Variedades da cantiga de amigo

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,6 KB

O nacemento da nosa literarura


Ogalego coñece un momento de esplendor literario no século XIII(idade de ouro).A lírica galego-
Portuguesa nace e desenvolvese nos mesmos séculos en que Portugal inicia a súa formación como reino independente, pero é anterior á divisiónn lingüística entre galego e portugués.
O mundo medieval galego
Despois da invasión árabe, comenza a progresiva feudalización da sociedade bipartita na cal existen 2 estamentos ben diferenciados:o dos señores, e o dos labradores.Nos séculos XII e XIII, Galicia atravesa unha etapa histórica de gran desenvolvemento,e os seus efectos maniféstanse no crecemento da poboación, na expansión da agricultura e na difusión do fenómeno urbano, que impulsa unha nova clase social,: a burguesía(constitída polo artesanado das cidades)
A poesía galego-portuguesa e o lirismo provenzal
O motivo determionante de q naza a literatura galega escrita a comenzos do século XIII é a chegada do lirismo provenzal.Os primeiros trobadores galegos comenzan imitando a moda literaria que vén de Provenza,pero inmediatamente incorporan ao seu repertorio cantigas de tipo tradicional galego, a imitación das que cantaba o pobo e que se viñan conservando por tradición oral.Na nosa lírica medieval hai un tipo de cantigas que responden á adaptación da lírica provenzal e outro tipo que é autóctono e que reflicte unha tradición oral anterior.
A chegada do lirismo provenzal
A cultura trobadoresca converteuse nunha moda que traspasou os Pirineos e chegou a Galicia,onde entrou en contacto coa tradición poética xa existente.A principal vía de penetración da cultura trobadoresca foi o Camiño de Santiago: moitos nobres occitanos deberon ter acudido a Compostela en peregrinación, e con eles entraron as ideas do amor cortés e as formas da lírica trobadoresca.
Cronoloxía da lírica galego-portuguesa medieval
Se divide nos seguintes períodos:
1-etapa primitiva(comprende dende as composicións máis antigas ata o primeiro terzo do século XIII
2-Esplendor ou idade de ouro:
a)período afonsino(reinados de afonso X en Castela e Afonso III en Portugal)
b)perído dionasíaco(dende o reinado de don Denís,ata a morte do seu fillo don Pedro (1354))
3-Decadencia:sinais do s.XIV e s.XV. Comprende 2 escolas:
a)galego-portuguesa:forman parte dela os derradeiros trobadores(bilingües) que empregan o galego.(cancioneiro de Baena 1445)
b)castelán-portuguesa:comprende os poetas portugueses de fins do s.XV e comenzos do XVI,alternaban o portugués e o castelán. (cancioneiro geral García de Resende 1516)
Os poetas
distinguense 5 tipos:
-trobador:era o compositor de cantigas que ás veces interpretaba él mesmo.Aparece citado polo nome e o apelido
-xograr:era o intérprete de composicións alleas.Citado polo nome e un alcume
-segrel:era un trobador profesional que aceptaba paga pola interpretación das súas composicións case sempre infanzóns pobres ou xente da baixa nobreza
-menestrel:eran os instrumentistas que executaban o acompañamento musical das cantigas.
-soldadeiras:mulleres que danzaban e realizaban exercicios ximnásticos durante as representacións.
Os textos conservados
conservamos 3 coleccións de cantigas profanas (cancioneiros):
1-C.De Ajuda:é un códice manuscrito de entre os s.XIII e XIV.Case todas as composicións son cantigas de amor.
2-C.Da Vaticana:é unha copia manuscrita feita na Italia do Renacemento a partir dalgún cancioneiro hoxe perdido.A diferencia do anterior ten os nomes dos autores.
3-C.Da Biblioteca nacional de Lisboa:descuberto en Italia no s.XIX, é o máis completo dos tres pois ten máis de 1600 cantigas dos diferentes xéneros

A CANTIGA DE AMIGO

As cantigas de amigo son breves cancións postas en boca de unha muller namorada.Nelas, a natureza adoita cobrar un papel relevante, e máis alá de constituír un simple escenario,presentacon frecuencia un valor simbólico no cal abundan as connotacións eróticas,en perfecta conexión co mundo cultural galego do medievo
A forma das cantigas de amigo
A característica principal para distinguir as cantigas de amigo é, ainda que compostas por un trobador,unha muller é a que fala.O tema máis frecuente é a ausencia do amigo.A propia palabra amigo é característica deste xénero
O tradicional e o trobadoresco na cantiga de amigo
-Emprégase o paralelismo.
-Remítenos a pequena escenas da vida rural
-Alusións á paisaxe (indicos de arcaicas crenzas animistas)
Variedades da cantiga de amigo
Segundo a temática:
-Biladas:son as máis ledas, e nelas exprésase a alegría de amar e de vivir,con frecuentes incitacións o baile.A súa orixe e tradicional.
-mariñas ou barcarolas:son aquelas cantigas nas que atopamos a presenza do mar(frecuentemente é o interlocutor da muller)
-cantigas de romaría: son de orixe autóctona presentanos o ambiente das festas campestres a carón dunha ermida.Mostran unha forma de devoción popular que aínda pervive
-albas ou alboradas:son as que tiñan como asunto a separación dos amantes ao amañecer alertados polos gardas do castelo.
Especialistas da cantiga de amigo
Martín Codax:7 cantigas de amigo e de 6 conservamos a partitura,o que é un caso excepcional na nosa lírica profana medieval.
Mendiño:só a cantiga da ermida de San Simón (ten sido considerada como un dos máis logrados froitos da lírica medieval)
Johán Zorro:figurou na corte portuguesa a fins do s.XIII e o comenzos do XIV.É o autor dunha versión da "bailada das abeleira floridas"
Pero Meogo:9 cantigas de amigo que forman un ciclo .Carácterízanse por símbolos eróticos(o cervo,a fonte)

AS CANTIGAS DE AMIGO

Teñen relación coa lírica trobadoresca occitana, que floreceu no sur de Francia desde o s. XVII. Constitúe unha imitación consciente da canço provenzal, aínda que presenta características que as diferencia.
Forma das cantigas de amor:
As composicións constan de varias estrofas( cobras), compostas cada unha dun número tamén variable de versos(palavras). Hai dous tipos de cantigas de amor: a) Mestría( son máis perfectas por respectaren o modelo provenzal) b) Refrán( presentan un refrán ó final de cada cobra). A rima haina de dous tipos: a) rima femia ( cando os versos terminan en sílaba grave) b) rima macho( cando os versos rematan en sílaba aguda).
Se nunha cantiga aparece sempre un verso sen rima( case sempre no mesmo lugar de cada estrofa) chámase palavra perduda.

Tipos de cobras

A) cobras unissonans: todas as estrofas dunha mesma composición mantiñan un único esquema de rimas. B) cobras doblas: se o esquema de rimas variaba cada dúas estrofas. C) cobras singulars: se o esquema é diferente para cada unha das estrofas.
Procedementos formais: a) paralelismo: é o procedemento máis característico da nosa lírica medieval. B) dobra: consiste na repetición dun mesmo lexema con variación de sufixos. C) Atá-fiinda: sistema de concatenación de estrofas mediante a cal pode ser indispensable algunha palabra ou verso da estrofa seguinte.

AS CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR

Este tipo de composición opresenta un indudable valor sociolóxico, histórico e lingüístico.
A temática das cantigas de escarnio e maldicir: A poética provenzal distinguía 3 tipos de sirventes atendendo a súa temática: político, relixioso e persoal, o máis utilizado é o persoal, distínguense:ç
- Satírica política: céntrase na condena ós nobres que entregan os seus castelos ó conde de Boloña cando este se enforntou a Sancho II na guerra polo trono portugués. - Irventes moral ( relixioso): son as composicóns que expresna reflexións morais. - Satírica social, de costume e persoal: son as dirixidas a personaxes concreots, dos que fercuentemente se da ó nome. Distínguense: a) A decadencia dos infanzóns: tratan o tema da penuria económica dos sectores máis baixos da nobreza. B) Diferentes tipos sociais: son sátiras contra privados, onde se ataca a corrupción dos que ocupaban cargos políticos. - Satírica xograresca: sion os escarnios que se dirixen mutuamente trobadores a xograres. Tamén son frecuentes as tenzón ou disputar cantigas dialogadas entre dous trobadores ou un trobador e un xograr. - Soldadeiras, cregos, abadeses cantigas obscenas: son as que fan referencia á vidad das soldadeiras, que acompañaban a trobadores e xograres e exercían a prostitución.

Entradas relacionadas: