Variedades dialectais e normalización da lingua galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,39 KB
A riqueza das variedades dialectais do galego
As variedades dialectais son tamén un reflexo dos trazos socioculturais e de identidade do territorio no que se falan e teñen moita importancia na conformación da lingua estándar. A lingua estándar "bebe" das variantes dialectais.
A pesar da grande unidade do galego falado, diferéncianse tres grandes bloques dialectais baseados na isoglosa do plural:
- Bloque oriental: caracterízase polo uso do plural en -is (cais, pantalois), o sufixo -ín (camín, paxarín), a presenza do grupo -ua- (cuatro, cuando) e formas como baxo ou caxa, con áreas como a asturiana, ancaresa e zamorana que presentan trazos propios.
- Bloque central: presenta o non seseo (luz, dez), o sufixo -ao (mao, irmao), o plural en -s (cas, leós) e algunha gheada, con áreas como a mindoniense e a lucu-auriense.
- Bloque occidental: destaca pola gheada (logho, amigha), o seseo total (disir, cosiña, des), o sufixo -án (irmán, chan) e o plural en -ns (uns, algúns), incluíndo áreas como a fisterrá, a bergantiñá e a do Baixo Miño, con fenómenos como o cheísmo ou o teísmo.
En conclusión, a variedade lingüística do galego non só non é un problema, senón que constitúe unha riqueza que debe ser valorada e conservada, xa que forma parte da identidade cultural e contribúe á formación e enriquecemento da lingua estándar.
Factores negativos para a normalización
Pero segue habendo factores negativos que afectan ao proceso de normalización:
- A perda continuada de falantes e a ruptura da transmisión xeracional da lingua é o fenómeno máis preocupante que está a vivir o noso idioma.
- O galego vese desprazado tamén de usos e ámbitos que mantiveron a súa vitalidade ata os nosos días: o ámbito rural e os usos coloquiais, familiares ou laborais.
- A resistencia dalgúns prexuízos lingüísticos vellos a desaparecer e o nacemento doutros novos.
- O incumprimento total ou parcial da normativa legal establecida.
- Hai ámbitos nos que o proceso normalizador non avanza como era de agardar: nos ámbitos sanitario e xudicial; na empresa privada (comercio, publicidade), na Igrexa e no ocio (música, cine, deporte).
Estratexias para a normalización lingüística
Nesta situación, para acadar con éxito a normalización do galego, cómpre a intervención dos diferentes sectores sociais:
- Acción das institucións públicas: (Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Parlamento, Universidade, deputacións, concellos…). As institucións públicas deben garantir o uso e promoción da lingua a través dos plans de normalización.
- Acción de colectivos non institucionais: Xurdiron moitos colectivos que impulsan a normalización lingüística; unha das máis importantes é A Mesa pola Normalización Lingüística.
- Acción individual.
A normalización nos medios de comunicación
A normalización neste ámbito está moi lonxe de acadarse. No ámbito dos xornais impresos só temos Nós Diario, e algúns como Praza Pública ou Galicia Confidencial en formato dixital. O galego nos xornais de máis tirada aparece en humor gráfico ou opinión. A televisión e a radio galega non emiten contidos atractivos para a meirande parte da poboación. No 2024 creouse a plataforma agalega.gal, con contidos de ficción, cine, series e animación en aberto e gratuítos.
Medidas para a normalización lingüística
- Inmersión lingüística en galego no ensino.
- Axudas ao emprego do galego no eido empresarial, especialmente entre a mocidade emprendedora.
- Mellorar e ampliar a oferta de lecer infantil e xuvenil en galego na TVG e na RG.
- Promover unha oferta ampla e diversificada de produtos lúdicos en galego (mundo dos videoxogos).
- Establecemento de acordos para dispoñer dunha oferta abonda e competitiva de produtos culturais e audiovisuais en galego traducidos ou subtitulados, con especial atención aos de grande éxito internacional.
- Potenciación das redes sociais como canle prioritaria de divulgación en galego.