Xeografía de España: Relevo e Litoloxía

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,94 KB

Curva de nivel: Liña que nun mapa une todos os puntos que teñen igualdade de condicións e de altura ou cota.

Perfil topográfico: Liña que representa as variacións altitudinais do relevo e as súas formas nun mapa topográfico.

Zócolo: Relevo de chaira ou de meseta formado durante a Era Primaria ou Paleozoica. É o máis antigo da Península e está formado por rochas moi ríxidas que, cando hai movementos internos da Terra, non se pregan senón que se fracturan en bloques. Fálase do antigo Zócolo Herciniano.

Macizo: Relevo montañoso compacto, uniforme nas súas características e de límites ben definidos. En España destacan o Macizo Galaico-Leonés ou o Macizo do Aneto nos Pireneos.

Meseta: Superficie chá de importante extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes xeográficos de importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. Na península Ibérica destaca a Meseta Central ou Ibérica.

Cordilleira: Serie de montañas formadas por movementos oroxénicos, que pregaron e fracturaron os materiais que as compoñen, e onde o conxunto presenta características xeolóxicas e estruturais comúns. En España destacan as cordilleiras Béticas, a cordilleira Cantábrica ou os Pireneos.

Serra: Termo utilizado para designar unha liña de cordilleiras de dimensións relativamente pequenas e de cristas dentadas, orixinadas por pregamento. Algúns exemplos son Serra Nevada, Serra Morena, Serra de Ronda, Serra de Cazorla ou de Segura, entre outras.

Páramo: Superficie de erosión caracterizada por unha, máis ou menos, elevada altitude, cunha clara tendencia á planitude e por unha escasa vexetación. Desta superficie hai exemplos na Submeseta norte.

Campiña: Chaira baixa e suavemente ondulada, percorrida por un río, que se forma onde os páramos foron erosionados e afloran estratos de niveis inferiores. Hai campiñas nas concas fluviais da Meseta Ibérica.

Costa: Espazo lindante entre mar e terra en continua transformación pola acción de diversos factores (correntes mariñas, ondas ou abrasión). En España as costas presentan diferentes aspectos, desde rectilíneas e extensas na zona andaluza mediterránea, ata recortadas na costa cantábrica e galega cunha importante presenza de rías.

Erosión: Conxunto de procesos que actúan sobre a superficie terrestre e modifican as forzas creadas pola oroxenia e a tectónica tendendo a igualar o relevo.

Sedimentación: Acumulación de material de orixe detrítica, química ou orgánica, nun medio mariño ou continental, que condiciona as súas características, na maioría dos casos despois de ser transportado a un medio diferente do seu lugar de orixe.

Glaciar: Masa de xeo acumulada por riba da liña de neves perpetuas, desde onde se despraza val abaixo, por acción da gravidade, en forma de lingua ata que a ablación o vai consumindo. Aragón alberga no Pireneo os últimos glaciares que quedan en toda a Península Ibérica.

Morena: Acumulación de fragmentos de rochas (bloques, cantos, gravas) e arxilas transportados e depositados por un glaciar. Distinguimos varios tipos en función do lugar que ocupan no glaciar: morena lateral, morena central, morena interna, de fondo e frontal ou terminal.

Eólico: En xeomorfoloxía, relativo aos procesos e formas nos que intervén o vento (erosión eólica, depósito eólico...). A erosión de sistemas montañosos é levada a cabo polo vento entre outros factores.

Aluvión: Material, case sempre detrítico, que presenta calibre diverso (cantos, gravas, areas,…) e forma parte de depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estes contribúen a depresións coma as do Ebro e Guadalquivir.

Duna: Acumulación individual de area que constitúe un relevo característico de medios desérticos e litorais. Temos exemplos na propia Galicia como as dunas de Corrubedo, na Coruña.

Na Península distínguense tres grandes zonas litolóxicas, que se corresponden con áreas estruturais de formación e historia diferentes:

A Iberia silícea (España Occidental) ocupa o terzo occidental da Península: o zócalo da Meseta, o Macizo Galaico, o Sistema Central, os Montes de Toledo e Serra Morena máis algúns puntos na zona axial dos Pireneos, os altos cumes de Serra Nevada e núcleos illados do Sistema Ibérico. Estruturalmente esta zona correspóndese coa Iberia dos macizos antigos. Xa que logo, está formada por materiais paleozoico-hercinianos e algúns precámbricos como o granito, gneis, cuarcitas, lousas, mármores, etc.

Este material dá lugar a formas falladas, pero sempre moi erosionadas. Así nos atopamos con penechairas, mesetas.

A Iberia calcaria está formada por sedimentos mesozoicos que se pregaron na Era Terciaria. Os terreos calcarios forman na península unha Z invertida que se estende por Pireneos, Montes Vascos, Sistema Ibérico, parte oriental da Cordilleira Cantábrica, parte da Cordilleira Costeiro Catalá e as Cordilleiras Béticas. Predominan as rochas calcarias, aínda que tamén abundan conglomerados, pedras de gra e margas.

Estruturalmente correspóndese con cordilleiras modernas, formadas durante a oroxenia alpina. Son, xa que logo, relevos caracterizados polas grandes alturas e as acusadas pendentes e desniveis.

A topografía da área procede das características da rocha calcaria. Esta é unha rocha dura, por iso é polo que os ríos forman gargantas profundas, pero tamén é unha rocha permeable, o que orixina unha típica paisaxe kárstica (estalactitas, estalagmitas, dolinas,).

A Iberia arxilosa constituída por materiais sedimentados moi pouco resistentes á erosión como arxilas, margas, xesos, etc. que se depositaron a finais da Era Terciaria e durante a Era Cuaternaria. A área arxilosa esténdese polas concas sedimentarias interiores do Douro, Texo e Guadiana, e polas depresións exteriores, Ebro e Guadalquivir, foxas interiores das Cordilleiras Béticas, chairas da Submeseta Norte e Sur e chairas aluviais costeiro-mediterráneas.

O relevo arxiloso é basicamente horizontal de chairas e páramos xa que son terreos non afectados por pregamentos posteriores e se erosionan rapidamente pola brandura dos seus materiais, por iso, nos medios semiáridos a erosión pode orixinar unha densa rede de barrancos coñecidos como cárcavas e badlands.

A topografía caracterízase por unha paisaxe de suaves ondulacións. É a paisaxe de campiña, terreos arxiloso-areosos, moi bos para a agricultura, que ten o seu modelo máis representativo nas provincias de Córdoba e Sevilla.

Entradas relacionadas: