Uso do infinitivo, perífrases verbais, verbos de dobre participio e formación de palabras en galego
Uso do infinitivo
Non se conxuga en:
- Perífrase verbal.
- Construcións impersoais.
- Verbos causativos (mandar, facer, permitir...).
- Verbos perceptivos (sentir, ver, oír...).
- Verbos modais (querer, poder, deber...).
- Verbos de movemento (ir, vir...).
- Valor imperativo.
- Cando depende da preposición de e é modificador dun adxectivo.
Si se conxuga cando:
- Ten suxeito distinto do verbo principal.
- Ten o mesmo suxeito que o verbo principal pero vai antes e precedido de preposición.
- Ten o mesmo suxeito que o verbo principal pero está a moita distancia dese.
- Hai indeterminación do suxeito na 3ª persoa.
- Se trata de verbos reflexivos.
Verbos con dobre participio
- ACENDER (acendido, aceso)
- BENDICIR (bendicido, bendito)
- CALMAR (calmado, calmo)
- CANSAR (cansado, canso)
- COLLER