A Exploración do Mundo no Século XV: Descubrimentos e Avances

Ciencias sociales3,91 KB

O Mundo Coñecido Polos Europeos

No século XV, os europeos tiñan un coñecemento limitado do mundo, desde o extremo occidental de Europa e o Magreb, en África, ata os territorios máis orientais de Asia (China, Corea e Xapón).

O Comercio con Oriente

Durante a Idade Media en Europa, os produtos exóticos que chegaban do extremo Oriente, como seda e especias, a través da Ruta de Seda, que unía Constantinopla con China. En 1453, os turcos conquistaron Constantinopla, e os mercadores europeos tiveron que buscar rutas alternativas.

Os Avances na Navegación (S.XV)

  • O Compás: Chegou a Europa desde Oriente a través dos comerciantes árabes. Permitía navegar sen ter a costa á vista. Tiña unha agulla imantada que sinalaba sempre o norte magnético. Facilitou a navegación nocturna e acurtou a duración das viaxes marítimas.
  • O Astrolabio e o Cuadrante: Posibilitaron calcular a latitude.
  • Astrolabio: Calculaba a latitude medindo a altura do sol ou da estrela polar sobre o horizonte.
  • Cuadrante: Determinaba a latitude medindo a altura sobre o horizonte do sol (durante o día) e da estrela polar (durante a noite).
  • A Corredera e a Ampoleta: Axudaron a medir a velocidade á que navegaba o barco. Lanzábase a corda ao mar e íase soltando. Con axuda da ampoleta, que medía o tempo, estimábase a velocidade da nave.
  • Portalanos: Eran cartas náuticas nas que se representaban as costas, as rutas marítimas e os obstáculos que os mariños debían ter en conta ao navegar. Estes mapas incluían rosas dos ventos, que indicaban os puntos cardinais e permitían orientar os mapas.
  • Incorporación de Novos Modelos: Incorporaron un temón no eixe e apareceron novos modelos de embarcacións, como a carabela, máis lixeira, segura e con maior capacidade de carga que outros navíos.

O Traxecto Portugués

Desde principios do século XV, Portugal quería encontrar unha ruta cara á India distinta da que utilizaban os comerciantes italianos e musulmáns e, polo tanto, que evitase a navegación polo Mediterráneo. O grande impulsor deste ambicioso proxecto foi o infante Henrique o Navegante, fillo do rei Xoán I de Portugal, que creou unha escola náutica en Sagres.

As Primeiras Viaxes

Os portugueses avanzaron pouco a pouco. Tras a conquista de Ceuta en 1415, descubriron as illas de Madeira (1419) e dos Azores (1431), que incorporaron ao Reino de Portugal. En 1434, dobraron o Cabo Bojador, ao sur de Marrocos; en 1446 ocuparon as illas de Cabo Verde, e no ano 1460, entraron no Golfo de Guinea. Tras a morte de Henrique o Navegante en 1460, o avance portugués cara ao sur continuou, pero de forma máis lenta. En 1482, Diego Cao descubriu a desembocadura ao río do Congo e, en 1487, Bartolomé Díaz alcanzou o Cabo de Boa Esperanza, no extremo sur de África, o que deixaba aberto o paso cara ao océano Índico.

O Descubrimento de América

Cristovo Colón estaba convencido de que a terra era esférica e de que era posible chegar a Asia navegando cara ao este. Para financiar a súa empresa, presentouse o proxecto ao rei de Portugal. Tras a negativa de Portugal, Colón dirixiuse a Castela, onde finalmente os Reis Católicos decidiron financiar a empresa. A expedición, formada por tres naves, partiu o 3 de agosto de 1492 do porto de Palos de la Frontera. Despois de varias semanas sen ver terra, alcanzaron a costa o 12 de outubro de 1492. Colón pensaba que chegaran a Cipango (Xapón), pero os seus cálculos non eran correctos, pois a terra é máis grande do que pensaba. Cristovo Colón morreu convencido de que alcanzara Asia, pero o navegante italiano Américo Vespucio demostrou que aquelas terras pertencían a un novo continente, que, a comezos do século XVI, recibiu no seu honor o nome de América.

Descargar

PDF Word HTML