As Vangardas e os Ismos na Literatura Galega: Evolución e Autores Clave
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,12 KB
Características Xerais dos Ismos en Europa
O concepto de vangarda frecuentemente é un sinónimo de anticonvencional ou ruturista, e ás veces enténdese de xeito mecanicista como unha dinámica cultural de oposición do novo fronte ao vello. Cando se fala de vangarda galega debe facerse no contexto das vangardas europeas das dúas primeiras décadas do século, desenvolvidas nunha serie de correntes coñecidas como ismos: futurismo, dadaísmo, creacionismo, ultraísmo, difundidos por medio de manifestos que se sucederían a un ritmo vertixinoso.
Todas estas correntes compartían:
- Antirromanticismo, antisentimentalismo e antiintimismo.
- Busca da arte pura e tendencia á deshumanización.
- Aceptación do cotián e do banal como materia poética.
- Novos modelos construtivos de composición do poema.
- Novos modelos melódicos.
- Influencia das teorías de Freud.
Os Ismos en Galicia
A relación da literatura galega coas vangardas presenta un desenvolvemento peculiar. A privilexiada comunicación da cultura galega coa portuguesa facilitou a divulgación da lírica medieval galego-portuguesa. Por outra banda, en Galicia o conflito polo canon estético tradúcese na tensión xenuinamente galega que se resolverá nunha vangarda pactada, na cal convivirían —sen chegar á ruptura— "os vellos" e "os novos", o que explicaría o triunfo das propostas estéticas máis moderadas que procuraban o equilibrio entre o enxebre e o innovador.
O Hilozoísmo
Este movemento aparece como síntese ideal entre tradición e modernidade. As súas raíces poden remontarse ata o paisaxismo dos autores do século XIX como Noriega Varela ou Cabanillas; por outra banda, o hilozoísmo presenta a paisaxe de xeito novidoso, dotada de espírito, personificada con imaxes plásticas.
Luís Amado Carballo é o promotor da tendencia hilozoista con dous poemarios: Proel e Ogalo. Neles, o poema concíbese como unha suma de imaxes incoexas entre as que saúda o protagonismo dos obxectos —presentados de forma autónoma e dinámica— e a escasa presenza do eu lírico, alienado na natureza.
Características Principais
- A plasticidade de imaxes e metáforas.
- O emprego da personificación humanizadora.
- A métrica sinxela e popular.
Este "impresionismo eglóxico" chegou a achegarse ao máis semellante dunha escola ao abeiro das vangardas arredor do grupo pontevedrés de Amado Carballo e Xoán Vidal, tendo como continuadores, entre outros, a Augusto Casas, Xulio Siguenza ou Euxenio Montes, se ben a súa pegada é apreciable mesmo despois da guerra civil.
O Neotrobadorismo
Tendencia poética que toma como referente o corpus trobadoresco galego-portugués nas súas características xenéricas, nos seus elementos formais máis salientables ou nos seus textos máis representativos para reescribilos, reelaboralos ou dialogar con eles. Este éxito do corpus medieval explícase porque reflectía os trazos máis caracterizadores do ser galego: o lirismo e as saudades, aos que habería que engadir unha certa forma de humor ou sentimento da natureza.
No neotrobadorismo hai, ademais dun modelo estético e formal, un esforzo de recuperación dos valores máis orixinais e enxebres da arte galega. Esta característica é apreciable en numerosos textos da posguerra e en poemas de autores contemporáneos (X. Seoane, Álvarez Cáccamo ou Darío Xohan Cabana, que traduciu ao galego o Cancioneiro de Petrarca e A Divina Comedia).
Fito fundamental da súa difusión foi a publicación de Nao senlleira de Fermín Bouza Brey en 1933, aínda que Bouza Brey xa publicaría poemas neotrobadorescos na revista Nós en 1926. Con todo, non se limita a repetir mimeticamente un modelo, do que herda sobre todo a construción dun entramado simbólico arredor de dous elementos: a nao e o mar.
Álvaro Cunqueiro escribe Cantiga nova que se chama Riveira, na que, ademais do emprego de recursos paralelísticos e dun uso lúdico de certos marcadores xenéricos da cantiga de amigo, introduce elementos neopopularistas e un imaxinario novidoso, por momentos surrealista; por isto foi a obra neotrobadoresca máis celebrada pola crítica.
O Neovirxilianismo
Tendencia poética centrada na recuperación de elementos clásicos e bucólicos adaptados á sensibilidade moderna da época.
A Vangarda Máis Pura: A Obra de Luís Pimentel
Luís Pimentel publica en Ronsel e outras revistas. En vida só edita Triscos (1950), sendo Sombra do aire na herba (1959) unha obra póstuma. Renuncia á rima e á estrofa, apostando por unha poesía esencial cun certo surrealismo humanista.
Álvaro Cunqueiro
Mar ao norde ten nel trazos cubistas e creacionistas. Na obra trázase, por medio de poemas breves de ton hermético, un itinerario simbólico por un mar abstracto e deshumanizado. En Poemas do sí e do non (1933) radicaliza a súa linguaxe poética pola vía da ruptura sintáctica e das imaxes irracionais, conformando un discurso visionario de tema erótico estruturado case a xeito de caligrama.
Manuel Antonio
A súa personalidade anticonformista, o seu radicalismo político, o seu monolingüismo e a súa capacidade teórica no eido da arte e da literatura, mesmo a súa temperá morte, achéganno ao prototipo de escritor vangardista do seu tempo. Os sectores máis conservadores sentíronse directamente atacados por un chamamento que non só era unha declaración de principios estéticos, senón tamén unha defensa do monolingüismo e do nacionalismo.
De catro a catro foi o único poemario publicado polo autor. É froito dunha asimilación persoal da vangarda, estruturado en aparencia como unha viaxe en tres etapas (partida, aventura e regreso), e ten diversas interpretacións simbólicas dende a singradura circular do eu poético.