Castelao e a Crítica Social: Interpretación de Obras e Apuntes de Gramática Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,53 KB
Chegou das Américas un home rico: Nacionalismo e Identidade
O texto que imos comentar chámase "Chegou das Américas un home rico". Este texto está escrito por Castelao e o tema principal das súas obras é a desigualdade social e as clases baixas. A idea principal deste texto é a defensa dun nacionalismo antirracista. O texto fala dun home rico que trouxo a Galicia un home negro da Habana, e o negriño adaptouse perfectamente a Galicia e ás súas xentes; pero, cando o home rico morreu, o negriño tivo que volver á Habana e, ao chegar alí, non se adaptou nada ben. Neste texto podemos atopar unha paradoxa, xa que o negriño, aínda tendo nacido na Habana, non é capaz de adaptarse alí despois da súa vivencia en Galicia.
Chámanlle a Marquesiña: Pobreza e Contrastes Sociais
O texto que imos comentar chámase "Chámanlle a Marquesiña". Este texto está escrito por Castelao e o seu tema principal nas súas obras é a desigualdade social e as clases baixas. O tema central deste texto é a pobreza. Este relato conta que hai unha muller de poucos recursos á cal lle chaman "Marquesiña". Os recursos literarios que podemos atopar nesta obra de Castelao son o paralelismo, que aparece en toda a obra, a antítese (representada pola oposición entre a pobreza e a riqueza, onde a pobreza define á protagonista) e unha paradoxa que representa á Marquesiña pobre.
Se eu fose autor: Sátira e Diferenzas de Clase
O texto que imos comentar chámase "Se eu fose autor". Este texto está escrito por Castelao e o tema principal das súas obras adoita ser a desigualdade social e as clases baixas. O tema deste texto é a diferenza de clase social e o seu obxectivo é facer rir ao público mediante a sátira. No primeiro lance, estase a realizar o velorio dunha vaca nunha casa labrega; a vaca contaba como parte da familia, o que significa que houbo unha perda sentimental, pero os fidalgos non entendían por que choraban pola vaca e burlábanse. No segundo lance, estase a realizar o velorio dunha cadela nunha casa fidalga; os labregos non entenden por que choran pola perda da cadela e tamén se burlan. Os recursos que podemos atopar nesta obra son o paralelismo, que existe durante toda a obra, e a antítese, visible na distinción entre as dúas familias.
Apuntes de Gramática e Ortografía Galega
Aspectos Fonéticos e Ortográficos
- Ditongos: Diferenzas respecto ao español.
- Esdrúxulas e cultismos: Regras de acentuación gráfica.
- Terminacións: Palabras rematadas en -el e -ol.
- Conxunción e verbo: Distinción entre e (conxunción) e é (verbo ser).
- Acento diacrítico: Uso para diferenciar palabras homónimas.
- Verbos: Alternancia vocálica no radical.
Morfoloxía e Sintaxe
- Terminacións nasais: Uso de non, ben, quen, alguén, ninguén, tamén, sen e nin seguidos de artigo (o/a).
- Correspondencia de tempos verbais:
- Había comido → Comera (Antetertérito).
- Comiera/comiese → Comese (Pretérito de subxuntivo).