Fonemas consonánticos, alteracións fonéticas e acentuación
Fonemas consonánticos
Os consonantes caracterízanse mediante os seguintes trazos pertinentes. O primeiro trazo pertinente é a sonoridade, que permite distinguir entre consoantes sonoras e xordas:
- Sonoridade:
- Sonoras: /b/, /d/, /g/, /m/, /n/, /ŋ/, /ɲ/
- Xordas: /p/, /t/, /k/, /f/, /θ/, /s/, /tʃ/, /ʃ/
O segundo trazo é o modo de articulación:
- Oclusivas: a saída do aire obstaculízase completamente (/b/, /d/, /g/, /p/, /t/, /k/).
- Fricativas: son o contrario das oclusivas (/f/, /θ/, /s/, /tʃ/, /ʃ/).
- Africada: dous momentos, oclusión seguida de fricación (/tʃ/).
- Nasais: o aire sae polo nariz (/m/, /n/, /ŋ/, /ɲ/).
- Laterais: o aire sae por ambos os lados da cavidade bucal (/l/, /ʎ/).
- Vibrantes: o aire ao saír fai que a punta da lingua vibre unha ou varias veces (/ɾ/, /r/).
Punto de articulación das consoantes
- Bilabiais: xuntando os dous labios (/p/, /b/, /m/, como en pomba).
- Dentais: a lingua toca na parte interna dos incisivos superiores (/t/, /d/).
- Labiodentais: os dentes superiores entran en contacto co labio inferior (/f/).
- Interdentais: a punta da lingua colócase entre os dentes inferiores ou superiores (/θ/).
- Alveolares: a punta da lingua toca ou aproxímase aos alvéolos dos incisivos superiores (/n/, /l/, /s/, /r/, /ɾ/).
- Palatais: a lingua toca na parte do padal duro (/tʃ/, /ʃ/, /ɲ/, /ʎ/).
- Velares: a lingua toca pola súa parte posterior na parte do padal brando (/k/, /g/, /ŋ/, como en cagan).
Correspondencia entre fonemas e letras
As vogais semiabertas e semipechadas teñen a mesma representación, pero só se marca co til diacrítico algunha vogal semiaberta. Exemplo: présa, bóla.
- /b/: correspóndese con v, b, w.
- /g/: correspóndese con g + a, o, u; e gu + e, i.
- /k/: correspóndese con c + a, o, u; qu + e, i; ou k.
- /θ/: correspóndese con c + e, i; e z + a, o, u.
- /ʃ/: grafía x. Esta mesma grafía tamén representa o grupo oculto /kʃ/ (como en exame ou texto), de orixe latina. Cando na mesma palabra coinciden dous fonemas x, o primeiro con valor /kʃ/ e o segundo con valor de /ʃ/, o primeiro pódese substituír por un s ou pode manterse a grafía etimolóxica. Exemplo: osíxeno / oxíxeno. Isto non afecta aos prefixos do tipo ex- + consoante (expunxir) nin tampouco ás palabras compostas (lexicoloxía).
- /ŋ/ (o ene velar nasal sonoro): este fonema represéntase na escrita por medio de -nh- en posición intervocálica. Exemplo: unha. Tamén pode representarse como un n en posición final. Porén, hai moitas excepcións: non todas as palabras con n final teñen unha realización velar. Danse as seguintes excepcións: non, sen, quen, tamén, nin, alguén e ninguén, sempre que vaian seguidos de pronome átono da terceira persoa.
- /r/ (vibrante múltiple): r- en posición inicial de palabra e interior tras consoante (rosa, honra); -rr- en posición intervogálica (arroz).
- h: esta grafía non representa ningún fonema, é puramente etimolóxica (herba).
Alteracións fonéticas máis recentes
Hai unha serie de fenómenos que se producen na fala e que afectan ao vocalismo ou ao consonantismo; son vulgarismos e dialectalismos:
- Metafonía nominal: consiste na inflexión de -e- tónico aberto e do -o- tónico aberto, que dá lugar a un -e- tónico pechado e a un -o- tónico pechado por causa dun -o- final de palabra. Tamén se dá metafonía en palabras con -e- e -o- tónicos pechados que abren un grao dando lugar a -e- e -o- abertos por causa dun -a- final.
- Prótese: consiste en engadir un -a- non etimolóxico en posición inicial da palabra (arradio).
- Epéntese: trátase de engadir un -i- entre vogais iguais. Tamén se dá cando as vogais se xuntan por fonética sintáctica (dixaia).
- Paragoxe: engadir un -e- en posición final, normalmente tras a consoante -r do infinitivo (chamare).
- Aférese: supresión da vogal inicial (índa).
- Síncopa: supresión da vogal ou consoante en posición pretónica ou intertónica (Cruña).
- Apócope: é a supresión da vogal final da palabra (Ourens).
Seseo e gheada
As alteracións máis frecuentes do consonantismo son o seseo e a gheada:
- O seseo: consiste na neutralización da oposición que existe entre /θ/ e /s/. O seseo implosivo dase en posición final de sílaba, que normalmente é final de palabra (lus). O explosivo dase en posición inicial (sapato).
- A gheada: consiste na realización do fonema /g/ como unha aspirada (ghato).
O acento
Principais normas do uso do acento gráfico:
- Non se acentúan os monosílabos, agás os casos con til diacrítico.
- Non se acentúan os pronomes interrogativos nin exclamativos directos xamais.
- Os interrogativos indirectos acentúanse cando for preciso para evitar ambigüidades (dille que queres / dille qué queres).
- Non se acentúan os adverbios rematados en -mente.
- Non se acentúan os demostrativos.
- Non se acentúan as palabras agudas rematadas en ditongo decrecente, nin homoxéneo, nin tritongo.
- Os latinismos e estranxeirismos poden seguir as normas xerais de acentuación ou ben manter integramente a grafía da lingua da que proceden, sempre que se escriban destacadas para subliñar o seu carácter estranxeiro.
- Acentúase, en contra das regras xerais, todo i e u tónicos acompañados dunha vogal átona (saír, acentúan).