Explorando la Perífrasis Verbal y la Narrativa Galega Contemporánea

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 5,44 KB

Perífrase Verbal

A perífrase verbal é o resultado da unión de dous verbos: o primeiro, auxiliar, vai conxugado e perde o seu valor semántico, cando o verbo non significa o que ten que significar; o segundo verbo, auxiliado, vai en infinitivo, xerundio ou participio e é o que aporta o significado en conxunto.

As perífrases, ás veces, poden levar nexos que poden ser preposicións, conxuncións, etc.

Poden clasificarse en:

Temporais

  • Futuridade: substitúense por un verbo en futuro (ir + infinitivo, haber + infinitivo).
  • Inminencia: significa algo parecido a "a punto de".

Modais

  • Obrigación: cando a acción obriga a algo (haber de, haber que, ter que + infinitivo).
  • Hipótese: cando indican unha hipótese (haber de, deber de + infinitivo).

Aspectuais

  • Perfectivas: indican unha acción rematada no pasado; sempre que atopemos unha perífrase con participio, vai ser perfectiva. Exemplo: "acabo de recibir unha carta".
  • Imperfectivas: indican unha acción contemplada na súa duración. Exemplo: "anda xogando e vaise queimar". Truco: todas as de xerundio son imperfectivas; todas as de a + infinitivo que se poden intercambiar co xerundio tamén. Exemplo: "ven facendo bo tempo".
  • Incoativas: indican o inicio repentino dunha acción. Truco: botar a, poñerse a, dar en + infinitivo. Exemplo: "voutouse a rir".
  • Terminativas: indican unha acción vista como o remate dun proceso. Truco: "acabou por chorar".
  • Reiterativa: indica unha acción que se repite. Truco: todas as que se poden cambiar por "volver a".

A Narrativa Actual

A narrativa ten experimentado un gran crecemento nestas últimas décadas.

Os narradores que se deron a coñecer nos anos 60 continúan publicando novos textos: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares. Nos anos 70 aparece unha nova xeración de escritores, e a eles únense nos anos 80 Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana. Nos últimos anos, engádense novos nomes: Francisco Alonso, Rosa Aneiros, Teresa Moure, etc.

En canto aos temas, hai que sinalar a variedade existente: novela histórica, realista, de aventuras, de misterio, de terror... Xorden novos subxéneros narrativos: novela policial, de ciencia-ficción, relato fantástico, relato erótico...

Cobra un gran desenvolvemento a narrativa destinada ao público infantil e xuvenil con autores como Fina Casalderrey, María Aleixandre (dedicada ao ensino) e Agustín Fernández Paz.

Alfredo Conde

Destaca sobre todo pola súa obra narrativa iniciada en 1974 co libro de relatos Memento de vivos. Despois seguenlle Memorias de Noa (1982), Xa vai o griffón no vento (1984). As súas últimas obras narrativas son Romasanta, Memorias incertas do home lobo (2004) e Lukumi (2006).

Manuel Rivas

Conta cunha extensa produción literaria, escrita orixinalmente en galego, e formada por libros de poemas, novelas, relatos, teatro, libros de reportaxe e crónicas periodísticas.

Dase a coñecer cunha novela curta destinada a un público xuvenil: Todo ben (1985).

A súa obra narrativa está formada polos seguintes títulos: Que me queres amor? (1995), O lapis do carpinteiro (1998), Os libros arden mal (2006). A parte destes títulos, ten algún máis. Amosa nas súas obras unha visión irónica e amable de Galicia, que aparece caracterizada como un espazo de síntese entre o mundo rural e o urbano. Vaise famoso en todo o mundo xa que as súas obras están publicadas en máis de trinta idiomas.

Suso de Toro

Dase a coñecer por dous libros de relatos: Caixón desastre (1983) e Polaroid (1986). Ten outras obras como: A sombra cazadora (1994), Trece badaladas (2002). Tamén escribiu unha obra teatral: Unha rosa é unha rosa (1996).

Conceptos Lingüísticos

Polisemia

Unha palabra que ten varios significados.

Homonimia

Mesma palabra con distinto significado.

Homógrafas

Escriben igual e pronúncianse igual.

Homófonas

Pronúncianse igual pero teñen distinta representación gráfica.

Sinonimia

Dúas palabras diferentes con un significado parecido.

Perfectos ou Absolutos

Sinónimos da palabra.

Imperfetos ou Parciais

Pódense intercambiar nalgúns contextos. Exemplo: matar (quitar a vida), asasinato (quitar a vida violentamente).

Antonimia

Dúas palabras que teñen significados opostos.

Antónimos Propiamente Ditos

Existen intermedios entre as palabras. Exemplo: grande (mediano), pequeno; quente (morno), frío.

Complementarios

Dous termos que se exclúen mutuamente. Exemplo: vivo, morto; macho, femia.

Inversos ou Recíprocos

Os dous termos designan aspectos dunha mesma relación ou concepto. Exemplo: pai, fillo; comprar, vender.