Variedades da cantiga de amigo

Enviado por Miguel y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 29,2 KB

 

1.-Galicia NA IDADE MEDIA:CONTEXTO HISTÓRICO; SITUACIÓN LINGÜISTICA

Contexto hco:Sociedade-> Na sociedade feudal eran tres os estamentos fundamentais:nobreza, clero e campesiñado. Os dous primeiros posuían as terras mentres que os campesiños pedíanlles protección aos nobres a cambio de traballar as propiedades agrícolas(feudos) destes e pagar tributos. Só coa chegada da Baixa Idade Media aparecería a burguesía, ligada ao desenvolvemento dos transportes e do comercio. Neste esquema social era fundamental a relacion señor-vasalo, que se estendía a todas as capas sociais. Era un sociedade xerárquica, organizada en forma de pirámede, no cumio da cal estaba o rei. R.Vasalaxe->Señor: Cedíalle un feudo a un vasalo e ofrecíalle protección militar. Podía ser, á vez, vasalo doutra persoa de rango superior.| Vasalo: Era un home libre que se convertía en servidor ou vasalo do señor a partir do momento en que recibía o feudo. Traballaba a terra, pagáballe unha parte dos seus ingresos ao señor e , ademais, debía acudir na súa axuda cando este llo solicitaba. No ámbito político, no século
XII produciuse a separación entre Galicia e Portugal e a integración de Galicia na coroa de Castela. Nas dúas grandes loitas sucesorias pola coroa castelá(S.XIV e XV), a nobreza galega foi derrotada e isto incidiu de forma negativa no futuro de Galicia. Economía: Era basicamente agrícola. Os séculos XII e XIII foron unha época de gran desenvolvemento: crecemento demográfico, avance da agricultura, nacemento de cidades...Nestes núcleos urbanos xurdiu unha nova clase social: a burguesía, dedicada aos oficios artesanais ou ao comercio.O século XIV caracterizouse polas malas colleitas que provocaron a fame e a crise económica.No século XV, a opresión e apobreza extrema motivaron que a burguesía e o pobo se sublevasen contra os nobres nas revoltas irmandiñas. A nobreza, axudada polos reis de Castela e Portugal, neutralizou as rebelións e conseguiu manter o esquema social.Cultura: O descubrimiento do sepulcro do Apóstolo no ano 813 deu orixe á cidade de Compostela e atraeu moitos peregrinos procedentes de toda a cristiandade. Deste xeito, chegaron a Galicia a través do Camiño de Santiago as correntees culturais europeas da época. Estas mesturáronse coa cultura autóctona e produciron un gran florecemento artístico.Sit lingúistica: A evolución do latín ao galego produciuse de forma paulatina e inapreciable.Nos sécilos VII-VIII, o latín empregado na Administración e na Igreza xa se diferenciaba da lingua falada, tanto que latín e galego(galego-portugués) xa eran dous idiomas distintos.Malia que o pobo xa  non entendía o latín, este seguiu a ser a lingua usada an escrita ata finais do século XII, principios do XIII, momento no que comezan a aparecer os primeiros textos en galego. Durante a Idade Media, o galego foi unha lingua plenamente desenvolvida en todos os ámbitos, tanto orais como escritos.O noso idioma converteuse na lingua lírica de case toda a península.Resultaban moi ilustrativas neste sentido as palabras do Marqués de Santillana, nobre castelán.A lingua dos cancioneiros era unha coiné ou lingua convencional, que non reproducía ningunha variante xeográfica concreta nin a fala dun autor particular.

2.-A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA: ORIXES INFLUENCIA DA LÍRICA PROVENZAL; ÁMBITO SOCIAL E XEOGRÁFICO; AUTORES E INTERPRETES.

