Evolución y Diversidad de la Literatura Gallega Contemporánea
Evolución da Literatura Galega Contemporánea
A literatura galega experimenta un gran crecemento a partir das últimas décadas do pasado século como consecuencia do novo marco político. Este incremento maniféstase na narrativa, cun número elevado de narradores e narradoras, tanto de novas xeracións como das xa existentes.
Etapas da Narrativa Galega
- Anos 60 (Nova Narrativa Galega): Carlos Casares, Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.
- Anos 70: Xorde unha nova xeración con autores como Víctor Freixanes, Alfredo Conde e Xavier Alcalá.
- Anos 80: Un numeroso grupo introduce novas temáticas e técnicas, destacando Manuel Rivas, Suso de Toro e Darío Xohán Cabana.
- Anos 90 en diante: Aumenta considerablemente a presenza de narradoras e a diversidade de voces.
Xéneros e Temáticas da Narrativa Actual
- Narrativa histórica: Pensa nao.
- Narrativa policial: Crime en Compostela (Carlos Reigosa) e Matarte lentamente (Diego Ameixeiras).
- Narrativa realista: Luns (Eli Ríos).
- Narrativa de aventuras: Morning Star (Xosé Miranda).
- Narrativa de terror: Tres historias para ler pola noite (Paco Martín).
- Narrativa experimental: Polaroid (Suso de Toro).
- Narrativa fantástica: O cervo na torre (Darío Xohán Cabana).
- Narrativa LGTBI: 22 segundos (Eva Mejuto).
- Narrativa de misterio: Trece Badaladas (Suso de Toro).
- Narrativa feminista: O club da calceta (María Reimóndez).
- Narrativa de autoficción: Beatrusel (Berta Dávila).
Literatura Infantil e Xuvenil
Cobra un gran desenvolvemento a narrativa destinada ao público infantil e xuvenil, con autoras e autores destacados como Fina Casalderrey e Agustín Fernández Paz.
O Teatro Galego
O Teatro no Primeiro Terzo do Século XX
O teatro adquiriu un gran desenvolvemento e a maior parte dos escritores do primeiro terzo do século XX escribiron algún texto dramático, como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo e Castelao.
O Teatro do Exilio e a Posguerra
O longo silencio imposto trala Guerra Civil manifestouse tamén na publicación e na representación das obras dramáticas. Con todo, no exilio americano mantívose a actividade teatral en lingua galega, especialmente en Buenos Aires, onde escribiron e representaron as súas obras autores como Castelao, Eduardo Blanco Amor e Manuel Varela Buxán, promovendo o teatro popular galego. A partir de 1986, o teatro experimenta unha revitalización similar á dos outros xéneros.