A prosa galega do século XX: normalización lingüística, posguerra e Nova Narrativa Galega

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 8,75 KB
Actualizado el

Resumen

O texto repasa a evolución da prosa galega no século XX, desde o contexto lingüístico e as normas do Seminario de Estudos Galegos ata a literatura da posguerra e a Nova Narrativa Galega. Analiza os principais autores, como Fole, Blanco Amor, Cunqueiro, Neira Vilas, Ferrín e Casares, e as súas temáticas e técnicas narrativas.

Puntos clave

  • As Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos impulsaron a normalización lingüística a comezos do século XX.
  • O Seminario de Estudos Galegos propuxo normas como o uso exclusivo do i latino, os grafemas ll e ñ, e o x para o fonema fricativo palatal.
  • A posguerra galega consolidouse no exilio, coa publicación de A xente da Barreira como primeira novela da posguerra.
  • Eduardo Blanco Amor publicou A esmorga, considerada unha das obras mestras da literatura europea do século XX.
  • A Nova Narrativa Galega (NovNG) renovou técnica e temáticamente a narrativa, con influencias do Nouveau Roman e de Kafka.
  • Carlos Casares marcou o punto de inflexión da NovNG, combinando experimentalismo técnico e denuncia social.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Contexto Lingüístico e Cultural (1905-1936)

A comezos do século XX, a situación da lingua sofre cambios importantes coa fundación de entidades relevantes para a lingua: a Real Academia Galega (1905), as Irmandades da Fala (1916) e o Seminario de Estudos Galegos, a creación de Céltiga e Lar, e a fundación do Partido Galeguista.

Iniciativas de Normalización Lingüística

Durante este período continúan as iniciativas encamiñadas á elaboración dunha gramática. As primeiras propostas foron das Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos (Vocabulario castellano-gallego e Algunhas normas pra unificazón do idioma galego e posteriormente a Engádega a algunhas normas pra unificazón do idioma galego).

Normas do Seminario de Estudos Galegos

As normas do Seminario propoñen:

  • O rexeitamento do i grego (y) e o uso exclusivo do i latino.
  • A adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral e nasal palatal.
  • A elección do x para o fonema fricativo palatal.
  • O emprego do h segundo a etimoloxía.
  • O mantemento dos grupos consonánticos cultos.
  • O abandono do apóstrofo e a redución do guión.
  • O plural en -s para as palabras polisílabas agudas rematadas en -l.

Estas normas foron rapidamente aplicadas polo xornal A Nosa Terra. Antes da publicación destas normas apareceron dúas gramáticas: o Compendio de gramática galega de Carré Alvarellos e a Gramática do idioma galego de Lugrís Freire.

A Literatura Galega da Posguerra (1936-1970)

O alzamento militar de 1936 supuxo unha ruptura co rexurdir da cultura e da lingua galega da man de Castelao, Pedrayo, Risco, Bóveda e moitos outros que morreron ou se viron obrigados a exiliarse ou calar a súa voz pola defensa da lingua e da cultura galega. Aínda que durante a Guerra Civil a creación de obras literarias relevantes quedou truncada, no exilio seguiuse desenvolvendo unha importante actividade literaria en galego, publicando así A xente da Barreira como primeira novela da posguerra. Desde ese momento vai consolidándose pouco a pouco dita literatura coa aparición dun bo número de obras mestras.

Os Grandes Narradores da Posguerra

Un dos renovadores deste xénero foi Ánxel Fole, cuxa obra diferenciaba o conto popular e o literario. Do conto popular toma o misterio de lendas e mitos, comezando as súas historias cunha introdución, establecendo o tempo e lugar, para seguidamente desenvolverse de forma lineal e rematar cunha sentenza didáctica. Do conto literario toma a técnica para atrapar ao lector á obra, pero sen distanciarse da maneira folclórica de contar unha historia. Algunhas das súas obras son Á luz do candil e Terra Brava.

Outro representante da prosa é Eduardo Blanco Amor que a partir da Guerra publicou as súas mellores obras: A esmorga, Os biosbardos e Xente ao lonxe. Estas obras presentan a cidade de Auria como espazo, unha ambientación temporal de finais do século XIX e principios do século XX, o predominio do narrador en primeira persoa e a sensación de realismo. A súa obra A esmorga considérase unha das obras mestras da literatura europea do século XX. Trátase dun relato tráxico que representa as miserias da realidade e natureza humana mediante un xuíz que condena de antemán ao personaxe Cibrán e aos seus dous compañeiros duns sucesos tráxicos nun día de esmorga. O lector é testemuña da predestinada autodestrución destes tres acusados cara ao seu final.

