As Vangardas: Contexto Histórico e Movementos Literarios

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,58 KB

As Vangardas: Contexto histórico

A comezos do século XX prodúcense numerosos cambios políticos, tecnolóxicos e filosóficos. Aparece a psicanálise con Freud, quen afirma que debaixo do consciente hai un subconsciente, que investiga a través dos soños para extraer ideas e hipóteses. Tamén sostén que existen dous movementos principais para o ser humano: o principio do pracer e o principio do desprazer. A psicanálise inflúe no surrealismo e no fascismo (movemento totalitario en Italia que defende a violencia e a busca dunha raza superior e pura, como no nazismo).

Características

  • Movementos moi breves e de curta duración.
  • Busca da liberdade creativa e importancia da orixinalidade (sen esquemas).
  • Experimentación formal con novos formatos.
  • Deshumanización da arte (non figurativa).
  • Antisentimentalismo: non buscan expresar sentimentos.

Movementos de vangarda

  • O Marxismo: Marx descobre a plusvalía analizando a economía, na que o empresario obtén unha ganancia por riba dos seus gastos. Como solución, crea sindicatos e promove o uso das folgas como medida de presión.
  • O Futurismo: Creado por Marinetti, é un movemento vangardista que apoia o fascismo. Dálle importancia á velocidade e ao maquinismo, despreza o pasado (din que importa máis un coche ca unha catedral) e admira a forza e a violencia.
  • O Cubismo: Creado por Pablo Picasso, consiste en dividir a realidade en figuras xeométricas. Na literatura destaca a figura de Apollinaire co caligrama.
  • O Dadaísmo: Movemento creado por Tristan Tzara e un grupo de exiliados que pretenden rirse da arte establecida. A súa obra principal é a "Fonte" de Duchamp.
  • O Surrealismo: Moi influído pola psicanálise de Freud, pretende representar o mundo dos soños. Destaca André Breton na literatura e o inicio do emprego da escritura automática no cine.
  • O Creacionismo: Baséase nas teorías de Vicente Huidobro. A arte non ten que plasmar a realidade, dándolle moita importancia ás imaxes na literatura.

As vangardas galegas

Vén das investigacións feitas polo Grupo Nós, que coñecía a arte de Europa. O máis importante das vangardas galegas foi impulsado por Manuel Antonio e o pintor Álvaro Cebreiro, co manifesto de que non se pode facer literatura como a do século XIX. Reivindicaron o Arredismo, concordando co estilo das vangardas máis novidosas de Europa, sobre todo co creacionismo. Criticouse aos galegos que escribían en castelán, como Valle-Inclán. Para expresar ideas creáronse revistas como Resol e Ronsel, que coidaban moito a estética e nas que participaron artistas moi recoñecidos como Castelao e Picasso.

Movementos galegos

  • O Imaxinismo ou Hilozoismo: Relaciónase coa poesía inglesa. Dálle importancia á natureza (animada ou personificada) e a súa técnica principal é a imaxe, representando o mundo rural.
  • O Neotrobadorismo: É unha vangarda galega que imita a lírica galego-portuguesa, xa que un grupo de investigadores no século XIX descubriu os cancioneiros da Idade Media e comezou a imitalos.
  • O Vangardismo Pleno: Moi parecido aos europeos, destacando o creacionismo. O poeta principal é Manuel Antonio; os seus poemas son autónomos respecto á realidade e destaca a imaxe como técnica principal.

Entradas relacionadas: