Composición Química de la Célula: Biomoléculas y Bioelementos Esenciales

Biología3,33 KB

Os compoñentes químicos das células

Os seres vivos están formados por biomoléculas e bioelementos. Estes agrúpanse formando orgánulos, células, órganos e sistemas biolóxicos.

As biomoléculas están formadas por combinacións de bioelementos, que poden ser: inorgánicos (auga e sales minerais) ou orgánicos (glúcidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos).

Auga

A auga é a molécula máis abundante nos seres vivos. Iso débese ás súas propiedades fisicoquímicas e ao seu gran poder disolvente, que facilita o transporte dos nutrientes e a realización das reaccións químicas.

Sales minerais

Os sales minerais poden ser insolubles en auga. Son útiles para formar estruturas esqueléticas como o fosfato tricálcico (ósos) e o carbonato cálcico (cuncha dos moluscos).

Os sales minerais solubles disócianse nos seus ións e teñen importantes funcións como: regulación da acidez e da ósmose, e algúns son necesarios para a transmisión do impulso nervioso (Na+ e K+).

Disolución, difusión e ósmose

Unha disolución está formada polo disolvente (auga) e o soluto. Nas disolucións teñen unha gran importancia os procesos de difusión e ósmose:

  • Difusión: É a tendencia das partículas de soluto a distribuírse uniformemente no seo dunha disolución.
  • Ósmose: É a difusión a través dunha membrana semipermeable (paso do disolvente pero non do soluto).

A tendencia para equilibrar as concentracións fai que a auga pase desde a disolución menos concentrada (hipotónica) á máis concentrada (hipertónica) ata que teñen a mesma concentración (isotónica).

Glúcidos

Biomoléculas formadas por carbono, hidróxeno e osíxeno. Tipos:

  • Monosacáridos: Son os glúcidos máis sinxelos, como a glicosa ou a fructosa (proporcionan enerxía ás células), e a ribosa ou desoxirribosa (forman parte dos ácidos nucleicos).
  • Disacáridos: Formados pola unión de dúas moléculas de monosacáridos, como a sacarosa (abundante nas plantas), a lactosa (leite) e a maltosa (azucre do malte).
  • Polisacáridos: Formados por milleiros de moléculas de monosacáridos unidas. poden desempeñar unha función de reserva de enerxía ou estrutural, como o almidón (almacén de moléculas nas plantas), o glicóxeno (nos animais) e a celulosa (forma parte da parede celular das células vexetais).

Lípidos

Biomoléculas orgánicas insolubles en auga que desempeñan importantes funcións nas células. Están formados por carbono, hidróxeno e osíxeno. Tipos:

  • Triglicéridos: Están formados por unha molécula de glicerina e tres de ácidos graxos, e almacenan gran cantidade de enerxía para as células.
  • Ceras: Repelen a auga e serven como illante e protección fronte á humidade.
  • Fosfolípidos: Conteñen ácido fosfórico e forman parte das membranas celulares debido ao seu comportamento fronte á auga.
  • Lípidos isoprenoides ou terpenos: Destacan as vitaminas A, E e K.
  • Esteroides: Destacan o colesterol, a vitamina D e as hormonas sexuais.

Descargar

PDF Word HTML