A Xeración dos 80: Autores Clave do Grupo de Amor e Desamor

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,45 KB

A Xeración dos 80

Destaca o Grupo de Amor e Desamor, integrado polos seguintes autores:

- Pilar Pallarés

É unha poetisa que gañou o Premio Nacional de Poesía 2019 pola súa obra Tempo fósil. Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en diversas revistas, como Grial. Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco, converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Actualmente traballa como profesora de literatura galega na Coruña.

- Lois Pereiro

Foi un escritor e poeta galego que comezou a escribir con 15 anos. Estudou lingua inglesa, francesa e alemá en Madrid, onde fundou a revista Loia. Máis tarde marchou vivir á Coruña, onde se uniu á revista La Naval e entrou en contacto cun grupo de poetas. Posteriormente viaxou por Europa e traballou como tradutor. Publicou dous poemarios: Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade. Morreu debido a unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.

- Miguel Anxo Fernán-Vello

É un escritor e editor que realizou estudos de Música, Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Coruña e en Santiago. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación Galega da Lingua. Fundou a editorial Espiral Maior (nome dunha das súas obras) e foi cofundador das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer tras gañar o VII Premio Modesto R. Figueiredo co relato Anti-memoria dun día. Ademais, saíu elixido deputado por Lugo. Tamén destaca a súa obra Seivas de amor e tránsito.

- Manuel Rivas

É un escritor, poeta, ensaísta e xornalista, membro da Real Academia Galega. É considerado na actualidade como o escritor galego con máis proxección internacional, revolucionario da literatura galega contemporánea e comprometido coa súa terra, coa súa cultura e coa catástrofe do Prestige, sendo membro de Greenpeace. Comezou a colaborar no Ideal Gallego aos 15 anos e estudou Ciencias da Información en Madrid. Tomou parte en diversos medios de comunicación, como o Diario de Galicia e en varias revistas, como A Nosa Terra. Tamén foi cofundador da revista Luzes. Deuse a coñecer grazas ao grupo poético Loia e publicou Mohicania e O Pobo da Noite.

Entradas relacionadas: