Vangardas artísticas: Futurismo, Imaxinismo e Cubismo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,6 KB

VANGARDAS

_________________________________________

Futurismo:

Movimento artístico de vanguarda originado en Italia no século XX. Tenta romper cos valores estéticos do pasado. Reivindica o futuro e a técnica moderna, a velocidade e as máquinas.

Características:

  • Novo sentido do espazo

  • Exaltación do sexual, o nacional…

  • Adoración da máquina como prolongación do home intelixente

  • Retratar a realidade en movemento

  • Suprímese o eu poético

  • Destrucción da sintaxe e a puntuación

Artistas destacados: Umberto Boccioni, Luigi Russolo

Ex (obra): “Dinamismo de can con correa”

Imaxinismo:

Movimento poético propio da vanguarda galega inspirada na poesía popular. A súa innovación consiste en novas imaxes e ritmos. A identificación coa paisaxe é constante na cultura galega e fundese no 1º terzo do século XX coas tendencias literarias procedentes de diversas escolas dando como resultado o imaxiniso ou hilozoismo.

Luis Amado Carballo é o máximo representante. Características:

  • Poesía a medio camiño entre a tradición e as vanguardas

  • Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista (con cores amables)

  • Mestura imaxes de raíz vanguardista con métrica e ritmos populares - visión mimada da paisaxe

  • Uso de oracións simples

  • Estraxeirismos

Cubismo:

Movimento artístico desenvolvido entre 1907 e 1914. Naceu en Francia e encabezouno Pablo Picasso coa súa obra: Guernica (óleo pintado sobre lenzo) en 1937, título que fai referencia ao bombardeo de Guernica.

Características:

  • Na pintura desaparece a perspectiva tradicional

  • As formas da natureza aparecen representadas por medio de figuras xeométricas

  • Non existe un punto de vista único

  • Non hai sensación de profundidade

  • Elimínase as cores típicas do Impresionismo

En canto á literatura podemos dicir que destacan os caligramas, que eran poemas, frases ou palabras cuxo propósito é formar unha figura acerca do que trata o poema no que a colocación e a caligrafía configura unha imaxe visual do poema. Os caligramas naceron na segunda década do século XX. O máximo representante foi Guillaume Apollinaire

Entradas relacionadas: