Natureza Morta con Tarteira de Cézanne: análise da obra e do seu estilo
Resumen
Este documento analiza a Natureza Morta con Tarteira de Paul Cézanne (1879-1882), unha obra postimpresionista da Colección Lecomte. Explica o contexto da disolución do grupo impresionista e a mestura de estilos do pintor, como a xeometrización das formas e a perspectiva múltiple. Permite entender por que Cézanne é considerado precursor do Cubismo.
Puntos clave
- Obra de Paul Cézanne (1879-1882), de estilo postimpresionista, conservada na Colección Lecomte de París.
- Cézanne simplifica as formas xeometricamente (cilindro, esfera, cono) e recupera o debuxo e o volume.
- Combina varios puntos de vista na mesma escena e crea unha 'perspectiva ao revés', na que os obxectos parecen saír cara ao espectador.
- As súas pinceladas longas e visibles e as cores potentes dan solidez e expresividade ás formas.
- Os seus temas preferidos son os bodegóns, as paisaxes de Aix-en-Provence e a montaña de Sainte-Victoire.
- Pola súa xeometrización e a nova perspectiva, é considerado precursor do Cubismo.
Natureza Morta con Tarteira (Cézanne)
1879-1882. Paul Cézanne. Estilo: pintura postimpresionista
Localización: Colección Lecomte (París, Francia).
Cara a 1882 comezou a disolución do grupo impresionista polas diverxencias de intereses e de estilo, celebrándose a última exposición en común en 1886. Artistas como Cézanne, Van Gogh, Gauguin ou Tolouse-Lautrec, influídos polo Impresionismo, abrirían novos camiños á pintura, recuperando a importancia do debuxo, o volume e o sentido espacial, así como a expresividade dos obxectos e persoas que se abandonara durante o Impresionismo.
Paul Cézanne (1839-1906) é o primeiro gran pintor do século XX. Foi amigo, entre outros, do escritor realista Emile Zola, e un artista solitario e sen discípulos que sentou as bases da arte da vangarda do noso século, plantexando problemas esenciais, como o da composición e descomposición das formas.
Paul Cézanne era moi lento no seu traballo, construíndo a súa composición minuciosa e equilibradamente. Era moi minucioso, investigando constantemente sobre a forma e o equilibrio da composición. Aínda que formado no Impresionismo, pronto anunciaría futuros estilos como o expresionismo ou o cubismo.
Cézanne empregou unha liña de traballo baseada na simplificación das formas tendente á xeometrización (obxectos tratados co cilindro, a esfera ou o cono), a recuperación do debuxo, o reducionismo cromático, as grandes pinceladas que facetan as superficies do cadro, e a multiplicación de puntos de vista, en todo o cal residen as grandes aportacións deste artista á pintura.
A súa pintura tratou poucos temas traballados en series cunha minuciosidade extraordinaria, temas obsesivos que nos falan dun pintor que quería reflectir verdadeiramente a realidade, pero nunca estaba satisfeito, xamais se sentiu preparado nesa búsqueda.
Por outra banda, asumidas as teorías da cor, Cézanne creou o seu propio estilo, con pinceladas longas e visibles, de liñas case paralelas que expresan a solidez das formas.
Os seus temas preferidos son os bodegóns, as paisaxes provenzais preto da súa cidade natal, Aix-en-Provence, as distintas versións da montaña de Sainte-Victoire, e, a partir de 1890, a figura humana, reflexada coa mínima expresividade xestual e aspecto inacabado, usando unha pintura moi diluída.
A pintura presente pertence a unha das series baseadas en naturezas mortas con froitas, moi abundantes na obra de Cézanne.
O bodegón era un tema clásico da pintura occidental dende o Barroco, pero aquí o tema natural está completamente abandonado e o pintor afirma a súa visión particular dos obxectos. Cézanne combina varios puntos de vista na mesma escena, logrando un espazo moi persoal e superando as leis tradicionais da perspectiva. Cézanne “reconstrúe a realidade”. Como en todas as súas naturezas mortas, destaca a análise volumétrica dos obxectos, destacando o traballo xeométrico dos mesmos. Cézanne constrúe as formas a partir de volumes puros e usando cores potentes.
Cézanne busca, como sempre, a visión o máis obxectiva da realidade.
Co seu estilo persoal, Cézanne crea “unha perspectiva ao revés”: a profundidade non vai cara ao fondo, senón que os obxectos do cadro parecen saír cara nós, atraíndo ao espectador cara aos volumes da composición.
A nosa ollada vese atraída polas froitas, que destacan sobre a tarteira e o mantel, dun potente branco, indo despois cara os outros obxectos (a copa de cristal, o coitelo, a servilleta....), e descendendo despois polos detalles da mesa e a decoración floral do fondo.
A cor é maravillosamente suave e rica. As cores empregadas fan diferente cada obxecto: o fruteiro, as mazás, a copa con auga..., propoñendo diferentes puntos de vista sobre eles.
Cézanne manexa nesta obra o paso da luz, que se reflexa nas sombras, diferentes en cada obxecto.
A xeometrización das formas e a nova forma de utilizar a perspectiva, fan que Cézanne sexa considerado un precursor do Cubismo.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Por que Cézanne é considerado precursor do Cubismo?
Pola xeometrización das formas e pola nova maneira de usar a perspectiva, que combina varios puntos de vista. Estes trazos anticipan as características do Cubismo.
Que é a 'perspectiva ao revés' de Cézanne?
É unha perspectiva na que a profundidade non vai cara ao fondo do cadro, senón que os obxectos parecen avanzar cara ao espectador, atraíndo a súa mirada cara aos volumes da composición.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.