A poesía de vangarda en Galicia: correntes, autores e obras
A poesía de vangarda en Galicia
Contexto e características
As vangardas foron correntes de renovación artística e literaria que se desenvolveron en Occidente ao longo das primeiras décadas do século XX. Entre elas atopamos:
- Dadaísmo
- Surrealismo
- Cubismo
- Futurismo
- Creacionismo
- Expresionismo
Tiñan en común un desexo de ruptura coas convencións estéticas vixentes, a través da deshumanización e o antisentimentalismo, da renovación da linguaxe poética e da liberdade radical do creador. Estas correntes difundían as súas ideas artísticas a través da publicación de manifestos.
Na literatura galega, as innovacións das vangardas europeas foron introducidas pola denominada Xeración do 25, formada por autores nados arredor de 1900. Non obstante,...