O galego a principios do segle XX: Irmandades da Fala, Grupo Nós i normativització

Otras lenguas extranjeras7,18 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

  • A creación das Irmandades da Fala (1916), que teñen como finalidade o emprego exclusivo do galego en todo tipo de actos e escritos. Tamén impulsar a narrativa e o teatro. Así mesmo, están moi ligadas ao nacionalismo.

  • O Grupo Nós, que estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será o responsable da revista Nós, escrita en galego.

  • No Seminario de Estudos Galegos investígase Galicia desde diferentes campos: histórico, político…


  • O Partido Galeguista, no que estarán nas súas mans durante a II República persoas como Castelao ou Bóveda, que redactará un Estatuto de Galicia, no que se inclúe (entre outras cousas) o ensino do galego e en galego. Isto apróbase en xuño do 36, pero non entra en vigor debido á guerra civil. Aínda así, Galicia será considerada nacionalidade ao instaurarse a democracia en 1978.

  • Editoriais Lar, Nós ou a publicación de diferentes estudos lingüísticos.

Actualmente, este período é coñecido como galego enxebrista ou diferencialista, porque os escritores o que queren é marcar a diferenza co castelán, elixindo o portugués como modelo.

Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma

O galego tardou en contar cunha variedade estándar: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario (normativización lingüística).

Catro etapas

a) Galego popularizante (fins do século XIX): utilizan o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos, descoñecendo a tradición medieval. Pondal, Rosalía, Curros…

b) Galego enxebrizante (1900-1936): os autores inclináronse por un modelo diferencialista, que marcase distancias co castelán. Abundan os hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.

c) Galego protoestándar (1936-1970): simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos) inspirada no castelán, e depúranse castelanismos e vulgarismos.

d) Galego estándar (hoxe): o mellor coñecemento lingüístico, grazas ás investigacións, axuda a atopar solucións ás desviacións das etapas anteriores. En 1982, a RAG (Real Academia Galega) e o ILG (Instituto da Lingua Galega) elaboraron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, reformadas en 2003, que son as normas oficiais.

O lusismo é a tendencia partidaria de que o galego retome as súas orixes unindo se ao portugués actual. Unha das figuras máis relevantes é Ricardo Carvalho Calero.

A interferencia é un proceso que pode provocar préstamos lingüísticos:

  • Fónicos: redución de 7 vogais a 5.
  • Morfolóxicos: cambio de xénero en substantivos; te/che en verbos compostos.
  • Sintácticos: mala colocación dos pronomes.
  • Léxicos: vulgarismos, hipergalegismos, arcaísmos.

Poesía das Irmandades

Xorden no século XX o agrarismo, o nacionalismo, a emigración e o movemento obreiro. O movemento agrario é, desde 1907, a gran revolución social do campesiñado da época, que loita polos seus dereitos contra as clases altas. Destaca a Liga Agraria de Acción Galega (1912), dirixida por Basilio Álvarez, moi perseguida, que se frea no ano 1915 e consegue a lei de redención dos foros, o crecemento da industrialización ou a expansión internacional da industria pesqueira.

En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo principal foi a defensa do galego para recuperar a cultura. En 1918 declaráronse nacionalistas, pero en 1922 divídense nunha liña política e outra cultural; desta última nacerá a revista Nós.

Antonio Noriega Varela, que está en contacto co agrarismo e publicou textos anticaciquís. A súa obra consta de Montañesas (1904-1910) e Do ermo (1930, 1929, 1946). Dúas etapas:

  • Poesía costumista: mantense na liña do ruralismo costumista característico do XIX, centrada na dura vida campesiña ou nas súas alegrías festeiras.
  • Poesía paisaxista: caracterizada pola ausencia de anécdota; nos poemas aparecen só o poeta e a natureza, sumido na súa contemplación. O trazo destacado é o delicado lirismo coa que se achega ás cousas humildes da paisaxe galega, cunha estilización e un esteticismo novidoso.

Ramón Cabanillas (1876-1959): o Poeta da Raza

Poeta máis destacado das Irmandades, recolle o intimismo de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros. Distínguense dúas modalidades:

  • Poesía lírica: reivindicación cívica, intimismo, costumismo e modernismo. Obras: No desterro (1913), Vento mareiro (1915). Ademais do intimismo de Rosalía, destacan poemas de carácter social que critican o caciquismo e a miseria do campesiñado.
  • Poesía mítico-saudosista, con obras como O Mariscal; orientación amorosa, A rosa de cen follas, poemario intimista.
  • Poesía narrativa: carácter narrativo, relatos épicos ou didácticos. O bendito San Amaro (1925), Samos (1958).

O Mariscal

En 1926 Ramón Cabanillas publicou O Mariscal, escrito por iniciativa de Vilar Ponte, drama histórico en verso que nos presenta o mariscal Pedro Pardo de Cela como abandeirado da oposición galega ao centralismo polo seu enfrontamento cos Reis Católicos.

O estilo poético adoita usar o romance octosílabo para os monólogos, usando tamén pareados alexandrinos, ao igual que a estrutura principal do ciclo artúrico.

O Mariscal é un símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos reis, e convértese nunha referencia fundamental para o nacionalismo de comezos do século XX.

Descargar

PDF Word HTML