Trazos do Saber Filosófico: Ramas, Diálogos y Función de la Filosofía Hoy

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 3,32 KB

Trazos do Saber Filosófico

O saber filosófico caracterízase polos seguintes trazos:

  • Argumentativo e reflexivo: busca ter razóns de por que as cousas son así.
  • Analítico e crítico: dubida dos coñecementos habituais e trata de descubrir a verdade.
  • Radical: non queda na apariencia, busca a verdade profunda.
  • Integrador: conecta todos os coñecementos para entender o mundo na súa totalidade.
  • Aberto: é unha reflexión inacabada.
  • Práctico: aposta por un xeito de vida, unha decisión vital.

Un Saber que Dialoga con Outros Saberes

Saber científico

A ciencia é a garante da obxectividade, e a filosofía márcalle os límites éticos.

Relixioso

Ambos comparten o interese polo sentido da existencia:

  • Relixioso: dogmas.
  • Filosófico: racionalidade.

Nalgúns momentos, a filosofía púxose à disposición da relixión para racionalizala, pero funcionan de maneiras moi diferentes.

Mítico

A filosofía atopa argumentos racionais para acontecementos que o mito resolve con sucesos sobrenaturais.

Literario

Aínda que a literatura busca a beleza e a emoción, moitos filósofos son escritores.

Cotián ou popular

A filosofía intenta demostrar ou desmentir os coñecementos habituais que se apoian en prexuízos irracionais.

Ramas do Saber Filosófico

Saber teórico

  • Teoría do coñecemento ou epistemoloxía: como coñecemos o ser humano e cales son os instrumentos que usamos.
  • Metafísica: estuda a realidade e o ser. Divídese en:
    • Psicoloxía: estudo da alma.
    • Teoloxía: estudo de Deus desde un punto de vista racional.
    • Ontoloxía: estudo do ser; o termo vén da palabra grega ontos.
    • Cosmoloxía: estudo do mundo.

Filosofía da linguaxe: estuda o papel da linguaxe na adquisición e transmisión do coñecemento.

Antropoloxía: ciencia sobre o home relacionado coa súa cultura.

Saber práctico

  • Ética: estudo ou reflexión sobre os valores e normas humanas.
  • Política: estudo de como se organiza a sociedade, sobre os sistemas políticos e a xustiza.
  • Estética: reflexión sobre os gustos humanos: arte, beleza, poesía, moda...
  • Dereito: reflexión sobre a orixe das leis e a súa legalidade.
  • Ciencias cognitivas: abarcan todo o relacionado co coñecemento; investigan a consciencia, a intelixencia artificial e o papel do coñecemento nas sociedades tecnolóxicas.
  • Perspectivas éticas: tratan o respecto polos dereitos humanos, os dereitos dos animais e os problemas medioambientais. (Limita a ciencia.)
  • Cuestións políticas: analizan os movementos migratorios e a interculturalidade.

A Filosofía Hoxe

  • É unha ferramenta crítica.
  • É unha forma de conseguir sociedades máis libres.
  • É un compás vital.