Seguridade e Saúde Laboral: Prevención de Accidentes e Sinalización Eficaz
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,6 KB
Unidade 5: Seguridade no Traballo e Prevención de Accidentes
1. Que entendemos por seguridade no traballo?
A seguridade no traballo defínese como a técnica non médica de prevención cuxa finalidade se centra na loita contra os accidentes de traballo, evitando e controlando as súas consecuencias.
2. Causas técnicas dos factores desencadeantes dun accidente
Causas básicas: Factores do posto de traballo
- Procedementos de traballo inadecuados
- Deseño e mantemento inadecuados
- Procedemento inadecuado nas compras de subministracións
- Desgastes polo uso normal
- Usos anormais
Causas inmediatas: Condicións perigosas
- Riscos de incendios e explosións
- Orde e limpeza defectuosos
- Risco de proxeccións
- Falta de espazo
- Defectos de equipos inseguros
- Roupa de traballo
catalán con un tamaño de 3,67 KB