Valores do SE en galego: reflexividade, pasivas e perífrases verbais

Enviado por Chuletator online y clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 5,65 KB

Valores do SE

1. Reflexividade

  • Función: indica coincidencia entre o axente e o paciente da acción.

  • Exemplo: (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao médico de garda.

2. Verbos pronominais

  • Función: verbos en terceira persoa que só admiten construción reflexiva.

  • Exemplo: O neno quéixase de vicio.

  • Variedade: algúns verbos cambian de significado ao ser reflexivos.

    • Afogar / afogarse (suicidarse).

    • Rir / rirse.

3. Pasivas reflexas

  • Función: indican indeterminación do axente cun suxeito paciente que concorda co verbo.

  • Exemplo: Nesas hortas plántase millo.

4. Activas impersoais

  • Función: o verbo está en terceira persoa do singular cun paciente indicado no CD.

  • Exemplo: Alúgase apartamento.

5. Recíprocas

  • Función: os dous axentes son á vez pacientes.

  • Exemplo: Anxo e Antía bícanse tódolos días.

Perífrases aspectuais

Incoativas

  • COMEZAR / EMPEZAR + A + INF: Comezou a chover.

  • BOTAR(SE) + A + INF: Botouse a rir.

  • POÑER(SE) + A + INF: Púxose a amañalo.

  • ROMPER + A + INF: Ogallá rompa a ferver a auga xa.

  • DAR + EN + INF: Deu en chamalo a berros.

Imperfectivas

  • ESTAR + XER / ESTAR + A + INF: Está comendo mentres está a esperar a cativa.

  • ANDAR + XER / ANDAR + A + INF: Anda pensando nos biosbardos cando anda a apañar as patacas.

  • IR + XER: Imos indo!

  • VIR + XER: Vén sendo esta.

  • LEVAR + XER: Leva traballando toda a noite.

  • SEGUIR + XER: Seguen sendo elas.

  • SER + A + INF: Todos eles eran a falar do mesmo tema.

Perfectivas

  • ACABAR + DE + INF: Acaba de marchar!

  • DEIXAR(SE) + DE + INF: Deixade de facer o parvo.

  • VIR + DE + INF: Vén de camiñar polo monte.

  • DAR + PAR: Non dou feito máis.

  • LEVAR + PAR: Levo visto varios coma este.

  • TER + PART: Teño feito algúns coma eses.

  • IR + PART: Xa vai dito todo.

Terminativas

  • CHEGAR + A + INF: Chegou a gañar en tres ocasións.

  • ACABAR + POR + INF: Acabou por deixar a moza.

  • VIR + A + INF: Eles viñan a comer aquí.

Reiterativas

  • VOLVER + INF: Volvín chamar outra vez.

  • LEVAR + PART: Levo traballado moito nisto.

  • TER + PART: Teño visto esa película moitas veces.

Perífrases modais

De obriga

  • TER + QUE + INF: Teño que estudar máis.

  • DEBER + INF: Deben traballar máis.

  • HABER + QUE + INF: Hai que avisalos.

De probabilidade

  • HABER + (DE) + INF: Han de ser as cinco.

  • DEBER + (DE) + INF: Deben ser uns dez.

  • PODER + INF: Poden quedar a durmir.

Perífrases temporais (de inminencia ou de futuro)

  • IR + INF: Vou dicírllelo a elas.

  • ESTAR + A + INF: Está a rematar ese traballo.

  • HABER + INF: Hei mercal.

Infinitivo conxugado

Desinencias

  • (eu) andar Ø

  • (ti) andares

  • (ela) andar Ø

  • (nós) andarmos

  • (vós) andardes

  • (elas) andaren

  • Tema

Compoñentes do tema

  • Raíz verbal (R): expresa o significado do verbo (varr-er).

  • Vogal temática (VT): indica a conxugación [-a (1ª), -e (2ª), -i (3ª)].

Morfemas flexivos

  • Morfema modo-tempo (MMT):

    • Tempos absolutos:

      • Presente de indicativo Ø

      • Pretérito de indicativo Ø

      • Futuro de indicativo (-re- → eu, nós, vós) (-rá- → ti, ela, elas)

    • Tempos referentes

  • Morfema número-persoa (MNP)

Formas non persoais

  • Infinitivo: R + VT + MS
    Morfema substancial: (-r)

  • Xerundio / participio: R + VT + MA
    Morfema aspectual: (-ndo / -ado)

Entradas relacionadas: