Vogais abertas e pechadas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,61 KB

1. A ACENTUACIÓN

  • Os hiatos de dúas vogais  abertas seguen as normas de acentuación; os de dúas pechadas  levan sempre til na segunda   ; os de pechada e aberta levan sempre til na pechada   (feo, aéreo, ruína, oído, raíz).

  • Os ditongos  seguen as normas de acentuación (canción, Paulo).

  • As palabras agudas levan til cando rematan en VOGAL, N, S ou  ns  ; excepto se rematan en ditongo decrecente   (xamais), ditongo homoxéneo  (fuxiu) ou tritongo  (Uruguai).

  • Os adverbios rematados en MENTE non levan til porque son palabras  graves  rematadas en vogal.

  • Os monosílabos só poden levar til diacrítico.

  • Se un til diacrítico recae sobre un O ou sobre un E, este pronúnciase aberto  .

  • Só os pronomes persoais NÓS e VÓS poden levar til diacrítico. Isto ocorre cando equivalen a nosoutros   e vosoutros  

  • Os interrogativos/  exclamativos (que, como, cando...) e os  demostrativos (este, ese, aquel), non levan nunca til diacrítico.

1. A unidade mínima da lingua oral é o fonema . Os fonemas represéntanse na lingua escrita por medio das letras , que son as unidades mínimas da lingua escrita.

Do estudo dos fonemas, ocúpase a fonoloxía ; do estudo das letras ocúpase a ortografía .

2. As unidades mínimas con significado son os  monemas . Estes poden ser de dous tipos: lexemas , se teñen significado léxico, ou morfemas , se teñen significado gramatical.

3. A  palabra é unha unidade lingüística autónoma formada por un ou máis monemas

Do estudo das palabras ocúpanse a  morfoloxía  (que atende á súa forma), a semántica  (que atende ó seu significado) e a sintaxe  (que atende á súa función).

4. As palabras agrúpanse en frases   ou sintagmas  , unidades que desempeñan unha función (suxeito, c. Directo...) dentro da oración.

5. A  oración  é a unidade lingüística con sentido completo e con verbo

6. O texto  é unha unidade lingüística con sentido. Pode estar constituído por unha

palabra por unha frase  ou  sintagma  por unha oración  ou por un conxunto delas

Entradas relacionadas: