As Vangardas na Literatura Galega

Enviado por Hugo Francos y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,11 KB

As vangardas literarias: contexto e definición

A principios do século XX, a visión da realidade cambiou debido a descubrimentos en diferentes eidos. Nese contexto, inícianse as vangardas co obxectivo de rebelarse contra o convencional. Entre 1900 e 1930 desenvólvense correntes estéticas denominadas ismos, entre os que destacan:

  • Futurismo: caracterízase pola exaltación da mecánica e dos logros da técnica.
  • Cubismo: a súa forma paralela na literatura son os caligramas.
  • Dadaísmo.
  • Surrealismo: propugnou a liberación do subconsciente e do mundo dos soños.
  • Creacionismo: manifesta que a arte non debe imitar a realidade.
  • Ultraísmo.

As vangardas en Galicia

Na década de 1920 comezáronse a introducir as vangardas en Galicia mediante revistas como A Nosa Terra e Nós, ás que cómpre engadir publicacións vangardistas como Alfar, Ronsel, Resol, Cristal e Papel de color.

Tendencias vangardistas na literatura galega

Cómpre distinguir dúas tendencias vangardistas na literatura galega:

1. A vangarda matizada

Está composta polo hilozoísmo, cultivado por Amado Carballo, que bebe da tradición da paisaxe e entroncou coa tradición paisaxística de Rosalía, Noriega e Cabanillas; e polo neotrobadorismo, que agroma despois do descubrimento dos cancioneiros medievais e é cultivado por Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey.

2. A vangarda plena

Destacan o creacionismo de Manuel Antonio e o surrealismo de Álvaro Cunqueiro.

Autores destacados

Luís Amado Carballo foi considerado o mestre do hilozoísmo e publicou dúas obras: Proel e O galo.

Fermín Bouza Brey toma da literatura popular o refrán, o paralelismo, a ambientación e o léxico. Trata a soidade e temas paisaxísticos e amorosos. No seu primeiro libro, Nao senlleira, cultiva o neotrobadorismo e, no segundo, Seitura, céntrase na infancia, na relixiosidade e na misión da poesía.

Álvaro Cunqueiro cultivou tendencias vangardistas nas súas obras:

  • Mar ao norde: cultiva o cubismo. Trátase dun mar hermético e abstracto, similar ao de Manuel Antonio.
  • Poemas de si e non: cultiva o surrealismo.
  • Cantiga nova que se chama riveira: cultiva o neotrobadorismo, empregando recursos paralelísticos e un léxico medievalizante.

Manuel Antonio: a modernización da lírica

Manuel Antonio é a figura máis innovadora das vangardas e simboliza a completa modernización do galego. O seu inconformismo levouno a entregarse ao labor das Irmandades da Fala, aínda que máis tarde xulgou unha falta de atención por parte dos seus membros.

O manifesto "Máis alá!" (1922)

Este breve folleto divídese en catro partes:

  • As dúas primeiras están adicadas á literatura galega, criticando aos seus contemporáneos e aos precursores.
  • Na segunda parte arremete contra os escritores galegos que empregan o castelán.
  • No terceiro apartado exponse a súa individualidade sen adscribirse a ningún movemento.
  • Na última fai unha chamada á mocidade.

Manuel Antonio renuncia ao ritmo, á rima e ao sentimentalismo poético. En canto á súa obra poética, publicou: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois e De catro a catro, obra que inicia a vangarda plena e que aporta unha visión innovadora dun mar interior.

A estrutura de De catro a catro é circular (saída, navegación, recalada e regreso) e contén símbolos que marcan a viaxe interior, como o barco (eu lírico), o mar (dinamismo vital) e a navegación (a vida).

En definitiva, atopámonos ante unha etapa poética na que os autores conseguen, a través das vangardas, crear unha poesía totalmente renovada.

Entradas relacionadas: