Definición, denotación y connotación, campo semántico, antonimia y paronimia en lengua gallega

Francés3,02 KB

A definición

Non debemos incluír o termo definido na definición, non empregaremos expresións indefinidas, do tipo cousa (... e unha cousa), nin expresións temporais (s. XV, cando...). Unha palabra pode ter máis dunha acepción ou significado.

Se o termo que temos que definir está incluído nun texto, debemos definir a acepción que presenta nese texto; debemos evitar utilizar unicamente un sinónimo.

Dependendo da clase de palabra que definamos, adoptaremos técnicas diferentes:

Substantivos

Comezaremos a definición cun termo xenérico ou hiperónimo:

  • Guitarra: instrumento...
  • Paraugas: utensilio...
  • Armario: moble...

Armario: moble alto con portas, andeis e caixóns, xeralmente de madeira, que se emprega para gardar roupa ou outros obxectos.

Adxectivos

Podemos empregar unha construción encabezada por un relativo:

Calvo, -a: que perdeu total ou parcialmente o cabelo.

Tamén podemos empregar unha construción preposicional:

Calvo, -a: sen pelo na cabeza.

Formas verbais

Podemos definilas de diferentes maneiras:

  • a) Encabezando a definición cunha forma verbal no mesmo número, tempo e persoa: Molestar: perturbar a tranquilidade ou o benestar de alguén.
  • b) Utilizando a expresión "acción de..." ou "acción consistente en...".

Denotación e connotación

A denotación é o significado obxectivo ou recto dunha palabra, sen ningún complemento valorativo, afectivo ou sentimental.

A connotación é o significado valorativo que adquiren as palabras por asociación cun determinado sentimento, recordo ou experiencia.

O campo semántico

É aquel conxunto de palabras que comparten trazos semánticos ou semas. Dito doutro xeito, pertencen ao mesmo campo semántico todas as palabras que posúan unidades significativas mínimas comúns sen que sexa necesario estar formadas polos mesmos morfemas.

Antonimia

É un tipo de relación semántica que marca a incompatibilidade entre dúas ou máis palabras por razóns de significado: alegría/pena, frío/quente, novo/vello.

Paronimia

Son aquelas palabras que presentan un son moi parecido pero que posúen significados diferentes: esterno (óso), externo (exterior), vieira (molusco).

Descargar

PDF Word HTML