Vangardas e Posguerra na Literatura Galega: Análise e Autores

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,76 KB

Vangardas en Galicia

Nace nos anos XX, con grupos de artistas que rexeitaban as súas tradicións culturais, considerándoas antigas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas.

Difundían estas ideas a través de manifestos, o máis importante é Máis Alá (1922) de Manuel Antonio.

Destacaron as revistas: Ronsel, Papel de Color, Alfar, Resol.

Neotrobadorismo

Creado polos autores do Grupo Nós. É un movemento que retoma a estética e tipo de poemas da Idade Media, con linguaxe vangardista e sensibilidade contemporánea. Autores: Fermín Bouza Rey, Álvaro Cunqueiro.

Imaxinismo

Alterna o novo e o tradicional. Continúa coa tradición paisaxística, aínda que lle dá unha visión moi innovadora. Predomina a humanización da paisaxe e a riqueza das imaxes, que se converten no centro principal do poema. Uso do verso libre. Autor: Luís Amado Carballo.

Vangarda Plena

É aquela estética máis lonxana ás anteriores. Está relacionada cos principais "-ismos" europeos (especialmente creacionismo, dadaísmo e surrealismo). Autores: F. Bouza Rey, Álvaro Cunqueiro.

Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930)

É a principal figura de vangarda galega, foi o poeta máis innovador e orixinal da xeración do 25. A súa obra, incluída dentro da estética do creacionismo, caracterízase pola ruptura coa tradición galega. As súas ideas acerca da literatura aparecen expostas no seu manifesto Máis Alá.

  • De catro a catro (1928): 19 poemas estruturados en tres etapas. Moitos destes poemas apareceron en revistas e xornais.
  • Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois, Vila do mar: En 1972 publícanse os seus libros inéditos.

Rafael Dieste (Rianxo 1899, Santiago 1981)

Pasou moitos anos exiliado en México e Bos Aires. É o principal prosista da xeración de 1922. Nas súas obras renova os temas, afastados do realismo costumista da prosa galega da época.

Teatro

A fiestra baleira (1927): comedia baseada na historia de Don Miguel, vello mariñeiro que simboliza a loita do home na defensa da súa propia identidade. Trata dun mariñeiro enriquecido na emigración que quere ser retratado por un pintor.

Narrativa

Dos arquivos do trasno (1926): contos nos que une o mundo da realidade lóxica e o da fantasía con personaxes que explican o modo de ser da poboación galega.

Posguerra

  • Empobrecemento en todos os aspectos.
  • Prohibición do uso do galego.
  • Aparece a Editorial Galaxia (1951).
  • A 1ª obra en galego na posguerra foi Cómaros Verdes de Iglesias Alvariño.

Exilio

  • Represión da ditadura que obriga marchar a América Latina os autores galegos.
  • Exiliados crearon revistas culturais e literarias e canles para publicar libros en galego.
  • Bos Aires e México.

Poesía

Luís Seoane

Bos Aires 1910 - 1979 Coruña. Pintor de fama internacional e poeta de marcada intención social reivindicativa, exiliado en Bos Aires fundou editoriais, dirixiu revistas e ilustrou libros.

  • Denuncia social.
  • Importancia da mensaxe.
  • Temas: exilio e emigración.
  • Fardel de exiliado (1952).
  • Na bretema, Santiago (1956).
  • As cicatrices (1959).
Lorenzo Varela

Habana 1917 - Madrid 1918: é autor en castelán ata o momento de marchar ao exilio. A súa poesía amosará as vivencias da guerra civil e a nostalxia pola terra, facendo referencia ás clases populares. Exiliado en Bos Aires entra en contacto cos exiliados galegos, colaborou en moitas tarefas culturais. En 2005 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

  • Catro poemas pra catro gravados (1944): temática histórica que combina elementos míticos e históricos con protagonistas dotados de valores positivos.
  • Lonxe (1954): libro de poemas reivindicativos e cargados de nostalxia por ter que deixar Galicia.

Prosa

Eduardo Blanco Amor

Ourense 1897 - 1979 Vigo: Estudou bacharelato e maxisterio, en 1919 emigrou á Arxentina e fíxose xornalista. Defendeu as causas republicanas e participou na creación da irmandade nacionalista galega, nos anos 60 regresou a Galicia.

  • Os biosbardos (1962): Sete relatos curtos, protagonizadas por rapaces de condición humilde e na Auria de principios do século XX que reflicten un mundo fantástico e misterioso.
  • Xente ao lonxe (1972): Baseada en feitos históricos. Narrada por Suso, un neno que dá unha visión da sociedade ourensá de principios do século XX. É un alegato social a favor dos dereitos dos pobres.
  • A esmorga (1959): novela que narra 24 horas de festa de tres personaxes a través da declaración que un deles, Cibrán, presta ante o xuíz corenta e oito horas despois da morte dos seus compañeiros tras unha pelexa entre eles.

Xente que queda / Xeración de 1936

Formada por escritores nados entre 1910 e 1920 e que publicaron as súas 1ª obras na década de 1950. Con influencias da Xeración Nós e das vangardas, traxectoria marcada pola guerra.

Poesía

Aquilino Iglesias Alvariño

Abadín 1909 - Santiago 1961.

  • Temática paisaxística humanista.
  • Tema da soidade e morte.
  • Variedade formal e ampla riqueza léxica.
  • Cómaros verdes (1947): obra de literatura galega na posguerra, libro paisaxístico influenciado polo hilozoísmo e o neotrobadorismo.
  • De día a día (1960): Presenta a paisaxe, pero aflora o ton de reflexión e de confidencia persoal.
  • Lanza de soeda (1961): 43 sonetos sobre reflexións sobre a vida, o home e a morte que ten destino derradeiro.
  • Nenias (1961): orixinalmente, sección de Cómaros verdes, publicado agora co engadido de novas composicións.
Xosé María Díaz Castro
  • Poesía paisaxista ou intimista.
  • Poesía relixiosa atípica de xeito persoal.
  • Coidado da lingua.
  • Sen compromisos político-sociais.
  • Algún poema intimista.
  • Nimbos (1961): Única obra publicada.

Prosa

Anxel Fole

(1903-1986)

- Literatura de medio e misterio

-Literatura basada na tradicion oral

-Apareceron 1º no progreso e logo en libros

-Os espazos son sempre os mesmos: Lugo , O candil.

-Tecnicas: conto cantado

  • “A lus do candil”(14 relatos coa tecnica do contacontos)
  • “Terra braba”(nalguns relatos reflicte a diglosia)
  • “Contos de neboa”
  • “Historias que ninguen cree”(presenza de misterio e ambientacion urbana)

Alvaro Cunqueiro (1911-1981)

-Literatura de humor e fantasía

-Literatura baseada na tradición oral

-Personaxes doutras literaturas (Simbal,Merlín..)

-Introduce historias dentro de outras

  • “Merlin e familia”(Merlin soluciona os problemas da xente que acode a visitalo)
  • “As cronicas do Sochantre“(peripecias dun musico q toca nos funeais)
  • “Se o vello Sinbad volvese as illas“(o nabegante das mil e unha noite retirado relata as suas prodixiosas aventuras pasadas)
  • “Escola de mariñeiros” , “Xente de aqui e acola”,”Os outros feirantes”(conteñen 113 relatos breves moitos non inventados senon que tomados do mundo mindoniense)

Entradas relacionadas: