Funcións Sociais da Lingua e Evolución da Poesía Medieval Galegoportuguesa
Funcións Sociais da Lingua
A función básica das linguas é ser o vehículo primordial de comunicación entre os membros dunha sociedade.
- Función de identidade: Aquela que realiza a lingua en cada individuo, servíndolle como instrumento de articulación do pensamento.
- Función familiar: É a que desempeña dentro da familia como elemento de relación entre os seus membros.
- Función laboral: É a que se desenvolve no mundo do traballo.
-Función local: É a que realiza a lingua nos contactos entre as persoas que comparten o mesmo contorno na vida cotiá.
Función institucional: Prodúcese nos contactos entre os individuos e as entidades administrativas, políticas, sociais e culturais da comunidade a que pertence.
Función cultural: Desenvólvese cando a comunidade humana que posúe unha lingua a utiliza para as súas expresións científicas, tecnolóxicas e artísticas.
Función internacional: Prodúcese cando unha lingua ten uso alén da súa comunidade de falantes.Conceptos Clave sobre o Estatus das Linguas
- Lingua oficial: Indica o estatus de determinado idioma como instrumento de relación entre o Estado e os seus cidadáns.
- Lingua nacional: Aquela creada e usada por un pobo ao longo da súa historia.
- Lingua internacional: Aquela que é aprendida amplamente por individuos que non a posúen como lingua nativa.
Etapas na Evolución da Poesía Medieval Galegoportuguesa
- Etapa pre-alfonsina ou de adaptación: O lirismo galegoportugués exténdese por todo o occidente peninsular. Autores destacados: Meendinho, Martín Codax.
- Etapa alfonsina ou período áureo: Reinados de Afonso III e Afonso X. O principal centro difusor do lirismo galego sitúase na corte literaria de Afonso X.
- Etapa dionisíaca ou período arxénteo: Morre Afonso X, o centro difusor do lirismo galegoportugués desprazase de Castela a Portugal. Don Dinis herda o gusto polas letras.
- Etapa pos-dionisíaca ou de recopilación: Os gustos literarios cortesáns mudan a favor dos libros de liñaxe e a prosa histórica e de ficción. Don Pedro de Portugal promove a recompilación do Lvro Das Cantigas.
- Etapa de decadencia ou escola galegocastelá: Portugal e Castela consolidan as súas literaturas nacionais e Galiza fracasa no seu proxecto de hexemonía política.
Terminoloxía do Lirismo Medieval
- Trobar: Unha das poucas diversións posibles. Converteuse nun sinal de refinamento galante e os nobres medían o seu status social polo número de poetas e executantes que acollían.
- Cantiga: Foi concibida para o canto, individual ou coral con acompañamento musical.
- Trobador: Ocupaba o lugar máis alto na xerarquía social e artística. Autor das cancións amorosas que seguían a nova moda do amor cortés. Poeta e compositor.
- Xograr: Representante medieval dunha longa tradición de artistas ambulantes que vén desde o mundo clásico grecorromano. Intérpretes das cantigas trobadorescas.
- Segrel: Comparte co xograr os trazos de artista profesional e itinerante, que leva o seu espectáculo de corte en corte cobrando pola súa interpretación.