Actividades económicas: sectores, factores e sistemas

Economía5,17 KB

Actividades económicas

Actividades económicas: conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubrir necesidades.

  • Produción: bens de consumo e de produción (sanidade, transporte público, hospitais...)
  • Comercialización: venda por xunto e polo miúdo
  • Consumo: satisfacer as necesidades

Factores de produción

  • 1. Recursos naturais: problemas de esgotamento e sobreexplotación
  • 2. Traballo: actividade humana
  • 3. Capital: físico (instalacións, maquinaria e materias primas) e financeiro (cartos)
  • 4-5. Tecnoloxía e coñecemento

Sectores económicos

  • Sector primario: alimentos e materias primas (agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal)
  • Sector secundario: produtos elaborados (industria, construción, minería e explotación de fontes de enerxía)
  • Sector terciario: transporte, sanidade, educación, turismo

Conclusións estatísticas sobre o emprego

Paro: afecta especialmente á xuventude. As taxas varían segundo o grao de estudos acadado.

Sistemas económicos

  • Sistema de subsistencia: as persoas cubren as súas necesidades básicas; o sistema económico atópase en sociedades con niveis de desenvolvemento escasos.
  • Sistema capitalista: defende a libre competencia, baséase na lei da oferta e da demanda e os medios de produción son de propiedade privada.
  • Sistema de economía planificada: este sistema non recoñece a propiedade privada dos medios de produción; o Estado é quen controla todos os aspectos da economía.
  • Economías alternativas: rexeitamento do sistema capitalista porque consideran que este modelo non responde ás necesidades e fomenta as desigualdades.

Unión Económica e Monetaria (UEM)

UEM: integración dos distintos países nun mercado común que utiliza moeda única e respecta a liberdade de circulación de mercadorías, servizos, persoas e capitais.

Futuro da UEM: dar resposta á crise financeira e económica orixinada en 2007; coordinar os gobernos estatais, o banco central e a Comisión; levar a cabo políticas financeiras; investir en investigación e innovación; combater o paro; fomentar a formación.

Crise económica

Crise económica: períodos longos de tempo nos que se producen cambios económicos negativos.

  • Causas: inestabilidade cíclica, empresas que compiten e especulan.
  • Consecuencias: exceso especulativo, falta de capacidade de consumo e unha minoría que obtén beneficios.

Agricultura e gandaría

Agricultura: conxunto de actividades económicas e técnicas relacionadas co tratamento do chan e o cultivo da terra para a produción de alimentos.

Factores físicos e humanos: condicións naturais (clima e relevo), aumento da poboación mundial e demanda de alimentos, políticas agrarias, medios técnicos e destino final das colleitas (autoconsumo ou venda).

Gandaría

  • Gandaría tradicional: obtención de produtos de orixe animal para o autoconsumo; pequenos rabaños alimentados cos restos das colleitas e pasto.
  • Gandaría comercial: produción para vender no mercado e obter o máximo beneficio. Lógrase coa selección de razas, a automatización dos procesos produtivos, as melloras na alimentación e os avances científicos.
  • Gandaría extensiva: grandes extensións de pastos, pouca man de obra, animais que pastan libremente.
  • Gandaría intensiva: explotacións especializadas, grandes investimentos de capital, máxima produtividade no menor tempo; animais estabulados en condicións de temperatura artificial e alimentados con pensos.

Sistemas de cultivo

Policultivo, monocultivo, secano, regadío, cultivo intensivo e cultivo extensivo.

Pesca e acuicultura

Pesca: o 75% destínase ao consumo humano e o resto a materia prima.

  • Pesca artesanal: realízase preto da costa, utiliza a forza humana e aparellos sinxelos; propia de rexións pouco desenvolvidas e do autoconsumo.
  • Pesca comercial: realizar o máximo de capturas para abastecer os mercados e importar recursos económicos; require unha boa frota pesqueira con tecnoloxía e infraestruturas portuarias.
    • Pesca costeira: afástase pouco da costa; os barcos son pequenos e están equipados.
    • Pesca de altura: barcos ben equipados que permanecen no mar semanas ou meses; contan con radares, sonares e instalacións frigoríficas.
    • Gran pesca: augas moi afastadas e buques de abastecemento.

Acuicultura: cría de animais e de plantas en auga doce ou salgada.

Descargar

PDF Word HTML