Vulgarismos galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,78 KB

A Guerra Civil española  afectou de maneira directa ao proceso de emerxencia que o galego vivira no primeiro terzo do s. XX. O Estatuto de Autonomía que establecía a cooficialidade da lingua galega, non chega a entrar en vigor. Todos os esforzos de recuperación lingüística e identitaria do período
1916-1936 son eliminados, ben pola represión dos protagonistas (Ánxel Casal, Alexandre Bóveda...), ben polo exilio forzado (Castelao) ou o silencio do exilio interior (Pedrayo) dos líderes galeguistas.Neste período o galego desaparece practicamente da escrita e trasládase á Galicia do exilio.A estrea de Os vellos non deben de namorarse ou a publicación de Sempre en Galiza de Castelao son boa mostra desta actividade cultural. Na Galicia dos anos corenta a promoción pública do idioma é mínima: os libros publicados son poucos e de escaso valor literario. Nos anos 50, tralo ingreso de España na UNESCO, as medidas represivas contra o galego atenúanse. Isto permite a aparición de Bibliófilos Gallegos en Santiago, a Editorial Monterrey de Xosé María Álvarez Blázquez , pero sobre todo a fundación da Editorial Galaxia.Nos anos sesenta xorden por toda Galicia asociacións culturais que terán un papel fundamental na defensa da cultura propia e na recuperación da autoestima lingüística. Destacan O Galo e O Facho. É tamén nos anos sesenta cando comezan a organizarse partidos políticos galeguistas que desde a clandestinidade denunciarán a represión lingüística e defenderán a oficialidade do galego. O galego convértese así na lingua vehicular dos grupos de oposición á ditadura e propiciará que mozos de formación universitaria e co castelán como lingua inicial recuperen a lingua materna. Acontecementos sinalados desta década son tamén: a instauración pola Real Academia Galega do Día das Letras Galegas.A dos setenta, cando se produzan cambios significativos na situación do galego, pois coa Lei Xeral de Educación  permitirase o estudo das denominadas “linguas vernáculas” nos centros de ensino. A morte do ditador  e a chegada da democracia incrementarán as posibilidades sociais do idioma. Un ámbito no que o galego vai experimentar un cambio considerable será o da investigación científica sobre a lingua.Hai outros factores, ademais da represión e propaganda franquista, que repercutirán negativamente na consideración social do galego: ensino,medio de comunucación e emigración.No período 1936-1975 consolídanse algúns dos trazos básicos da convención ortográfica moderna. O cambio máis visible é, se cadra, a supresión da maioría dos diacríticos que inzaban os textos de preguerra como marca de encontros gráficos e fonéticos. Esta tendencia irase consolidando nas décadas posteriores ata chegar aos anos setenta como unha tendencia gráfica consolidada e de uso xeral. Desta maneira, o apóstrofo (n'outras, n'un), o guión (d-este, co-a), o acento grave (à, às) e o acento circunflexo (sô, pôr) que caracterizan a imaxe gráfica dos documentos do século XIX e do primeiro terzo do XX irán sendo eliminados nestes anos ata chegar á ortografía depurada de diacríticos que caracteriza a escrita actual: noutras, nun, deste, coa, á, ás, só, pór.No relativo á morfosintaxe, atopamos nos escritos a variación dialectal.Canto ao léxico, ao igual que na época anterior, continúa a presenza de arcaísmos,lusismos,hiper...O galego escrito neste período recibe o nome de galego protoestándar.

HN:Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar -a que se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas- contribúe a frear esa dispersión. A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.A maioría das linguas ROMánicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esa tarefa –imprescindíbel para a súa normalización social- ata o s. XIX, cos autores do Rexurdimento. Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas: a)
Galego popularizante (ata fins do s. XIX). Non existe realmente unha intención normativizadora, utilizan o galego oral no seu rexistro popular, cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos. B)
Galego enxebrizante (ata 1936). Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán. As características máis salientábeis son:- Busca dun galego supradialectal.- Eliminación de castelanismos.- O portugués é o seu modelo de lingua culta. C)
Galego protoestándar (ata fins dos 70). Medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego.  d)
Galego estándar (ata a actualidade). O mellor coñecemento lingüístico axuda a atopar solucións apropiadas para as interferencias e desviacións que aparecían nas etapas anteriores. As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. Chamámoslle desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos). 

Entradas relacionadas: