As vangardas do século XX: movementos, xeración e lírica galega
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,19 KB
As vangardas
No século XX producíronse importantes transformacións sociais, económicas e políticas en Europa, e xurdiron as vangardas: movementos de renovación que se manifestaron no pensamento e na creación artística, sobre todo na arte e na poesía.
Características
- Antirromanticismo e antisentimentalismo
- Deshumanización
- Busca do puro arte
- Innovación da linguaxe figurada
Movementos de vangarda
a) Cubismo: Francia, escola pictórica. A súa pintura adoita descompoñer as formas naturais da realidade en formas xeométricas. Características: orixinais formas tipográficas, distorsións sintácticas, alusións a conceptos espaciais.
b) Dadaísmo: Zúrich, durante a Primeira Guerra Mundial. Destrución de todo o existente e negación da idea de creación e da figura do creador: é o azar quen crea a obra de arte.
c) Futurismo: Tentou una renovación radical da arte tanto na temática como na técnica. Características: exaltación do mecanismo e dos avances técnicos, destrución da sintaxe.
d) Surrealismo: Rexeitamento da realidade, da lóxica e do racionalismo como materia base da arte. Busca a creación a partir do mundo do inconsciente (os soños). Concibe a literatura como instrumento de liberación que permite sacar fóra os instintos reprimidos, manifestados a través de imaxes irracionais e símbolos.
e) Creacionismo: París. Independencia absoluta da realidade no acto de creación, mecanicismo, ruptura da secuencia cronolóxica, presenza do humor e da sátira.
f) Ultraísmo: Madrid. Propósito de sintetizar as tendencias da vangarda mundial. Buscaron: sobrevaloración da imaxe e da metáfora, innovación tipográfica (espazos en branco e supresión da puntuación), supresión da rima e do ritmo.
A xeración das vangardas
Coñécese con este nome a xeración constituída polos escritores nacidos ao redor de 1900.
A lírica
A lírica galega está dominada polas vangardas. As vangardas foron continuadas polos trazos xerais das vangardas mundiais, grazas ao camiño que abriu a xeración. O carácter individualizador das nosas vangardas vén determinado por estas connotacións: o espírito nacionalista, a relación con Portugal e a presenza do sentimentalismo.
Tendencias na poesía galega neste período
Non se rompeu totalmente coa tradición. Esta renovación maniféstase no neotrobadorismo e no hilozoísmo. A vertente que máis rompeu coa liña da literatura galega foi o creacionismo, representado por Manuel Antonio.
Tendencias do vangardismo galego
Hilozoísmo: elemento fundamental é a paisaxe. Presentan unha paisaxe humanizada, nas que os elementos da natureza aparecen personificados. Imaxes plásticas, visuais e auditivas.
Neotrobadorismo: continuador da tradición medieval. Recréanse temas amorosos, recursos formais como os paralelismos, os refráns e ambientes primaverais, mares e ríos. Este movemento tería continuación na posguerra e chega aos nosos días.
Creacionismo: Manuel Antonio é o máximo representante. A influencia da estética creacionista doutras literaturas foi notable: creación dunha realidade autónoma, xustaposición de imaxes. A obra deste autor conservouse persoal e orixinal.
Outros autores galegos desta época son E. Blanco Amor e A. Cunqueiro, que participaron coa súa obra na vangarda máis rupturista, conectada cos demais movementos europeos.