Fundamentos de Patología y Mecanismos de Defensa Inmunológica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud
Escrito el en
español con un tamaño de 3,1 KB
Conceptos Fundamentales de Salud y Enfermedad
Enfermidade: Toda alteración orgánica ou funcional que afecta negativamente o estado de benestar físico, psíquico ou social dun ser vivo.
Clasificación de las Enfermedades
- Directa/Indirecta: A transmisión directa pasa dende a fonte infecciosa á persoa receptora ou a través do aire; mentres que na indirecta precísase dun ser vivo ou dun medio intermediario para a súa transmisión.
- Infecciosa/Non infecciosa: Nas infecciosas, o axente causal pode ser un ser vivo ou unha partícula infecciosa (como virus e prións) e poden ser transmisibles ou non transmisibles (como a lepra). As non infecciosas non son causadas por ningún axente vivo e, polo tanto, non son transmisibles (como as enfermidades mentais e traumáticas).
Mecanismos de Defensa del Organismo
La Piel como Barrera Defensiva
A pel actúa como unha barreira física, química e biolóxica:
- Física: Mediante a descamación; as células máis externas están mortas e van caendo, eliminando os microorganismos que se atopan sobre elas.
- Química: Mediante o pH; a pel ten un pH lixeiramente ácido que dificulta o desenvolvemento bacteriano.
- Biolóxica: Por medio da flora bacteriana normal da pel, que compite cos microorganismos externos.
El Papel de los Fagocitos
Os fagocitos percorren continuamente o organismo tratando de descubrir axentes estraños ou células cancerosas. Se atopan algún axente estraño, fagocítano, procésano e expoñen na súa superficie restos antixénicos. Posteriormente, diríxense aos ganglios linfáticos para contactar cos linfocitos Th e presentarlles o antíxeno.
Intervenciones Médicas y Farmacología
- Antibiótico: Substancia que mata (bactericidas) ou inhibe o crecemento das bacterias. Poden ser naturais, semisintéticos ou sintéticos, e utilízanse en infeccións bacterianas.
- Soro/Vacina: Os soros son preparados con anticorpos específicos fronte a un determinado axente infeccioso, mentres que as vacinas son preparados que conteñen o axente infeccioso atenuado ou toxoides que se introducen no organismo.
- Anafilaxia: Reacción esaxerada ante a introdución dunha substancia estraña que, ao ser administrada por primeira vez, provocou unha reacción escasa ou nula.
- Analgésico: Fármaco utilizado para suprimir a sensación dolorosa sen afectar aos restantes modos da sensibilidade.
- Aneurisma: Dilatación intensa e anormal dun sector do sistema vascular.
- Anxiolítico: Fármaco con acción depresora sobre o sistema nervioso central, destinado a diminuír ou eliminar os síntomas da ansiedade.