxectos se afastan do espectador son menos definidos, o mesmo que sucede coas cores.
Perspectiva lineal: creada por Brunelleschi, consiste en utilizar liñas converxentes cara ao fondo (liñas de fuga), onde se sitúan as figuras e os obxectos que, a medida que se afastan do espectador, son máis pequenos. As liñas de fuga converxen nun punto chamado punto de fuga.
Pictórico: pertencente á pintura.
Plan central: planta que centraliza unha construción e a fai máis racional e abarcable.
Triforio: arco situado encima das naves laterais ou da tribuna, detrás do cal hai un corredor moi estreito.
Veladura: capa moi delgada de pintura transparente que se aplica sobre unha cor; a cor que se ve é o resultado da cor inferior e da veladura, o que confire á obra un brillo exquisito. O seu invento foi atribuído a Van Eyck.
Termos de arquitectura e escultura
Arquivolta: cada un dos arcos concéntricos que forman a portada dun edificio. A arquivolta máis afundida deixa no seu centro un espazo chamado tímpano.
Arco apuntado: consta de dúas porcións curvas que forman un ángulo na clave.
Cornixa: na arquitectura clásica, parte superior do entaboamento; é unha peza horizontal que sobresae por debaixo do tellado. Tamén se utiliza para separar os pisos dunha construción.
Entaboamento: elemento arquitectónico situado enriba das columnas nas ordes arquitectónicas. Constitúeno un arquitrabe, un friso e unha cornixa.