Álvaro Cunqueiro foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios e cuxa obra ten unha gran orixinalidade e non pode clasificarse convencionalmente. Crea novos mundos unidos á súa imaxinación con lendas ou romances galegos, mesturando a fantasía e a realidade. As súas obras sepáranse en dous grupos:

  1. As primeiras son as que representan as semblanzas de tipos galegos, como Escola de Menciñeiros, que conteñen relatos breves que retratan o mundo rural en desaparición pola crecente urbanidade.
  2. O outro grupo fórmano as novelas, onde Cunqueiro combina mundos mitolóxicos e literarios con espazos galegos. A este grupo pertence Merlín e familia, composto por relatos independentes pero cuns personaxes presentes en todas as historias e cun esquema común a todas elas. A intervención de distintos viaxeiros nos seus relatos introduce múltiples voces e perspectivas no texto.

Por último, Xosé Neira Vilas, cuxas obras son unha crónica da sociedade galega rural e da emigración á América, protagonizadas por xente humilde que sobrevive no campo en conflito coas normas impostas desde un Estado alleo ás súas necesidades. Estas obras acadaron un gran éxito xa que o autor narraba as historias sen artificios que dificultasen a lectura. A súa obra divídese nas que teñen como tema xeral a Galicia rural (incluíndo Memorias dun neno labrego, cun protagonista infantil, e Xente no rodicio, cun personaxe adulto, nas cales se narran as dificultades do momento) e obras que mostran a Galicia emigrante (onde a emigración é vista dun xeito moi negativo e os que a sofren enfróntanse a unha gran explotación económica que imposibilita a súa mellora, incluíndo Camiño Bretemoso).

A Nova Narrativa Galega (NovNG)

Tras o labor desenvolvido polos autores da posguerra, nace unha nova xeración de narradores preocupados polas inquietudes do seu tempo. Son os autores da Nova Narrativa Galega (NovNG), que crean un conxunto de obras entre finais dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar en contraposición ás fórmulas tradicionais.

Características e Innovacións da NovNG

Estes autores xurdiron co desexo de renovación técnica e temática, e concretamente en Galicia, para superar a tradición literaria do Grupo Nós e a influencia dos movementos dominantes da literatura galega. As súas principais influencias foron os autores da Nouveau Roman, así como Kafka, John Dos Passos, etc.

Innovacións Temáticas e Técnicas

  • Temática: Intentaron reflectir a situación vivida pola xente a causa da ditadura, a industrialización e a sociedade de consumo. Xorden historias nas que predominaba a sensación de soidade, terror e angustia, protagonizadas polos personaxes antiheroes.
  • Técnica: Para representar con maior credibilidade esa realidade deshumanizada, abandonaron o tradicional narrador omnisciente e puxeron en práctica moitos puntos de vista.
  • Tempo e Espazo: Empezouse a xogar co tempo subxectivo e non lineal, e o espazo deixou de ser decorado para cargarse de subxectividade ou adquirir sentido simbólico.

Principais Autores da NovNG

Pertencen a este grupo: Ferrín, Mourullo, Casares, Suárez-Llanos, Mª Xosé Queizán e Xohana Torres.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Mestura o fantástico co real, con elementos misteriosos e temas escuros como definitorios do ser humano.

  • Percival e outras historias: Mestura o fantástico co real.
  • O crepúsculo e as formigas: Ambiente lúgubre, temas tráxicos e mestura do real co imaxinario.
  • Arrabaldo do norte: Influenciada polo Nouveau Roman na precisa descrición de obxectos.

Carlos Casares

A súa obra marca o punto de inflexión da NovNG. Combina as innovacións nos procedementos da narración coa volta ao país concreto. O experimentalismo técnico ponse ao servizo da denuncia social.

  • Vento ferido: Con personaxes baseados na realidade galega e temas relacionados co sufrimento vital nunha realidade social hostil.
  • Cambio en tres: Relata a historia, en 1ª e 3ª persoa, dun emigrante galego en Francia.

Outros Representantes

  • Mourullo: Autor de Nace unha árbore e Memorias de Tains, que representan a historia dunha cidade e supoñen un dos cumes da NNG.
  • Xohana Torres: A súa obra máis importante é Adiós, María, onde aborda a integración dunha familia rural no mundo urbano galego dos anos 60.

Moitos integrantes desta narrativa (como Ferrín, Carlos Casares...), máis tarde abandonarán esta tendencia cultivando outros enfoques.

Preguntas frecuentes

Que normas propón o Seminario de Estudos Galegos?

Propón rexeitar o i grego (y) e usar só o i latino, adoptar ll e ñ, usar x para o fonema fricativo palatal, empregar h segundo a etimoloxía, manter os grupos consonánticos cultos e abandonar o apóstrofo.

Que caracteriza a Nova Narrativa Galega?

Busca renovar a técnica e a temática narrativa, abandona o narrador omnisciente, emprega múltiples puntos de vista e xoga co tempo non lineal. Reflicte a ditadura, a industrialización e a sociedade de consumo.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que entidade se fundou en 1905 segundo o texto?
2. Que obra de Eduardo Blanco Amor se considera unha das mestras da literatura europea do século XX?
3. Que xénero cultivou Ánxel Fole, segundo o texto?
4. Con que novela inaugura o texto a primeira obra da posguerra?
5. Que autor foi considerado punto de inflexión da NovNG?
6. Que influencias recibiron os autores da NovNG?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.