Orixes:Os estudos realizados sobre as orixes desta poesía sintetízanse en catro teses fundamentais.-Tese folclórica:sostén que xurdiu a partir das creacións populares.-Tese medio-latina:considera que os trobadores eran homes cultos e coñecían a poesía medieval latina de ámbito europeo.-Tese litúrxica:está relacionada coa anterior e atribúe o seu nacemento á poesía culta da igrexa con elementos do folclore.-tese arábigo-andaluza:achega a orixe á importante cultura árabe e afirma que esta inflúe no desenvolvemento da lírica provenzal. Como síntese, podemos evidenciar a existencia de dúas correntes líricas na Idade Media que conformaron a lírica galego portuguesa.-Un lirismo cortesán que ten a maior forza na arte provenzal como reflexo da súa situación política e cultural.-Un lirismo autóctono peninsular, froito da mestura da tradición medio-latina e litúrxica con elementos tirados do folclore.(Lirismo cortesan+Lirismo autóctono=lírica galego-portuguesa)|Influencia da lírica provenzal:-Os monxes de Cluny(Francia), que exerceron unha enorme influencia a partir do século XI sobre a igrexa hispánica.-A presenza de nobres e trobadores franceses e occitanos, ben a través do Camiño de Santiago, ben nas guerras da reconquista.-Afonso III, nobre portugués que viviu en Francia antes de ocupar o trono en Portugal.Regresou a Portugal acompañado de mestres franceses que se ocuparon da educación do seu fillo, Don Denís, e impuxeron os novos modos literarios.|Ámbito social e xeográfico:Xente de todas as claases deixou a súa pegada e participou na elaboración do lirismo galego-portugués:reis, nobres, burgueses e humildes xograres do pobo. Así e todo, esta literatura confeccionouse sempre nos límites de palacio e, polo tanto, sen a colaboración da alta nobreza nunca teriamos este tipo de lírica.Esta lírica, a pesar de estar escrita en galego-portugués, non só foi confeccionada no territorio en que se falaba este idioma, senón tamén nas cortes de León, Castela e en moitos outros lugares da Península.Autores e intérpretes:Trobador->Polo xeral era de condición nobre.Era o autor das composicións que, ás veces, tamén interpretaba.Nos cancioneiros aparece con nome e apelidos.|Segrel->Dunha clase social inferior á do trobador.É un trobador no sentido de ser el mesmo o autor e intérprete das composicións.Diferénciase deste en que cobra pola interpretación das súas composicións.|Xograr->De condición social baixa.Era o intérprete de cantigas alleas e mesmo podía estar ao servizo dun trobador de maneira fixa.Algún xograr chegou a ser o autor e intérprete das súas propias composicións.Cítanse polo nome, alcume ou lugar de procedencia.|Os textos conservados chegan a nós fundamentalmente en tres cancioneiros:-C.De Ajuda->Códice manuscrito de finais do século XIII.-C.Da Biblioteca vaticana->Copia manuscrita de principios do século XVI, descuberta na biblioteca do Vaticano.-C.Da Biblioteca Nacional de Lisboa->Copiado no século XVI.

3.-A CANTIGA DE AMIGO:CONTIDO(VOZ,INTERLOCUTORES,CAMPOS SÉMICOS);FORMA(FORMA INTERNA,FORMA EXTERNA,ESTILO E LINGUAXE).

CONTIDO: Modalidades->Bailadas:Estas son cancións que, con probabilidade acompañaban os bailes. Teñen un carácter alegre e vivo.|Mariñas:Nelas está presente o mar, ben como marco onde aparecen os namorados, ben como símbolo da separación do amigo, ben como confidente das coitas da doncela.|C.De romaría:Son pezas localizadas ao pé dun santuario, dunha ermida ou dunha capela.|Albas:Fan referencia ao mencer e están en relación coas provenzais. A amiga por exemplo, lembra nunha mañá o encontro co amigo ao anoitecer e quéixase do longas que son as noites sen a súa compaña.|VOZ:caracterízase pola presencia dunha voz femenina.Nestas composición o autor(poeta masculino) sitúase na perspectiva dunha moza que expresa os seus sentimentos amorosos.A palabra amigo adoita aparecer xa nos primeiros versos do poema, servindo así de sinal distintivo de xénero.|INTERLOCUTORES:Para expresar a súa paixón polo amado, moitas veces a protagonista diríxese a un interlocutor indeterminado ou a diversos elementos da natureza, noutras cantigas, a confidente é unha amiga ou incluso a nai.|CAMPOS SÉMICOS->Panexírico:é o canto que a protagonista fai, ben da súa propia beleza, ben da excelencia poética do seu amigo.|Amor correspondido/insatisfeito:A moza expresa ledicia ou coita en función de como transcorre a súa relación amorosa.|Prohibición:vén definida pola imposibilidade do encontro entre os namorados. Esta imposibilidade é provocada unhas veces pola intervención da nai e outras, por causas de forza maior(servizo ao rei, forzas da natureza..).FORMA->forma interna(recursos):Refrán é o verso ou versos que se repiten ao final de cada estrofa.É un dos recursos máis reresentativos da nosa lírica; de feito a existencia ou non de refrán distinguía entre as C.De refrán(que si o teñen)e as C.De mestría(que carecen del).|Paralelismo:consiste en repetir estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda sexan unha pequena variante dos da primeira.|Leixaprén:é a repetición do segundo verso da primeira estrofa no primeiro da terceira; o segundo da segunda, no primeiro da cuarta; e así sucesivamente.|Forma externa->Monologadas:O tipo máis frecuente de cantiga de amigo é o monólogo lírico semellante ao da cantiga de amor, pero dotado neste caso de maior naturalidade e Realismo.|Dialogadas:Neste tipo de cantigas a moza entra en conversación co amigo, cunha amiga ou, máis frecuentemente, coa nai.|Estilo e linguaxe->Arcaísmos: Si é destacable a existencia de arcaísmos:irmana, louçana..Isto reforza a hipótese de que estas pezas son reelaboracións de cantares populares anteriores á época trobadoresca.|Símbolos:Cervo-Namorado,virilidade masculina|cabelo da doncela-virxindade|Auga-fecundidade,vida|mar-paixón amorosa|-Dicimos que a rima é femia se a palabra final do verso é grave e que é macho se é aguda.

4.-A CANTIGA DE AMOR: INTRODUCCIÓN (A CANÇO PROVENZAL/ O AMOR CORTES); CONTIDO(VOZ,INTERLOCUTORES,CAMPOS SÉMICOS); FORMA(REFRÁN-MESTRÍA,RECURSOS,ESTILO E LINGUAXE)

Orixe->A influencia máis determinante nas nosas cantigas de amor é o canço provenzal.Así o chegaron a minifestar, de feito, algún dos nosos trobadores.Proba desta innegable influencia provenzal é a propia lingua dos petas, que nestas composicións amosa un gran número de provenzalismos:sen(por sentido ou siso), cor(por corazón),prez(por prezo ou valía).. Doutra parte, o ideal do amor cortés que domina as cantigas de amor é tamén de orixe provenzal. Este ideal baseábase na concepción do amor como servizo, o cal determinaba o comportamento sentimental na relación muller-home:o home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor.Para a consecución do favor da dama, o amor cortés impoñíalle ao namorado unha serie de requisitos: mesura(trato respectuoso e delicado á amada), discreción(pohibición de divulgar o nome da dama, normalmente casada), largueza(xenerosidade)... Pero este amor preséntase sempre como un sentimento frustrado, ben pola non-corrrespondencia da dama no amor, ben polo seu carácter innacesible. Como sonsecuencia chega a coita de amor, o sufrimento, do que o máximo expoñente é a morte, unha morte moitas veces desexada pois libera do sufrimento.|graos de aproximación á dama->fenhedor:(suspirante), que se limita a suspirar pola súa amada,sen dirixirse a ela.|precador:(suplicante), que se atreve a dirixirse á dama rogándolle o seu amor.|Entendedor(aceptado), que é correspondido no amor pola dama.|Drudo(amante), que se converte en amante físico.O grao máis elevado ao que, en contadas ocasións, se chegou nas nosas cantigas de amor foi o de entendedor, mentres que o grao de drudo si é frecuente nas cantigas de escarnio e malcicir.|CONTIDO->VOZ:Na cantiga de amor a voz presente é a masculina; é o home quen expón a súa coita amorosa por unha muller.A palabra senho, coa que se fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose así na mellor marca distintiva do xénero.INTERLOCUTORES:O destinatario directo da cantiga acostuma ser, como xa sinalamos, a dama(senhor). Non obstante, malia que apareza o vocativo senhor, algunhas veces o namorado diríxese a un auditorio indeterminado, a uns amigos, a Deus ou mesmo ao Amor como ente responsable do seu namoramento.CAMPOS SÉMICOS->Loanza da dama:aparece polo xeral xa na primeira parte da cantiga. Este eloxio pode seguir dúas direccións: referido á beleza física ou á moral.|O amor do poeta:pola dama tamén se manifesta a través de breves enunciados ao longo da composición.Estes enunciados, non obstante, aparecen de forma máis reiterada ca os correspondentes ao campo sémico anterior:amar muito, querer ben, amor...|A reserva da dama ofrece unha gama de realizacións moi ampla e variada:-O segredo, a prudencia e a discreción preside a relación de amor:mesura,razón,non dicir,desmesura...-A prohibición de vela ou de falarlle imposta pola dama ao poeta:alongar,alongado,mandar ir,fazer partir...-O rexeitamento, a despreucupación pola sorte do namorado, a indiferenza...:Ser sañuda,irse,desamar,desamparar...-A coita de amor:Nel preséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o pranto, a loucura ou a morte por amor.Entre os elementos léxicos máis comúns están:coita,doo,penar,sofrer,lazerar,chorar...|CLASIFICACIÓN:Atendendo a presenza de refrán, dístinguese dous tipos de cantigas de amor: a cantiga de refrán e a cantiga de mestría.|C.De refrán:Presenta un ou varios versos que se repiten en todas as estrofas, decote no seu final.Estes versos repetidos costitúen o regrán.Tratase de composicións próximas, polos seus elementos reiterativos e paralelísticos, ás cantigas de amigo.|C de mestría:Non ten refrán.Acostuma estar composta por varias estrofas de seis ou sete versos.Nas cantigas de mestría a influencia provenzal é maior e son máis abundantes os recursos estilísticos que no seguinte apartado imos estudar.Considerabánse máis perfectas, de ai o seu nome.RECURSOS->Dobre:Consiste na repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa.|Mordobre:É un recurso derivado do anterior.Caracterizáse por repetir, en posicións simétricas, un mesmo lexema, con variacións non afixos ou nos morfemas.|Trátase duns versos finais quue se sitúan ao remate da cantiga a xeito de conclusión.Nas cantigas de refrán a finda mantén a mesma rima que aparece no refrán; nas de mestría adoita seguir a rima da derradeira estrofa.|ESTILO E LINGUAXE:En xeral, pódese afirmar que a cantiga de amor posúe unha linguaxe


 máis depurada e estilizada ca a de amigo.A influencia da lírica provenzal neste tipo de cantiga reflíctese, por exempo, na adopción da fórmula mia senhor, tradución literal de midons(de valor equivalente):ou tamén, como xa se sinalou, no uso frecuente de provenzalismos(cousir,prez,cor,sen..).

5.-A CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR: DIFERENZAS ESCARNIO/MALDICIR;VALOR CAMPOS SÉMICOS; CLASIFICACIÓN; RECURSOS; ESTILO E LINGUAXE.

-As cantigas de escarnio son unha sátira encuberta. Nelas empréganse os dobres sentidos, os eufemismos, a ironía...-As cantigas de maldicir son un ataque directo cunha linguaxe clara e sen ironía. As palabras non teñen nestas cantigas interpretacións ambiguas, senón que o trobador chama as cousas polo seu nome.Máis alá do seu importante valor literario, as cantigas satíricas medievais posúen un inestimable valor sociolóxico e histórico, xa que os trobadores, libres dos ríxidos convencionalismos dos outros subxéneros, reflicten, cunha lingua máis expresiva e rica, a sociedade medieval da época(feitos históricos, costumes, tipos e relacións sociais..)|CAMPOS SÉMICOS:As cantigas de escarnio e maldicir recollen certos campos sémicos das cantigas amorosas(amor, amigo), aínda que o fan para alteralos, tratándoos de forma irónica ou negativa.Ademais, este tipo de cantigas posúe catro campos sémicos exclusivos: a aldraxe, o alimentario, a polémica social e o obsceno.-A aldraxe que se articula en diferentes series léxicas: a afronta, a irrisión, o litixioe a rifa,o castigo..-O alimentario destínase a ridiculizar a miseria e a avaricia que presiden a mesa dalgúns tipos sociais(ricomes, infraçóns)-A polémica social costitúe un dos campos sémicos máis complexos e articulados da poesía satírica e implica todos os sectoress e grupos sociais.-O obsceno está definido por dúas series léxicas: os órganos sexuais e as prácticas eróticas.CLASIFICACIÓN->Sátira política:frecuentemente xorde a raíz dun suceso ou situación política concreta: o comportamento covarde dalgúns soldados e cabaleiros nas guerras, as traizóns e disputas entre aspirantes a cargos(ou mesmo aos tronos)...|Sátira moral:Expresa reflexións morais, aínda que poucas veces cun carácter xeral. Conteñen, por exemplo, recriminacións pola desaparición das antigas virtudes, polos abusos dos poderosos, polo aumento da corrupción...|Sátira social e persoal:Acotío, o obxectivo da sátira é un determinado grupo social; entón o poeta adoita simbolizar nun individuo a todo grupo; un infanzón representa a nobreza en declive; un frade, o colectivo eclesiástico...O mesmo sucedía con outros tipos sociais; médicos, criadas, maridos, soldadeiras.|sátira literaria:Son moitos os escarnios que se dirixen mutuamente trobadores e xograres. As acusacións máis frecuentes son, por exemplo: a escaseza de habilidade poética, a falta de sinceridade, as pretensións de ascenso dos xograres...|RECURSOS: Con todo, estas cantigas posúen recursos propios.Os principais son o equívoco e a ironía.-O equívoco consiste na utilización de palabras cun dobre significado,É dicir, o poeta emprega voces que, ademais do seu sentido directo, posúen outro, xeralmente obsceno; conseguindo así un efecto humorístico.-A ironía empregada nas nosas cantigas baseáse en afirmar o contrario do que se pensa.|ESTILO E LINGUAXE:Salvo algunhas excepcións, a cantiga de escarnio e maldicir foxe da abstracción e presenta anécdotas e tipos concretos. Por iso, domina un estilo de grande expresividade e unha linguaxe rica e variada.Por outra parte, hai un predominio das expresións ofensivas e da terminoloxía obscena, que, como vimos, pode estar representada dunha forma directa ou indirecta(dobres sentidos, ironías..)

6.-OS XÉNEROS MENORES:PASTORELA; TENZÓN; PRANTO; CANTIGA DE SEGUIR

PASTORELA: é unha composición que relata o econtro dun cabaleiro cunha pastora (pastor nos poemas) nun lugar idílico ou locus amoenus. Este tipo de cantigas, presente en varias literaturas da época (francesa,provenzal..) adoita ter hunha estrutura semellante a esta:-Comezo narrativo que explica o encontro do cabaleiro e a pastora.-Eventual establecemento dun diálogo entre cabaleiro e pastora.-Aceptación ou rexeitamento final da pastora.|A TENZÓN:É unha composición con forma dialogada, elaborada por dous poetas qye van defendendo, simetricamente de estrofa en estrofa e de finda en finda, a súa opinión sobre un tema.Os temas máis comúns nas tenzóns galego-portuguesas son:-Aldraxes dos xograres->Críticase a súa aspiración a ser trobadores, a súa incompetencia profesional, os seus malos costmes...Deseguido, estes deféndense con diferentes argumentos.|Afirmacións presuntuosas dos trobadores->o primeiro poeta gábase de ser o mellor trobador, mentres o segundo o desmente.|Censuras a distintas persoas:Critícase o comportamento doutros trobadores, de soldadeiras como María a Balteira, dos privados do rei; reproches ao rei...|O PRANTO:Todas elas son cancións de dor e loanza creadas a raíz da morte dun persoeiro(un rei ou unha raiña, un nobre protector do poeta...).É posible establecer unha estrutura común á maior parte dos prantos galego-portugueses:-Lamento pola morte do persoeiro morto, úsanse apelacións a Deus, hipérboles, maldicións, pregarías...-Ocasionalmente, conciso eloxio do sucesor do morto ou oración polo defunto.|A CANTIGA DE SEGUIR:É unha composición irónica ou paródica construída, segundo determinadas convencións, a semellanza dunha cantiga doutro poeta.Segundo isto, a cantiga de seguir era un xénero popular e requiría que o público coñecese a cantiga modelo para captar o sentido mi mético e paródico da que estaba a oír.

7.-AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA: AUTORÍA; TIPOS (NARRATIVAS/LÍRICAS)

|AUTORÍA:Informantes->Recollían de fontes escritas ou da tradición oral relatos de milagres da Virxe.|Tradutores- >Traducían composicións sobre a Virxe noutras linguas como o latín, o francés, o provenzal...|Poetas->Axudaban na versificación das cantigas e mesmo creaban algunhas. Entres estes últimos pénsase que posiblemente estivesen galegos como Airas ou Pero de Ambroa.|Músicos->Compoñían a música que acompañaba as cantigas.|TIPOS:-Cantigas narrativas ou milagres->Son composicións onde se relatan milagres efectuados por diversas advocacións de virxe (Nosa Señora de Montserrat, Sta. María de Évora..)Nestes milagres, a Virxe salva os seus fieis de diferentes perigos ou perdóalles os seus pecados.|ESTRUTURA:1-Breve introdución, que resume o contido do milagre.2-Refrán lírico, que se repite despois de cada estrofa.3-Narración do milagre, que a miúdo consta de tres partes:-Presentación do protagonista, do tempo e do espazo-Referencia do intre en que o protagonista está en perigo, a piques de pecar ou ten problemas-Intervención da Virxe para salvalo.4-Loanza da Virxe.|CANTIGAS LÍRICAS:O grupo máis numeroso está constituído por cancións de loanza á Virxe(chamadas loores).Estas cantigas son unha translación da cantiga de amor ao divino.Así, a Virxe é a señor e o autor da loanza, o seu entendedor.|FONTES:Lendarios->Da Idade Media.Estas lendas sobre santos estaban escritas en latín, pero eran de procedencia francesa ou alemá.|Coleccións de milagres->Escritas no século XIII noutras linguas romances.|Milagres->Sucedidos en santuarios marianos do estranxeiro e peninsulares, transmitidos oralmente.|Recordos->Do rei Afonso ou seus colaboradores.

8.-PROSA MEDIEVAL: INTRODUCCIÓN; P.NARRATIVA; P HISTORIOGRÁFICA; P.HAXIOGRÁFICA; P. DIDÁCTICA E XURÍDICA

Nos primeros séculos da Idade Media, a prosa elaborada no Occidente europeo usaba o latín como medio de expresión. Cando as monarquías occidentais comezaron a amosar interese por crear unha prosa comprendida por todos os habitantes e que puidese ser vehículo de propaganda real, o latín escrito foi substituído polas linguas romances. Así, na Peninsula Ibérica, as cortes de Castela e Portugal promoveron a creación prosística nos seus respectivos idiomas.Mentres tanto, Galicia, que desde o século XII estaba ligada a castela, carecía dunha corre propia. Isto influíu decisivamente en que os nosos textos medievais en prosa fosen, salvo excepcións, traducións e versións de obras creadas noutras linguas. Así e todo, chegaron ata hoxe textos pertencentes fundamentalmente a catro tipos de prosa: narrativa, historiográfica, haxiográfica e didáctica.PROSA NARRATIVA:Ciclo clásico->Encádranse dentro do ciclo clásico todas as obras narrativas que traten temas relacionados co mundo da Grecia Clásica, se ben na nosa literatura medieval só chegou a se desenvolver o ciclo de Troia.O cliclo de Troia, chamado así por tratar a guerra de Troia, comezou coa Ilíada e a Odisea de Homero e foi amplamente cultivado nas literaturas latina e romances.Textos->Crónica Troiana:Códice encargado encargado polo Conde de Andrade.Foi realizado no último cuarto do século XIV.|historia troiana:É un texto bilingüe en castelán e galedo da segunda metade do século XIV.|Ciclo artúrico:Recibe o nome de ciclo artúrico por ser o rei Artur un dos protagonistas; e Materia de Bretaña por sitúarense os personaxes e as aventuras na Bretaña francesa ou en Gran Bretaña.Este ciclo refire as aventuras do rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda en procura do Santo Graal, vaso do que supostamente bebera Xesucristo na Derradeira Cea. Inclúe, tamén, a historia dos amores tráxicos entre tristán e Isolda.Gran número de textos, abundantes copias, múltiples traducións, adaptacións e refundicións reflicten a enorme popularidade que este ciclo tivo durante a medievo en Europa. Esta temática seguiu a sertratada de maneira ininterrompida ata os nosos días, ben na literatura popular/romances, lendas..), ben na literatura culta(Cabanillas,Cunqueiro..)Temas:O amor:É concebido, nos primeiros textos do ciclo, como libre e sensual, sen estar ligado ao matrimonio. Posteriormente, por influencia relixiosa, pasa a considerarse algo pecaminoso.|O ideal de cabalaría:Maniféstase na fidelidade entre os cabaleiros e o rei, semellante á feudal; e na confianza na graza de Deus.|A relixión:Está ausente nos primeiros textos.É incluida máis tarde por influecnia do Císter, dos franciscanos...Reflíctese no Santo Graal e nos bens espirituais que a súa visión lles daría aos cabaleiros.TEXTOS:Os textos galego-portugueses da Materia de Bretaña conservados o Livro de josé de Arimatea, catro fragmentos do merlín, a Demanda do Santo Graal e un fragmento do Livro de tristán.-Livro de José de Arimateia:trátase dun manuscrito do século XVI, copia doutro anterior. Relata a historia do Santo graal, desde que serviu de vaso na Derradeira Cea  e de recipiente para conter o sangue de Xesucristo, ata que foi levado por Xosé de Arimatea e o seu fillo a Gran Bretaña.-Catro fragmentos de Merlín.Consérvase un manuscrito do século XIV.Narra as profecías do mago.|Demanda do Santo Graal.Desta obra consérvase un manuscrito de fins do século XIV ou inicios do XV.Céntrase nos feitos dos cabaleiros da corte de Artur:as aventuras de Gaalaz na procura do Santo graal, o descubrimento do rei Artur do adulterio da raíña Xenebra con Lancelot, a destrución da Mesa Redonda...1-Fragmento do Livro de tristán:Trátase dun manuscrito de fons do século XIV.Nara os amores tráxicos de tris´tan e Isolda e segue con varias aventuras de Lancelot.PROSA HISTORIOGRÁFICA:a)As narracións hitóricas eran encargadas as máis das veces por reis. Isto condicionaba decisivamente o labro dos narradores, tanto na subxectiva selección dos feitos dos que dar conta coma no valor propagandístico do seu relato.-Os autores introducen ademais o elemnto fantástico con valor de feito histórico. Acoden ás lendas, ás esaxeracións novelescas ou mesmo á súa propiaimaxinación, para explicar feitos descoñecidos ou sen aparente explicación racional. Os nosos textos historiográficos son traducións de textos casteláns e tamén dúas obras orixinais. As dúas traducións máis importantes son a Crónica Geral Galega e a General Estoria.-Crónica geral Galega:Consérvanse dous mansucritos datados entre o século XIII e o XIV. É a tradución da Crónica general e da Crónica de Castilla. Narra feitos sobre os reis godos, a invasión musulmá, os reis de León...-General Estoria: O manuscrito é do século XIV.É unha traducion incompleta da obra castlá homónima atribuída a Afonso X.Trátase dunha historia universal de orientación bíblica, aínda que a tradución galega quedou incompleta.Os dous orixinais da nsoa historiografía medieval son do século XV.-Cronica galega de 1404.Trátase dunha colección sobre a historia de España, esdtruturada en tres partes: a primeira escrita en castelán con abondos galeguismos e as outras dúas en galego.-Corónica de Santa María de Iria. Relátanse feitos como o traslado do corpo do Apóstolo a Santiago, diferentes obras realizadas en Iria baixo o mandato do arcebispo Xelmírez.PROSA HAXIOGRÁFICA:Os temas relixiosos eran tratados a finais do século XIII en latín.Nesta época, a Igreza promove a tradución ou refundición dos textos relixiosos nas respectivas linguas romances. Deste xeito, conseguía chegar á meirande parte dos fieis, que descoñecían o latín.De entre os nosos textos haxiográficos cómpre salientar Milagres de Santiago.|Milagres de Santiago.Céntrase nos prodixios efectuados polo Apóstilo. A versión que se conserva consta de oito partes:catro milagres de Santiago, vida e paixón de Santiago Alfeu, destrución de Xerusalén...Esta obra foi escrita co claro obxectivo de promover a pregrinación a Santiago.(XIV-XV).PROSA XURÍDICA E DIDÁCTICA:-Tratado de Albeitaría, tratado sobre as enfermidades e o coidado dos animais.(XIV)

9.-A DECADENCIA DA POESÍA TROBADORESCA

A partir da morte de Don Denís e, sobre todo, do seu fillo Pedro, Conde de Barcelos, en 1354, comezou un período de decandencia da poesía trobadoresca que rematou coa súa total desaparición.Isto no se produciu dun xeito fortuíto e repentino, senón que foi consecuencia do progresivo aumento do prestixio político e cultural de Castela dentro da Península e a consolidación de Toledo como capital do lirismo hispánico.|A escola galego-castelá->Os textos que a compoñen foron elaborados nas cortes dos reis de Castela como henrique II e Xoán I, entre outros, e aparecen recollidos sobre todo no Cancioneiro de Baena(1445). Trátase de tenzóns e composicións de amor galegas, herdeiras en moitos aspectos das cantigas medievais, pero xa con gran presenza de castelanismos.Auotor->Macías o Namorado:Probablemente de orixe galega, máis coñecido pola súa infelicidade amorosa que pola calidade da sua obra.LINGUA:Ata mediados do século XIV a lingua galega era a Lingua lírica en case toda a Peninsula.A mediados do XIV os trobadores casteláns empezaron a empregar tamén o castelán e cando usan o galego aparecen castelanismos.

Entradas relacionadas: