El Aristotelismo en Tomás de Aquino: Fe, Razón y Filosofía Medieval
O aristotelismo en Tomás de Aquino
Quizais o fenómeno máis importante que se produciu en toda a filosofía medieval foi a incorporación de Aristóteles ao pensamento cristián. Este proceso foi levado a cabo sobre todo por santo Tomás de Aquino. Tomás de Aquino desmarcouse, na medida do posible, das teses dos averroístas, que impedían un verdadeiro achegamento de Aristóteles ao cristianismo, e elaborou unha síntese entre a filosofía aristotélica e a fe cristiana. Como consecuencia disto, o platonismo deixara de ser o único marco de referencia filosófica para o cristianismo. Ademais, a primacía de Aristóteles sobre Platón traería consecuencias importantes:
Filosofía ascendente fronte a descendente
No platonismo o proceso do coñecemento é un proceso descendente, da idea á realidade sensible. En Aristóteles o proceso é inverso. Arrincase da sensibilidade para finalmente chegar ao concepto universal.
Valoración da realidade material
O mundo corpóreo, a materia e o propio corpo humano, que en Platón quedaran infravalorados, adquiren verdadeiro sentido dentro da filosofía aristotélica.
Novidades na concepción antropolóxica
O ser humano é alma e corpo, non só alma.
Revalorización das capacidades humanas
A razón é unha fonte de coñecemento autónoma que, usada correctamente, pode chegar á comprensión de determinadas verdades reveladas.
Principais teses aristotélicas asumidas por Tomás de Aquino
Para concluír, sinalaremos as principais teses aristotélicas asumidas por santo Tomás:
Na interpretación da natureza
- A teoría do movemento como paso da potencia ao acto.
- A teoría hilemórfica, segundo a cal os seres físicos están compostos de materia e forma.
- A distinción entre substancia e accidente.
- A teoría das catro causas.
Na teoloxía
- A demostración da existencia de Deus baseándose no movemento, que constitúe a primeira vía tomista.
- A noción de Deus como acto puro, sen ningún tipo de potencialidade.
Na antropoloxía
A unidade substancial da alma e do corpo, constituíndo unha única entidade: o ser humano.
Na ética
A moral eudaimonística ou da felicidade, á que Tomás lle dará un toque persoal, xa que non é o mesmo para un cristián que para Aristóteles.
Principios non aristotélicos
A distinción entre esencia e existencia
Procede dos árabes e dos xudeus, e permitiralle a Tomás establecer a distinción entre Deus e os demais seres.
O principio platónico da participación
Segundo o cal Tomás sostén que os seres creados participan da existencia divina.
Os principios neoplatónicos dos graos de ser e perfección
Completan a síntese tomista, incorporando elementos do platonismo transmitidos a través do neoplatonismo.