As vangardas en Galicia: hilocismo, neotrobadorismo e vangardismo

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 4,31 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta as vangardas literarias en Galicia, situándoas na xeración novecentista e na súa malograda traxectoria pola morte temperá de varios autores e pola guerra civil. Repasa as tres tendencias principais: o hilocismo ou imaxinismo, o neotrobadorismo inspirado nas cantigas medievais e o vangardismo, cos seus autores máis representativos e as súas características formais e temáticas.

Puntos clave

  • As vangardas son un movemento de renovación estética do século XX que se concreta en diversos ismos (cubismo, dadaísmo, futurismo, creacionismo, surrealismo).
  • O hilocismo ou imaxinismo ten como temática a paisaxe, con personificación da natureza e ausencia do ser humano; o seu máximo expoñente é Luís Amando Carballo.
  • O neotrobadorismo recupera temas, recursos formais e léxico das cantigas medievais, sobre todo da cantiga de amigo; Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro son figuras destacadas.
  • O vangardismo é a única tendencia vangardista propiamente dita e o seu poeta máis representativo é Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930).
  • Os poemas vangardistas de Manuel Antonio rompen coa temática anterior, carecen de argumento, de rima e de sentimentalismo, e introducen discursos alleos ao poético como clave morse ou fórmulas químicas.
  • O documento inclúe tamén un apéndice gramatical sobre as perífrases verbais temporais, modais e aspectuais.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

As Vangardas en Galicia: Introdución e Tendencias

As vangardas son un movemento de renovación estética que vai revolucionar todos os aspectos da arte (décadas do século XX). Este movemento de renovación vaise concretar en diferentes propostas (ismos): cubismo, dadaísmo, futurismo, creacionismo, surrealismo ou superrealismo.

As Vangardas en Galicia

Son novecentistas, xeración malograda pola morte témpera dalgún deles (Amando Carballo, Manuel Antonio) e pola guerra civil.

Hilocismo (Imaxinismo)

Características

  • Temática paisaxista.
  • Personificación da natureza.
  • O ser humano non aparece.
  • As paisaxes plásmanse mediante imaxes.
  • Rima e métrica sinxela (versos de arte menor e rima asonante).

Tivo moitos seguidores nesta época e continuará cultivándose posteriormente.

O seu máximo expoñente

Luís Amando Carballo (Pontevedra, 1901-1927).

Obra: Publicou en vida Proel, e postumamente O galego.

Neotrobadorismo

Derivado da divulgación das cantigas medievais.

Características

  • Temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor.
  • Recursos formais (paralelismo, refrán, leixapren), ambientes e símbolos. Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.
  • Utilízase un léxico tirado das cantigas.
  • Mantén a tradición tanto nos temas como na forma.

O neotrobadorismo vai seguir cultivándose na poesía da posguerra.

Autores Principales

Fermín Bouza Brey (Ponteareas, 1901 - Compostela, 1973)

Obra: Nao senlleira (1933) é o primeiro título importante do neotrobadorismo.

Libro de temática variada:

  • Neotrobadorismo.
  • Temática mariñeira.
  • Cantigas cívicas de afirmación nacionalista e tres eloxias.

Copia os seguintes procedementos da cantiga de amigo: enunciador lírico feminino, paralelismo, refrán, léxico dos cancioneiros e certo medievalismo onomástico.

Na súa obra Seitura (1955) abandona o neotrobadorismo.

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981)

Máis coñecido como prosista a partir dos anos 50, na preguerra foi fundamentalmente poeta.

A súa obra Cantiga nova que se chama Riveiro (1933) adscríbese ao neotrobadorismo.

Non neotrobadorista, senón surrealista é Poemas do si e non (1933).

O libro Dona do corpo delgado (1950) é tamén unha mostra do neotrobadorismo de Cunqueiro. Algúns dos poemas que o compoñen foron escritos antes da guerra.

Vangardismo

Única tendencia vangardista.

Poemas do si e non, de Cunqueiro, é surrealista.

O poeta por excelencia vangardista é Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930).

Características

  • Ruptura coa temática anterior da literatura galega. Os poemas teñen un fondo existencial: o eu poético está só na inmensidade e o paso do tempo.
  • Ausencia de "argumentos" no poema. Este está formado por unha xustaposición de imaxes, sen relación coa realidade, que fan difícil a súa interpretación.
  • Emprego de numerosas voces estranxeiras, nunca o castelán.
  • Introdución de discursos alleos ao tipicamente poético: clave morse, fórmulas químicas, onomatopeias, cantigas populares...
  • Presenza de elementos propios da linguaxe científica e técnica.
  • Ausencia de sentimentalismo.
  • Ausencia de rima e ritmo. Heterosilabismo nos versos e disposición destes sen formaren estrofas propiamente ditas, dándolle valor aos espazos en branco e chegando ao caligrama.

Apéndice Gramatical: Perífrases Verbais

Temporais

  • Futuridade ou inminencia: Está para chegar.

Modais

  • Obrigación ou probabilidade: Tedes que levalo, há (de) facelo nunha hora.

Aspectuais

  • Imperfectivas: Leva horas falando / a falar.
  • Perfectivas: Acabei de ler o poema.
  • Reiterativas: Volveulle dar unha recaída.
  • Incoativas: Empezou a nevar.
  • Terminativas: Ao final veu a descubrirse a verdade.

Preguntas frecuentes

Quen foi o máximo expoñente do hilocismo?

O máximo expoñente do hilocismo ou imaxinismo foi Luís Amando Carballo (Pontevedra, 1901-1927). Publicou en vida Proel e, postumamente, O galego.

Que características ten o neotrobadorismo?

O neotrobadorismo toma temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, emprega recursos formais como o paralelismo, o refrán e o leixapren, e utiliza un léxico tirado das cantigas. Mantén a tradición tanto nos temas como na forma.

Quen é o poeta vangardista por excelencia en Galicia?

O poeta por excelencia do vangardismo galego é Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). A súa poesía rompe coa temática anterior e carece de argumento, rima e ritmo.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que xeración de autores se caracteriza polas vangardas en Galicia segundo o texto?
2. Que temática predomina no hilocismo?
3. Que obra de Fermín Bouza Brey é considerada o primeiro título importante do neotrobadorismo?
4. Cal é a obra surrealista de Álvaro Cunqueiro segundo o texto?
5. Cal é unha característica da poesía de Manuel Antonio?
6. Que recurso formal do neotrobadorismo consiste en repetir estruturas paralelas ao longo do poema?
7. Que perífrase verbal se indica como expresión de futuridade ou inminencia?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.