Funcionamiento del Corazón: Ciclo Cardíaco y Válvulas

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Biología

Escrito el en español con un tamaño de 2,58 KB

Funcionamiento y Estructura del Corazón

As aurículas, que reciben o sangue das veas, están separadas dos ventrículos por unhas válvulas que evitan que o sangue vaia en dirección contraria.

Válvulas Cardíacas

No corazón hai dúas válvulas principais:

  • A válvula tricúspide: permite o paso do sangue da aurícula dereita ao ventrículo dereito.
  • A válvula mitral: facilita o fluxo do sangue da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo.

Estas válvulas permiten o paso do sangue da aurícula ao ventrículo correspondente, é dicir, da aurícula dereita ao ventrículo dereito, e da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo, pero impiden que o sangue pase dos ventrículos ás aurículas contrarias.

O corazón, como todos os órganos, necesita unha achega de osíxeno e nutrientes. Esa achega chégalle a través dunha rede propia de vasos sanguíneos, que recibe o nome de sistema coronario porque rodea como unha coroa ao corazón.

O Ciclo Cardíaco

O corazón atópase en constante funcionamento bombeando o sangue cuns movementos de contracción e relaxación denominados latexos.

O movemento de contracción do corazón recibe o nome de sístole e altérnase co movemento de relaxación, tamén chamado diástole. A sucesión ordenada destes movementos que se repite en cada latexo é o que se denomina ciclo cardíaco.

Fases do Ciclo Cardíaco

O ciclo cardíaco é o percorrido do sangue que circula polo corazón. Divídese en 3 fases que se producen á vez de xeito simétrico nas cámaras das dúas metades do corazón:

  • Sístole auricular: O sangue chega ao corazón polas veas. O que vén sen osixenar entra polas dúas veas cavas na aurícula dereita, e o que vén dos pulmóns (osixenada) entra na aurícula esquerda polas veas pulmonares. Prodúcese unha sístole auricular contraéndose as aurículas e impulsando o sangue cara aos ventrículos.
  • Sístole ventricular: O sangue que chegou aos ventrículos a través das válvulas tricúspide e mitral non pode retroceder porque estas dúas válvulas péchanse facendo o primeiro latexo. O segundo latexo prodúcese cando se expulsa o sangue dos ventrículos ás arterias e as válvulas das arterias se pechan evitando o seu retroceso aos ventrículos.
  • Diástole xeral: Reláxase todo o corazón á vez e repítese o ciclo, de modo que as cavidades volven a encherse.