Xohana torres adios María monologo interior

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,81 KB

NNG


Na década dos 50 asistimos no mundo a unha época convulsa debido ás consecuencias da II G.M, a polarización da Guerra Fría e a expansión de correntes de pensamento marxistas, existencialistas ou as introducidas por Jean Paul Sartre.Nos primeiros anos da década do século XX, segue activa a represión da ditadura franquista que xunto cunha situación económica grave levan a poboación galega a emigrar. Paralelamenteprodúcese unha importante renovación nanarrativa galega, coa incorporación dun novo grupo de escritores que pretenden superar os modelos existentes e introducir novos temas,publican na colección “Illa Nova” de Galaxia e participan nas Festas Minervais e nas novas organizacións políticas difundindo o seu pensamento existencialista, marxista e nacionalista galego. Esta Nova Narrativa Galega coñécese como o conxunto de obras datadas entre 1954 (publicación de Nasce un árbore, de R. Mourullo) e 1969 (publicación de Cambio en tres, de Carlos Casares). Outros consideran que remata en 1970 coa publicación de O camiño de abaixo, de Xohán Casal /-/ Nas característicasxerais desta narrativa destacan:o emprego de distintas técnicas narrativas que favorecen o distanciamento do narrador e a aproximación ao personaxe, entre elas a técnica cinematográfica, o obxectalismo, o monólogo interior, a técnica epistolar e a desaparición do narrador omnisciente en beneficio do narrador en primeira persoa e do multiperspectivismo.O espazo son ambientes urbanos, claustrofóbicos e sórdidos, e hai unha distorsión temporal a través da xustaposición de planos temporais ou da ruptura do discorrer lineal do tempo, particularmente no tempo detido e na sensación de estancamento. Os personaxes son antiheroes cunha vida atormentada na que son incapaces de tomar a iniciativa e a miúdo inmersos na loucura. Temática existencialista centrada na angustia vital e no absurdo da existencia. Visión pesimista e desesperada da realidade franquista, centrando na súa produción unha sociedade opresiva e terrorífica /-/ Destacan os seguintes autores con cadansúas obras: Mourullo, Memorias de TainseNasce un árbore, composta por tresrelatos: “A capela enmeigada”, “O relox” e “Tres homes”. Méndez Ferrín, crítico literario e articulista, fundador do grupo Brais Pinto, da UPG e da revista de pensamento A Trabe de Ouro. EscribiuO crepúsculo e as formigasePercival e outras historias,obra que contén catorce relatos de fantasía e misterio nos que aparece o tema artúrico.Camilo González Suárez-Llanos publicouComa calquera outro díae Lonxe de nós e dentro, novela composta por 5 relatos nos que se reflexionan sobre a morte e a condición humana e se utiliza o narrador omnisciente e a narración obxectiva con moito uso do diálogo. María Xosé Queizán, ligada ao nacionalismo e pioneira do movemento feminista galego, escribe A orella no buraco, novela escrita coa técnica obxectalista, sen unha orde temporal lóxica e cunha narración de estrutura circular (o final enlaza co inicio). Xohana Torres,Adiós María, obra na que se emprega o monólogo interior e o tratamento do tempo, con abundantes saltos e anacronías. Por último, Carlos Casares, xornalista en La Voz de Galicia e director da editorial Galaxia, escribe Cambio en treseVento ferido, 12 contos ambientados nun marco plenamente galego, co uso do monólogo interior e o obxectalismo /-/ En conclusión, esta Nova Narrativa Galega pretende renovar os modelos existentes e introducir novos temas, destacan autores como Mourullo ou María Xosé Queizán.

Entradas relacionadas: