Antonio Noriega Varela y Ramón Cabanillas: Maestros de la Literatura Gallega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 4,49 KB

Antonio Noriega Varela: Vida e Obra

Biografía e Traxectoria

Antonio Noriega Varela foi un relevante investigador do noso léxico, así como xornalista e poeta de ideoloxía conservadora. Pertenceu, no ámbito literario, á denominada "Xeración de antre dous séculos", protagonizando, xunto con Ramón Cabanillas e outros, a transición da poesía galega do século XIX á do século XX.

Naceu en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869. Aos catorce anos iniciou a carreira eclesiástica no seminario da vila natal. Alí chegou a ser popular grazas á súa habilidade para idear composicións de carácter humorístico e satírico, e comezou a escribir poemas en castelán. Tras abandonar a carreira eclesiástica, fíxose mestre. En 1901 empezou a exercer a docencia en Foz, onde entrou en contacto co agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Villar Ponte. Con esta convicción colaborou na revista satírica Guau...Guau!, para a cal escribiu varios poemas de corte cívico.

Vínculos Literarios e Influencias

Debido á súa vinculación coas actividades agraristas, foi trasladado forzosamente a Calvos de Randín, a carón da fronteira con Portugal, e, posteriormente, a Trasalba. Neste último destino trabou amizade con Otero Pedrayo e outros integrantes da Xeración Nós. Grazas ás lecturas que lle ofrecía a extensa biblioteca do pazo de Trasalba, propiedade de Otero Pedrayo, Noriega coñeceu en profundidade a literatura portuguesa, que deixaría unha importante pegada na súa obra.

Con 57 anos instalouse en Abadín e retomou os contactos da mocidade. Alí foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1927 e, un ano despois, deu ao prelo Como falan os brañegos, unha compilación de ditos, frases e adiviñas populares, froito da boa relación que Noriega mantiña cos labregos da zona. En 1930, por motivos de saúde, solicitou un traslado a Viveiro, o seu derradeiro destino como docente.

Produción Literaria e Estilo

En 1904 publicou o seu primeiro libro, Montañesas, que a partir da terceira edición tería por título D'o ermo (1920) e que se vería aumentado ata a súa edición definitiva en 1946. Trátase dunha obra costumista en que abundan as composicións líricas sobre a vida dos labregos e o diálogo coa natureza. A súa achega máis orixinal son os poemas franciscanos, onde o eu lírico procura rescatar a esencia máis pura e sinxela da natureza. Publicou tamén unha escolma de cantigas populares na honra da Virxe María: A Virxe e a paisanaxe (1913).

Co tempo, Noriega foise afastando dos principios políticos do movemento agrario, chegando a apoiar, durante a Guerra Civil, o bando franquista. Nesa época, o poeta incrementou a produción en castelán e, ata a súa morte, que tivo lugar en Viveiro o 27 de marzo de 1947, viviu unha etapa de fondo pesimismo. A súa produción reflicte con fidelidade as crezas tradicionalistas e conservadoras que o mantiveron afastado do galeguismo político.


Ramón Cabanillas: Aportación a la Poesía Gallega Contemporánea

Las obras completas del escritor Ramón Cabanillas, que han significado una gran aportación a la poesía gallega contemporánea, fueron presentadas el pasado miércoles en la galería Sargadelos de Madrid por Jesús Alonso Montero, catedrático de Literatura. La edición ha sido realizada por la Editorial Akal e incluye las primeras ediciones del poeta, de carácter liberal y galleguista, con los libros No desterro (1913), Vento mareiro (1915) y Da terra asoballada.

El director de la editorial manifestó a la agencia Efe que: «Hasta ahora únicamente se conocían segundas ediciones de los libros de Cabanillas, lo que hacía muy difícil comprender la evolución literaria del escritor. Con esta edición se aportan nuevos datos, muy importantes para un estudio serio de su obra». La misma editorial publicará próximamente otro volumen con los libros en prosa. Ramón Cabanillas (1876-1959), además de su obra poética, escribió textos de teatro, ensayo político y crítica cultural.