utd

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,05 KB

O MATRIMONIO ARNOLFINI: Aut: Jan Van Eyck. Cronolox:1434. Tipolox: oleo. Estil: gotic-flamenco. Locqliz: National Gallery(Londres)

Contexto histórico e cultural: na Baixa Idade Media, os Países Baixos flamencos viven unha evolución distinta ao resto de Europa. En Flandres, o desenvolvemento das actividades mercantís (Amsterdam era o centro do comercio mundial de panos) provoca a aparición dunha puxante burguesía, unha nova clase social con suficiente poder económico como para permitirse o luxo de encargar obras de arte, pero con actitudes estéticas moi distintas ás da nobreza ou o clero tradicionais patróns da creación artística. A pintura flamenca é unha pintura burguesa, intimista, unha pintura que, sin abandonar a temática relixiosa, introduce novas preocupacións:Renovado interese polo retrato.O gusto pola exhibición dos interiores domésticos (mobles e obxectos que atestiguan o estatus social dos seus posedores).Unha pintura que, sen abandonar o simbolismo medieval (agora “disfrazado”) prantéxanse os problemas da representación tridimensional descubrindo pola súa conta a perspectiva matemática e a perspectiva aérea que serán os grandes logros do Renacemento italiano.Sen embargo, a pesar das novidades que supón o terreo da representación tridimensional e do Realismo, a súa pintura segue sendo medieval pola súa concepción simbólica e porque descoñece a temática clásica, o compoñente mitolóxico, fundamental do Renacemento. 
Análise: iconografía: trátase dun cadro nupcial encargado por Michele Arnolfini para conmemorar a súa voda.
Os esposos aparecen retratados de pé, vestidos luxosamente como corresponde ao estatus social dándose a man mentres o esposos fai un xesto de bendición co que se celebraba un matrimonio da época, cando aínda non era necesaria a presenza dun sacerdote (anterior ao Concilio de Trento).Sen embargo Arnolfini suxeita a súa esposa coa man esquerda, non coa dereita o que sería o normal, rasgo que interpretou Panofsky como signo da desigualdade social o que cadraría perfectamente co matrimonio de Michele, casado cunha plebea, Elisabeth, da que se descoñece o seu apelido e a súa procedencia (para algúns o representado é Giovanni coa súa esposa Giovanna Cenami. Os Arnolfini eran orixinarios de Lucca (Toscana), eran adiñeirados comerciantes asentados en Bruxas.A cerimonia nupcial transcorre nun confortable dormitorio burgués que Van Eyck representa con todo detalle e coa súa habitual maestría técnica, ao fondo, nun espello aparecen reflectidas as persoas, unha o propio Van Eyck e outra un personaxe descoñecido, que actúan como testemuñas da cerimonia. Sobre o espello, na parede, aparece a firma de Jan pero unha firma de notario, non de pintor: Johannes de Eyck fuit hic (estivo aquí, non o fixo ou o pintou que sería o normal).O truco do espello que representa a realidade que está fora do cadro é un recurso típico da pintura flamenca e será máis tarde utilizado por Velázque nas Meninas.
 aparentemente o cadro é só un retrato nupcial, unha foto de boda pero, diseminados pola habitación, aparecen unha serie de obxectos, frecuentes nunha estancia burguesa pero aos que Van Eyck dotou dun carácter simbólico convertendo a táboa nunha representación alegórica do matrimonio.Aínda é de día, e por tanto completamente innecesaria, unha vela encendida luce na magnífica lámpara de bronce que colga o teito da habitación: é un símbolo de Cristo que santifica a unión matrimonial e se utilizaba nas cerimonias do casamento, pero é tamén a chama do amor que nunca debe apagarse. Mans xuntas: unión nunha sola carne.As laranxas, que aparecen como por azar no alféizar da ventá que proporciona a luz á habitación e ao cadro, son a froita do paraíso, símbolo dos praceres do matrimonio.O canciño aos pés dos esposos simbolizan a fidelidade. Están descalzos (fogar:
Chan sagrado). As zapatillas dela tiradas mirando cara dentro, o seu labor está no fogar. As zapatillas del miran cara fóra (o seu traballo está fora do fogar).  A figura de Sta. Margarida protectora dos nacementos, aparece tallada na cabeceira da cama e co “embarazo” ficticio (man no ventre) da señora Arnolfini alude á procreación como finalidade do matrimonio (a cor verde: fertilidade e continuidade da linaxe). Leito: unión conxugal. Unha escobiña que pende ao fondo: Santa Marta patroa do fogar.O espello do fondo é un atributo da virxinidade. O “rosario” de contas que aparece colgado na parede simboliza a castidade (regalo que lle fai noivo a noiva)... Ao redor do espello dez medallóns relatannos as esceas da Paixón de Cristo, imitanto esmaltes cun virtuosismo inigualable. Análise: No terreo estilístico, é un cadro dunha excelente mostra de virtuosismo técnico do pintor.
Ninguén como el é capaz de describir as calidades dos obxectos: o metal da lámpada, o terciopelo do traxe de Elisabeth, as peles de Arnolfini... Todo aparece representado cun detallismo tipicamente flamenco. Se a iso engadimos o sabio uso da luz (hai dous focos, un na ventá e outro no frontal que ilumina os rostros dos esposos), unha coherente construción da perspectiva, a cor e a habilidade para o retrato teremos os ingrendientes para considerar o Matrimonio Arnolfini unha obra mestra.
Influencia: moi ampla. A súa depurada técnica realista foi aceptada en boa parte da pintura flamenga  da 2ª m. Do século XV e XVI e posteriormente en pintores de distintos estilos como o Barroco destacando a figura de Velázquez (xa comentadas as influencias no cadro das Meninas).O cadro foi adquirido, a finais do século XV polo embaixador dos RRCC nos Países Baixos quen o regalou á infanta Margarida de Austria, futura esposa do malogrado infante Xoán, fillo dos RRCC. Chegou así a Castela onde estivo no Escorial ata principios do XIX sendo roubado polas tropas de Napoleón e acabando logo nos fondos do National Gallery de Londres.

Entradas relacionadas: