Glosario de termos de arte e arquitectura en galego
Resumen
Este glosario recolle termos básicos de arte e arquitectura, como elementos de columnas e entablamentos, tipos de arcos, bóvedas e cúpulas, e técnicas e conceptos escultóricos como o altorrelevo, o baixorrelevo ou o contraposto. Serve para consultar o significado de cada termo de forma rápida ao estudar historia da arte ou arquitectura.
Puntos clave
- O altorrelevo é o relevo que sobresae máis da metade do vulto da escultura, mentres que o baixorrelevo sobresae menos da metade.
- O entablamento é un elemento de carga horizontal formado polo arquitrabe, o friso e a cornixa.
- A cúpula cobre espazos de planta circular, cadrada, poligonal ou elíptica e obténse rotando un arco 360 graos.
- A bóveda de arestas fórmase ao cruzarse perpendicularmente dúas bóvedas de canón, dando lugar a catro arestas angulares.
- O contraposto é a posición da figura humana na que a cabeza e o corpo se viran en direccións opostas para lograr equilibrio.
- O contraforte é un reforzo exterior que contrarresta os empuxes das bóvedas.
Glosario de Termos de Arte e Arquitectura
1. Altorrelevo: termo escultórico referido aos relevos que sobresaen máis da metade do vulto da escultura.
2. Arquitrabe: elemento horizontal na parte inferior do entaboamento dun edificio clásico que apoia directamente sobre o capitel, e no que se apoia o
3. Base: parte inferior dunha columna na que se apoia o fuste e que descansa sobre o piso (estilóbato).
4. Baixorrelevo: escultura na que as figuras representadas sobresaen do fondo menos da metade da súa profundidade.
5. Bóveda de canón: cuberta formada a partir da proxección dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal.
6. Canon: regras das proporcións segundo o tipo ideal. É o conxunto de características que en determinada sociedade ou momento se consideran fermosas ou atractivas, referidas a persoas ou obxectos.
7. Capitel composto: buscar no tema de Arte romana.
12. Clave: doela central dun arco; nas bóvedas tamén se lle chama clave.
Cor complementaria: páxina 33, tema 1.
13. Contraposto: en pintura e escultura, posición que adopta unha figura humana de xeito que as diferentes partes queden equilibradas: se a cabeza está virada nunha dirección, o corpo virase na oposta.
14. Cornixa: elemento arquitectónico do sistema arquitrabado. É a parte superior e máis saínte do entaboamento; pode compoñerse de varias molduras.
15. Cúpula: elemento arquitectónico que se utiliza para cubrir un espazo de planta circular, cadrada, poligonal ou elíptica. Obtense rotando 360° un arco (pode ser de medio punto, parabólico, oval...).
16. Curva praxiteliana: postura escollida polo escultor Praxíteles (s. IV a. C.) para dotar de vida as súas obras. O peso apóiase nunha perna, inclínase a cadeira dando lugar a desequilibrio, ondulación e ritmo flexible.
17. Doela: peza trapezoidal que forma a rosca dun arco.
18. Entaboamento: elemento de carga horizontal integrado polo arquitrabe, friso e cornixa.
19. Entase: termo grego que designa o lixeiro ensanchamento do fuste dunha columna, na busca da harmonía visual.
20. Escultura de vulto redondo: escultura exenta.
21. Escultura exenta: aquela que se pode contemplar dende calquera punto de vista; o espectador pode observala derredor porque non está apegada ao muro. Tamén se denomina escultura de vulto redondo.
22. Estatua ecuestre: a que representa unha figura humana dacabalo, como expresión de poder e dominio.
23. Friso: parte do entaboamento entre o arquitrabe e a cornixa (na orde dórica, consta de triglifos e métopas).
24. Iconografía: páxina 29 do tema 1.
25. Imposta: moldura dende a que arrinca un arco ou bóveda.
26. Métopa: elemento arquitectónico cadrado ou rectangular entre dous
27. Piar: soporte exento de sección poligonal ou cadrada.
28. Pilastra: piar embutido parcialmente nun muro.
29. Técnica dos panos mollados: técnica escultórica que consiste en 30. representar os volumes do corpo humano por medio das transparencias que xeran as roupas molladas apegadas á figura.
31. Tríglifo: decoración arquitectónica rectangular con tres bandas verticais separadas por dúas acanaladuras.
32. Ábsida: espazo xeralmente semicircular pero tamén poligonal ou rectangular que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na que se sitúa o altar. Oriéntase ao leste.
33. Aparello almofadado: aquel muro de cantería no que os perpiaños* presentan as xunturas biseladas ou refundidas de xeito que a súa parte frontal sobresae. *pedra rectangular
34. Arco de medio punto: o de curvatura semicircular, de frecha igual á curvatura superior á
Arco de ferradura: que ten unha semicircunferencia. Pode ter maior ou menor frecha.
Arco peraltado: o de medio punto con prolongación rectilínea no seu arrinque, de modo que supera a media circunferencia e a frecha é maior que o radio ou semiluz.
Arco formeiro: o disposto paralelamente ao eixo lonxitudinal da nave e que a separa da outra nave.
Arco de faixa (ou perpiaño): o que cingue a bóveda para reforzala e se dispón transversalmente ao eixo lonxitudinal da nave, dividíndoa en
39. Arco rebaixado: o de curvatura inferior á media circunferencia, de xeito que a frecha é superior á semiluz.
40. Arquivolta: cada unha das molduras ou roscas concéntricas dun arco. O conxunto de arquivoltas crea unha portada abucinada. Son propias do románico e o gótico; abunda a decoración.
41. Bóveda: toda bóveda é unha cuberta arqueada que cobre un espazo entre muros ou entre soportes.
- Bóveda de arestas: cuberta que se forma ao se cruzaren perpendicularmente dúas bóvedas de canón, resultando do cruce catro arestas angulares.
42. Ciborio: construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa, en forma de torre de planta cadrada ou octogonal, que encerra no seu interior unha cúpula e que pode ir rematado por un chapitel (bulboso, cónico, piramidal).
43. Contraforte: engadido exterior groso a modo de pilastra que serve para reforzar o muro e contrarrestar os empuxes das bóvedas.
44. Deambulatorio ou xirola: corredor que arrodea a traseira do altar maior. Adoita ser prolongación das naves laterais das igrexas de tres naves.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que é unha bóveda de arestas?
É unha cuberta que se forma ao cruzarse perpendicularmente dúas bóvedas de canón, resultando catro arestas angulares.
Que diferenza hai entre altorrelevo e baixorrelevo?
No altorrelevo as figuras sobresaen máis da metade do seu volume do fondo, mentres que no baixorrelevo sobresaen menos da metade da súa profundidade.
Para que serve un contraforte?
Serve para reforzar o muro e contrarrestar os empuxes das bóvedas, sendo un engadido exterior groso a modo de pilastra.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.