Fundamentos y Características del Fascismo: Ideología y Control Estatal
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,4 KB
Transformaciones Agrarias y el Surgimiento del Fascismo
Únicamente conservaban a propiedade da súa casa e un pequeno horto. Ademais, creáronse granxas estatais de carácter experimental (sovkhoz) e, para aproveitar ao máximo o emprego da maquinaria agrícola, establecéronse as MTS (estacións de maquinaria e tractores).
Características do Fascismo
Creado por Mussolini en 1919 en Italia, é unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer un control absoluto sobre a sociedade e os individuos que a compoñen, buscando a creación dun novo sistema político e novos valores para as masas populares.
- A primacía dos intereses xerais do Estado e da nación: Fronte aos dereitos dos individuos e grupos, todo debe estar supeditado e servir para conseguir a grandeza do Estado, que se identifica coa nación e a patria.
- A concentración do poder en mans dun único líder: Considerado a encarnación da vontade da nación, o único capaz de conducir o pobo para que alcance o destino que a historia lle ten reservado. Todas as institucións están supeditadas aos mandatos do líder, que é obxecto de veneración polo pobo.
- Encadramento e mobilización das masas: Realizado nun único partido de carácter nacional, estando prohibidos e perseguidos todos os demais.
- Rexeitamento da igualdade das persoas e os pobos: Deféndese a supremacía duns individuos sobre outros, dos homes sobre as mulleres, e dun pobo ou país sobre outro. Unha minoría, a elite masculina, considerada a mellor preparada, debe tomar as decisións en beneficio da sociedade, mentres que as masas deben obedecer e cumprir as ordes que se promulgan; as mulleres deben coidar o papel de nais e compañeiras dos homes.
- Forte control ideolóxico e policial: Empregando propaganda para a exaltación dos valores fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición.
- Intervención do Estado na economía: Tratando de incrementar a riqueza e produción propia e conseguir a autosuficiencia fronte aos estranxeiros. A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar sometidas á política e aos intereses do Estado, que controla o mercado, fixa prezos e salarios, realiza obras públicas e crea ou nacionaliza empresas.