Vocabulario galego: Termos de xeografía e tempo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,45 KB
Vocabulario de xeografía e paisaxe
- Pedregal: (de pedra). Lugar cheo de pedras; lareiro, pedral, pedregueira, pedreira.
- Penedo: (de pena). Pedra grande que sobresae da superficie da terra ou do mar; pena.
- Regueiro: (de rego). Curso de auga pouco abundante; regacho, regato, rego, regueira.
- Ribeira: (lat. riparia). 1. Beira do río, dunha ría ou do mar. 2. Terra baixa próxima a un río; veiga.
- Seara: (prob. célt. *senara “campo que se labra á parte”). 1. Extensión grande de terras de cultivo, cerradas cun valado exterior, e de propiedade colectiva; agra, senra. 2. Monte cavado onde se sementa o trigo; estivada, roza, senra.
- Souto: (lat. saltu). 1. Terreo poboado de castiñeiros; castañal, castiñeira. 2. Terreo poboado de árbores, en especial de carballos e castiñeiros.
- Teso: (lat. vg. tesu). 1. Monte alto e bravo. 2. Monte de cume alongado.
- Touza: (prerrom. *taucia “cepo”). 1. Monte poboado de carballos. 2. Cepa que queda dunha árbore despois de ser cortada; touceira. 3. Terreo sen cultivar que está cheo de mato; bouza, poula, touceira. 4. Conxunto de peixes dunha mesma especie que viven ou se desprazan xuntos; banco, bandada, cardume, manda. Pl. 5. Rochas esparexidas pola praia.
- Val: (lat. valle). Depresión alongada inclinada cara ao mar e entre montañas.
Vocabulario cronolóxico
- Adiar: (de a + día). Deixar para outro día. SIN: aprazar, atrasar, delongar, demorar, pospoñer, pospor, postergar, retardar.
- Calendas: (lat. calendas). 1. Primeiro día de cada mes no antigo calendario romano e no eclesiástico. 2. Tempo, época.
- Coevo: (lat. coevum). Dise das cousas que son da mesma idade ou época. SIN: contemporáneo.
- Cotián: (lat. quatianum). Diario, de cada día. Cast.: diario, Fr.: quotidien, In.: daily.
- Cronoloxía: (gr. chronología). Orde dos acontecementos no tempo.
- Cronometría: (gr. chronometría). Estudo das medidas do tempo.
- Diacronía: (gr. dia + chronos). Desenvolvemento ou sucesión de feitos a través do tempo.
- Efémero: (gr. efémeros). 1. Que ten a duración dun só día. 2. De curta duración, que pasa rápido. SIN: breve, fugaz, fuxidío, pasaxeiro. Cast.: fugaz, Fr.: fugace, In.: fleeting.
- Lustro: (lat. lustro). Período de tempo que dura cinco anos.
- Intempestivo: (lat. intempestivu). 1. Que está fóra do tempo axeitado. 2. Que molesta por ser inoportuno.
- Intre: (lat. interim). 1. Punto preciso no tempo. SIN: Neste momento. 2. Espazo moi breve de tempo entre dous momentos. SIN: intervalo.
- Inveterado: (lat. inveteratu). 1. Moi antigo, moi vello. 2. Moi arraigado.
- Sazón: (lat. sationem). Ocasión ou tempo oportuno para facer algo.
- Idos: (lat. ídios). No antigo cómputo romano e no eclesiástico, o día 15 de marzo, maio, xullo e outubro, e o 13 dos demais meses.
- Serodio: (lat. serotium). Que vén, sucede ou ocorre máis tarde do normal ou despois do momento preciso.
- Sincronía: (de sin + gr. kronos). Feito de ocorreren varias causas ao mesmo tempo, de coincidiren no tempo.
- Véspera: (lat. vespera). Día inmediatamente anterior a outro determinado. Cast.: víspera, Fr.: veille, In.: eve.
- Xacando: (de xa + cando). 1. Noutro tempo, noutrora, antano. 2. Por aquel tempo. SIN: daquela, entón.
- Xeira: (lat. diariam). 1. Traballo feito nun día. 2. Xornada de traballo.
- Xornal: (lat. *diurnale). 1. Paga dun obreiro por un día de traballo; xeira. 2. Publicación diaria, diario.