vocabulario

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,79 KB

Tema 5

1.- TRIBUNA: galería sobre a nave lateral dun templo onde poden aloxarse os fieis

2.- CIBORIO: construción elevada sobre o cruceiro, que habitualmente ten forma de torre de planta cadrada ou octogonal.

3.- ÁBSIDA: [p] parte da igrexa situada na cabeceira. Xeralmente ten planta semicircular e adoita ir  cuberta con casquete de cuarto de esfera. Tamén pode presentar planta poligonal. Pode contar, si é suficientemente grande, con deambulatorio e capelas absidiales.

4.- DEAMBULATORIO: corredor que rodea a parte traseira do presbiterio. É a prolongación das naves laterais e só excepcionalmente dáse sen elas. Desde este corredor pódese acceder as capelas absidiales (absidiolos)

5.- FRESCO: técnica artística que consiste en pintar sobre un muro cunha ou varias capas de argamasa sobre a que se colocaba unha fina capa de xeso.

6.- CLAUSTRO: galería cuberta ao redor dun patio xeralmente cadrado. Estes dous espazos están separados por arquerías. Adoita estar adxacente a igrexa e formando parte dun complexo maior como unha Catedral ou mosteiro.

7.- HORROR VACUI: tendencia nas artes a non deixar un espazo sen decorar

8.- REFECTORIO: comedor dos mosteiros

9.- PANTOCRATOR: representación de Cristo triunfante, sentado, cos Evanxelios na man esquerda e a dereita en actitude de bendicir. Atópase en moitas ocasións rodeado do tetramorfos.

10.- TETRAMORFOS: conxunto de símbolos  dos catro evanxelistas que rodean o pantocrator.
O home representa a San Mateo, o boi a San Lucas, o León a San Marcos e aguia a San Xoán.


Entradas relacionadas: