utd

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,82 KB

FUXIDA A EXIPTO: aut: Giotto. Cronolox: princip sXIV. Estil: Gótico. Tecnic: fresco. Localiz: cap sacrovegni(padua)

Comentario:
Introdución-contextualización: ver o anterior comentario.
Análise: A escena pintada ó fresco pertence ó conxunto mural da Capela Scrovegni que representa a vida da Virxe e Cristo. Representa o narrado no Evanxeo de Mateo, no que se contaba como a Virxe co neno e San Xosé teñen de fuxir a Exipto polo temor á matanza dos inocentes de Herodes. 
Iconografía: Poucos personaxes serven a narrar o episodio: a Virxe co neno Xesús montados nun burro, San Xosé, en conversa cun asistente, tres acompañantes máis detrás da Virxe, tamén en animada conversación, e o anxo no ceo que indica o camiño
Ó fondo, unha paisaxe realista mostra montañas rochosas e árbores, enmarcado nun ceo intensamente azul. 
Análise formal: Como precedente do Renacemento Giotto, no seu esplendor, alónxase da forma de pintar medieval e da influencia bizantina. 
A Virxe e o neno, que ocupan  o eixo central, enmárcanse nunha forma triangular, que se ve remarcado pola montaña que teñen detrás. Podemos observar como os persoaxes son representados en diferentes posturas (de espaldas, de perfil), consegue a sensación de movemento a través das pata do burro, a mirada atrás de San Xosé, a liña do camino, o anxo que os guía cun xesto ou a mirada da Virxe ó lonxe. 
As figuras son expresivas, xesticulan (van andando, falando e míranse). Consegue a sensación de volumen a través da luz, as sombras e a gradación da cor. 
A paisaxe acentúa a sensación de profundidade. 
En canto ó uso das cores, observamos un forte contraste entre cores frías e cálidas, que destacan ós protagonistas da escena. 
As características desta pintura mostran os cambios que se están a producir a nivel artístico e que anticipan o Renacemento: os pintores queren representar a realidade mediante a representación da paisaxe, a profundidade e a expresividade.
Influencias: ver o anterior comentario.


XARDIN DAS DELICIAS: aut: Bosco, Cronol: 1500-1505, Tipol: oleo sobre taboa, Estilo: Gótico flamenco. Lovaliz: museo do prado
-Cimentatio: É autor dunha obra moi persoal. Aínda que con temática relixiosa, a súa obra está enfocada dende o fabuloso. Grazas a súa poderosa imaxinación os seus cadros pobóanse de seres fantásticos, coma si se tratara dunha alucinación. O tema do pecado, do castigo a morte, as tentacións ou a loucura sempre están presentes. O interese por estes temas lévanlle a desinteresarse polos aspectos técnicos, tan propios dos outros flamencos, coma o volume, a perspectiva, o Naturalismo...
A obra foi encargada por un membro da casa de Nassau, logo pasou a mans de Guillermo de Orange ó que llo confiscaron os españois -duque de Alba- e finalmente adquiriuno Felipe II nunha almoeda ca idea de envíalo ó mosteiro do Escorial onde estivo ata a Guerra Civil cando o levaron ó Museo do Prado. Descoñecemos o título orixinal, Filipe II definiuno como unha obra sobre a "variedade do mundo"
Trátase dun tríptico, polo que vemos unha representación cando está aberto e outra cando está pechado. 
Tríptico pechado: 
Está pintado con grisalla, representa o que segundo o Xénese pasou o terceiro día da Creación (separación das augas e a terra, máis creación do Paraíso terrenal). Dentro dunha esfera translúcida mostra a terra plana con auga arredor e vexetación. Arriba á esquerda aparece Deus pai como Creador e na parte superior hai unha inscrición en latín sacada dos Salmos. 

Tríptico aberto: 
Está pintado en cores, son tres paneis que tratan o tema do pecado. Panel esquerdo – Mostra o Paraíso terreal, nun primeiro plano aparece Deus (Cristo) no medio de Adán e Eva, que son presentados. Encima está a fonte dos catro ríos do Paraíso, ca Árbore da vida (un drago) á esquerda e  a árbore do ben e o mal (ca serpe enroscada no tronco) á dereita. Por tanto, mostra a serpe que provoca o pecado orixinal e a expulsión do Paraíso.  
Panel central – Da nome ó tríptico, é coñecido como o Xardín das delicias ou Pintura do alvedro. Na escena hai un gran número de figuras humáns, animais, plantas e froitos. As figuras humáns están espidas, hai xente branca e negra, distribuídos en grupos ou parellas. Os animais, reais ou fantásticos, e as plantas aparecen a maior tamaño do real. Representa ó mundo entregado ó pecado, á luxuria. No centro hai un estanque con mulleres espidas, arredor xiran homes sobre cabalgaduras (algunhas fantásticas) aludindo ós pecados capitais. Na parte superior hai construcións fantásticas sobre a auga, a do centro é a fonte dos catro ríos do Paraíso rompéndose, alude a que a felicidade falsa proporcionada polos praceres non dura e ten como castigo o Inferno.  
Panel dereito – Representa ó Inferno. No centro está o home-árbore, asociado ó demo. Aquí reciben castigo todos os pecados capitais: monstro devora homes e expulsa polo cu – luxuria, demos obrigan comer sapos dentro do home-árbore – gula, suplicio da auga xeada - envidiosos…  
O tríptico non está asinado. Ten un carácter moralizante, mostra o efémero dos praceres. A forma de representar o tema resulta sorprendente, mostra o universo fantástico do Bosco.15.
Influencias: no século XX, a orixinalidade das súas composicións e personaxes tivo gran aceptación no movemento surrealista, e foi considerado un dos seus predecesores.

Entradas relacionadas: