Vocabulario Esencial y Recursos Literarios en la Literatura Gallega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,35 KB

Expresións Literarias

  • “Morrer de amor”: O desexo de morrer significa a aceptación de que a morte pode liberar o namorado dos sufrimentos causados polo amor non correspondido.
  • “A Rosa dos ventos indica cara ao esquecemento”: Interprétase que estamos perdidos ou desorientados.

Definicións de Termos Literarios e Conceptos

Figuras e Recursos

  • Quiasmo: Figura mediante a cal se invirte a orde de termos de dúas estruturas paralelas seguidas.
  • Cobra: Estrofa empregada na lírica trovadoresca, que constituíu unha unidade poética e musical integrada por un número variable de versos.
  • Leixaprén: Recurso das cantigas medievais baseado na repetición de versos (o 2º verso da 1ª estrofa é o 1º verso da 3ª estrofa).
  • Refrán: Repetición regular ao final das estrofas.
  • Dístico: Estrofa de dous versos.
  • Versos isosilábicos: Os que teñen todos a mesma medida.
  • Versos anisosilábicos: Os que teñen diferente medida.

Vocabulario e Natureza

  • Gándara: Terreo húmido e improdutivo en que crece maleza.
  • Bido (Bidueiro): Árbore betulácea que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas.
  • Louzán (Vizoso): De aparencia fermosa e saudable.
  • Mámoa: Sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra.
  • Mato (Matogueira): Conxunto espeso de matas, maleza ou restos vexetais, como toxos, silvas, etc.
  • Agro: Terreo de cultivo.
  • Vizoso: Que ten vexetación ou produción abundantes.

Accións e Estados

  • Cribar (Depurar): (Figurado) Limpar de impurezas ou defectos.
  • Albear: Tornarse ou mostrarse branco ou claro.
  • Esvaer (Disipar): Diminuír a intensidade, facer desaparecer.
  • Ouvir: Oír.
  • Arrolar: Balancear nun berce para adormentalo.
  • Serán: Parte do día desde o pór do sol ata a noite.
  • Agarimoso: Que sente ou trata con agarimo.
  • Agarimo: Sentimento de simpatía ou afección.
  • Babión: Parvo, bobo.

Terminoloxía Náutica e Outros

  • Poldro/a: Cabalo ou egua desde que nace ata que muda os dentes, o que ocorre arredor dos catro anos.
  • Paquebote (Paquete): Buque para o transporte de pasaxeiros e correo.
  • Sotavento: Lado da embarcación oposto a aquel do que sopra o vento (Barlovento).
  • Singradura: Distancia que percorre un barco en 24 horas ou tempo que dura a viaxe dunha embarcación.
  • Estantío: (Castelanismo) Estancado, detido no seu curso, pausado, tibio, frouxo e sen espírito.
  • Meigo (Feiticeiro): Que enfeitiza ou atrae.
  • Trobeiro: Poeta medieval.
  • Feitizo: (Figurado) Cousa que fascina e atrae.
  • Pailebote: Barco de vela.

Entradas relacionadas: