Teorías da Administración: Taylor, Fayol e Elton Mayo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,8 KB

A administración científica: o taylorismo

O principal obxectivo de Taylor (Escola Clásica) era conseguir produtividade mediante a aplicación dunha serie de principios:

  • Planificar cientificamente a tarefa: Antes de executar un traballo, descompónse nos seus movementos elementais, cronométrase e, despois dunha análise coidadosa, elimínanse ou redúcense os movementos inútiles e perfecciónanse os útiles.
  • Selección e adestramento científico dos traballadores de acordo coas súas aptitudes.
  • Fomento da cooperación entre os directivos e os traballadores para asegurar que estes desenvolvan o seu traballo.
  • Distribución equitativa das tarefas e as responsabilidades entre a xerencia e os traballadores: os primeiros planifican e organizan, os segundos executan as tarefas.

Administración xeral: Henry Fayol

Henry Fayol (Escola Clásica) traballou fundamentalmente as cinco regras universais que rexen a dirección e identificou as áreas funcionais que deberían existir en calquera organización: técnicas, comerciais, financeiras, seguridade, contabilidade e administración.

Definiu as cinco funcións que todos os xerentes desempeñan: prever, organizar, dirixir, coordinar e controlar. Tamén estableceu os catorce principios da administración: división do traballo, autoridade e responsabilidade, disciplina, xerarquía, unidade de mando, unidade de dirección, remuneración do persoal, centralización, orde, equidade, estabilidade do persoal, iniciativa, unión do persoal e subordinación do interese particular ao interese xeral.

O principio da unidade de mando establece que cada empregado debe recibir ordes de un só superior.

A Escola de Relacións Humanas: Elton Mayo

Elton Mayo realizou unha investigación da cal sacou as seguintes conclusións:

  • Non as condicións físicas afectan ao rendemento, senón tamén as relacións laborais e as expectativas dos traballadores.
  • A solidariedade e a cohesión dos grupos son de suma importancia para o desempeño do individuo no seu traballo.
  • A comunicación é un elemento fundamental para acadar a produtividade e influír no comportamento dos traballadores.
  • A motivación económica non é o factor determinante do rendemento laboral, senón as motivacións sociais e morais.
  • Os traballadores non poden ser tratados de maneira illada por parte da administración da empresa, senón que deben ser tratados como parte dun colectivo ou grupo social.

Entradas relacionadas: