Vocabulario Técnico: Debuxo, Náutica e Cómic
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,89 KB
Material de debuxo
- Espátula: Instrumento formado por un mango e unha lámina, polo xeral de metal e aplanada.
- Estoxo: Caixa especialmente disposta para gardar ou protexer os materiais de debuxo.
- Pincel: Instrumento para pintar, máis fino ca a brocha, cuxo extremo ten un feixe de pelos.
- Escuadra: Instrumento con forma de triángulo rectángulo, que serve para trazar liñas ou medir ángulos rectos.
- Tiraliñas: Instrumento para trazar liñas, provisto dun cabo e dúas láminas de metal rematadas en punta cun oco entre elas que se carga de tinta.
- Portaminas: Utensilio de metal ou plástico que contén no seu interior minas de grafito que se poden recambiar.
- Rotulador: Utensilio para escribir ou debuxar que, en contacto co papel, deixa un trazo xeralmente groso.
- Regra: Instrumento longo e estreito que se utiliza para trazar liñas rectas.
- Lapis: Instrumento para escribir, pintar ou debuxar formado por unha fina barra de grafito.
- Paleta: Tábua pequena cun burato no medio para pasar o polgar, onde o pintor mestura as cores.
- Goma: Anaco de caucho que serve para borrar.
- Compás: Instrumento composto por dous brazos que serve para trazar curvas e para medir ángulos.
- Cartabón: Instrumento para debuxar que ten forma de triángulo rectángulo.
Terminoloxía náutica
- Baliza: Bola que marca o percorrido nunha regata.
- Temón: Instrumento que serve para gobernar un barco, submarino ou avión, facendo que se mova dun lado a outro.
- Pairar: Facer que un veleiro se quede case inmóbil.
- Calado: Distancia entre o fondo da quilla e a superficie da auga.
- Barlovento: Lugar ou parte desde onde sopra o vento.
- Calabrote: Corda grosa de nove cordóns trenzados de tres en tres.
O cómic
Narración ilustrada na que se combinan imaxes e texto; combínase a linguaxe icónica coa verbal ou literaria.
- As imaxes: Amosan as accións realizadas polos personaxes (función narrativa principal).
- O texto: Breves diálogos dos personaxes e cartelas que dan voz ao narrador.
A historia cóntase en viñetas que presentan distintos momentos da acción. Entre elas poden producirse elipses, saltos temporais nos que se omiten sucesos.
A linguaxe do cómic
Planos
- Plano xeral: Personaxes e o espazo no que se sitúan.
- Plano enteiro: Os personaxes están de corpo enteiro.
- Plano americano: Os personaxes aparecen cortados á altura dos xeonllos.
- Plano medio: Personaxes cortados pola cintura; o lector concéntrase na súa expresión.
- Primeiro plano: Aparece o rostro do personaxe.
- Plano detalle: Aparece un anaco dun corpo ou dun obxecto; o lector fixa ben a súa atención nel.
Encadramentos
- Normal: Altura dos ollos.
- Picado: Escena vista desde arriba.
- Contrapicado: Desde abaixo cara a arriba.
Outros recursos
- Bocadillos: Reproducen o que os personaxes falan ou pensan.
- Onomatopeas: Representan os ruídos que se producen.
- Liñas de movemento: Traxectoria dun personaxe ou obxecto; sensación de movemento.
- Metáfora: Estados de ánimo, sensacións...
- Xestos: Sentimentos e actitudes.