A Narrativa e Poesía Galega de Posguerra (1936-1975)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 13,56 KB
A Guerra Civil supuxo unha ruptura co impulso que a Xeración Nós lle dera á narrativa en lingua galega. O centro de actividade literaria desprázase ao exilio. Ata a segunda década da posguerra non se rexistra ningún título de novelas, libros de relatos etc. en galego e publicados en Galicia. A primeira novela publicada na posguerra foi A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero. Ata ben entrada a década de 1960 non se pode falar de tendencias, con todo pódese facer a seguinte clasificación:
Narrativa
- Obras continuadoras da prosa da Xeración Nós. Inclúese aquí A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero que narra a vida de varias xeracións dunha familia fidalga e Otero Pedrayo retoma o seu labor con obras como