Versos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,98 KB

Eduardo Pondal (1835-1917),Natural de Ponteceso (A coruña). -A poesia de Eduardo Pondal. Os textos poéticos fundamentais do autor son Queixumes dos pinos (1886) e o poema épico inacabado Os Eoas.-Pondal Manifesta na súa obra unha maior preocupación póla construcción formal do poema e emprega unha língua mais depurada e elaborada.-Na ``Química´´ poética do bardo combínase unha chea de referencias e ingredientes axeitadamente salferidos e combinados dando lugar finalmente a un texto mítico e prodixioso para o lector, membro tamén desa tribo-patria que Pondal Constrúe. Adubíos:-Celtismo: O heróico pasado celta galego e un argumento de identidade empregado por pondal nos seus textos.-Bardismo: O bardo, co que o próprio autor se identifica, é o profeta e guia espiritual do seu Pobo. Representa a conciencia da raza.Nun dos poemas do autor faise unha descrición dun bardo.-Helenismo: A referencia ao mundo clásico, en particular a cultura grega e aos seus valerosos heroes, é outro elemento recorrente na obra de Pondal. Aparecen nos poemas topónimos gregos (Thermópilas..) e personaxes míticos da Grécia antiga (Tyrteo..)-Amais destes tres trazos xerais e mais evidentes, todo  o contorno natural é significante e operativo no poema de Pondal.A natureza intervén na construción dun discurso plural é  Global, que comunica e integra o individuo coa terra. O escenario é absolutamente bergantiñán, como se reflecte na toponinia:Salvaxe Val de Brantoa. O poeta invoca nos seus versos todos estes elementos. Ten unha visión da natureza transcendente, como lugar onde se produce a revelación (Espazo visionário). Ej: Tamén se pode interpretar a Pondal como poeta civil, a súa poesia e unha defensa do pasado glorioso e dun futuro que deberá recuperar os sinais dese pasado, fronte a un triste e miserábel presente.É,neste sentido unha poesia de denuncia.Todos os elementos que levamos nomeados están presentes com claridade nos Quixumes dos pinos.O poeta traballou tamén incansabelmente ao longo da súa vida na composición do longo poema. Os Eoas, que non chegou a Publicar.A obra de Pondal ten numerosos admiradores e continuadores na fin do século. O autor mantiña aberto un faladoiro baixo suxestivo nome de A cova Céltica, ao que asistían moitos intelectuais e escritores da época: Manuel Murguía,Lugrís Freire.... En definitiva, coa súa obra Eduardo  Pondal crea un universo poético inxplorado e abre unhas claves estéticas descoñecidas, aumentando tamén significativamente as posibilidades literárias da nosa língua.Cuadrado: O noso bardo é tamén o autor da letra do himno Galego, a partir do poema Os Pinos, composto cara a 1890 e musicado por Pascual Veiga. Esta composición de Pondal e Veiga foi estreada oficialmente no ano 1907 no gran teatro da Habana.



Manuel curros Enríquez (1851-1908) Interpreta a poesía como compromiso cos oprimidos e introduce esa dimensión no noso sistema literario.Representa, a entrada da voz civil na literatura Galega,superando os modelos costumistas, tan frecuentes no século XIX.-1880 Aires da miña terra: A obra componse dunha introdución seguida dun conxunto de 35 poemas algúns deles (Cántiga, a virxe do Cristal, Unha boda de Einibó, O gueiteiro) Foran A maior parte dos textos que conforman Aires da miña terra, responden a unha voz civil ou social comprometida cos oprimidos e que reflicte a situación de atraso,miseria e inxustiza que sofre Galiza na época Ej: Poema do Maio. - O poeta constrúe un discurso crítico, que reproduce a situación de explotación e miseria que sofre o labrego galego e introduce tamén dúas constantes na obra do autor: O anticaciquismo e o anticlrericalismo. Esta é a liá poético principal no libro e aparece en moitos poemas (Sinalamos outras): 1- Poemas de caracter costumista: Reflicten costumes, tipos populares ou estampas da época.- 2 Poemas circunstanciais, asociados a momentos na vida do autor. (1888) O Divino sainete Curros Inicia a corrente Satírica dentro de literatura Galega moderna. Unha Sátira é un poema que censura vicios ou defectos concretos ou ben pon en ridículo a personas e a cousas.Curros baseándose na Divina Comedia do clasico Italiano Dante Alighieri. O libro suón un ataque Frontal contra a igrexa no seu conxunto e ten un claro posicionamento anticlerical, pero tamén é un ataque individual contra determinadas persoas (Emilia pardo)..

Entradas relacionadas: